BLOG SOBRE EMPREGO, FORMACIÓN E AXUDAS DO CONCELLO DE MURAS.
Páginas
▼
luns, 13 de xaneiro de 2020
PRENDE NO RURAL. ÚLTIMA SEMANA PARA INSCRIBIRTE!
Se es menor de 30 anos e estás na procura de emprego na provincia de #Lugo aínda estás a tempo de participar no programa #Prende, Bota raíces no rural! da @Deputación de Lugo:
1⃣ fase. Aprendizaxe Recibirás formación retribuída nos sectores de enerxías renovables, turismo, xestión forestal, agricultura e gandería, 14 € por cada xornada formativa de 5 horas.
2⃣ fase. Experiencia laboral en empresas Concederemos axudas a empresas que contraten durante 8 meses aos mozos e mozas que recibiron a formación.
ℹ Consulta os requisitos de acceso e inscríbete antes do 20 de xaneiro 📌 https://bit.ly/2sfQYqU
Ningún comentario:
Publicar un comentario