martes, 30 de xuño de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. MURAS

Concello de Muras. Convocatoria para a contratación do seguinte persoal:

-1 Educador/a Social
🔗https://bit.ly/2V6OyG7
-1 Xardineiro/a
🔗 https://bit.ly/3epggWb

Prazo ata o 1 de xullo.

FORMACIÓN DIXITAL

O #SEPE e a Fundación Estatal para a Formación no Emprego (#Fundae), dentro do programa DIGITALÍZATE ofertan formación gratuíta en competencias dixitais

🔗https://bit.ly/319fPfc

BOLSAS FORMATE

La imagen puede contener: texto
Ministerio de Cultura e Deporte. Convocadas as bolsas #FormARTE para o ano 2020:

➡️Conservación e Restauración de Bens Culturais. 11 bolsas.

➡️Museoloxía. 15 bolsas.

➡️Biblioteconomía e Documentación. 11 bolsas.

Especialidade de Fondo Moderno: 8 bolsas
Especialidade de Fondo Antigo: 3 bolsas

➡️Arquivística. 15 bolsas

➡️Xestión Cultural. 20 bolsas.

➡️Artes Plásticas e Fotografía. 2 bolsas.

Especialidade de Artes Plásticas: 1 bolsa.
Especialidade de Fotografía: 1 bolsa.

👉 https://bit.ly/2B7U2tz

venres, 19 de xuño de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. MURAS!!!!

👀 Concello de Muras. Bases de selección para a contratación laboral temporal de;

-1 Administrativo/a
-2 Peóns forestais

Prazo ata o 26 de Xuño

sábado, 13 de xuño de 2020

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA

Empresa limpiezas Novoa S.L

Necesita xente para traballar como LIMPIADOR/A nas seguintes oficinas:

-Sarria
-Vilalba
-Monforte de Lemos
-Chantada

Comezamos o 1 de xullo
Salario por convenio de limpieza

Envíen CV a: limpiezasnovoa@limpiezasnovos.com
Non se atende ao teléfono, nosoutros os chamamos para concretar as entrevistas.

venres, 12 de xuño de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO

Selección dun/dunha animador/-a sociocultural para a tempada de verán 2020

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha ANIMADOR/-A SOCIOCULTURAL, a xornada completa, durante a tempada de verán/2020 (3 meses), con adscrición ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Concello do Vicedo.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase o día 09 de xuño e remata o próximo día 18 de xuño. Realizándose o proceso de selección o día 22 de xuño, a partir das 10:00 h. na Casa da Cultura do Concello do Vicedo.


Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local.

No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO

Oferta de emprego para a contratación de tres vixiantes/controladores para a zona de "Fuciño do Porco"

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición, de tres vixiantes/controladores para a zona de “Fuciño do Porco”, co fin de garantizar que se cumpran as medidas de seguridade establecidas en relación coa situación de emerxencia sanitaria por mor do COVID, a xornada completa, durante a tempada de verán / 2020.


O prazo de presentación de solicitudes iniciase mañá día 12 de xuño e remata o próximo día 22 de xuño de 2020. Realizándose o proceso de selección o día 23 de xuño de 2020, a partir das 10:00 h. na Casa consistorial.


Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local.

No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA

Se busca socorrista para piscina en zona Terra Chá. Contrato del 01 de julio al 15 de septiembre. Turnos rotativos. Se requiere titulación.

Se busca monitor de natación para piscina en zona Terra Chá. Horario de lunes a viernes de 12:00 a 13:00 horas. Contrato del 01 de julio al 15 de septiembre. Interesados enviar currículum a info@galwy.com


INFORMES DA OFICINA VIRTUAL DE EMPREGO DE GALICIA

Xa están dispoñibles a través da oficina virtual de Emprego Galicia, para as persoas demandantes inscritas, o servizo de obtención de calquera informe sobre a demanda de emprego.

Estes informes son:
👉 Informe de períodos de inscrición.
👉 Informe de mobilidade xeográfica
👉 Informe de inscrición sen rexeitamentos
👉 Informe acreditativo da condición de demandante de emprego

💻 Os documentos están asinados dixitalmente e pode verificarse a súa autenticidade.

ℹ️ O acceso á oficina virtual do Portal de Emprego Galicia pode realizarse por DNI-e, certificado electrónico ou usuario e contrasinal. As persoas demandantes poden xerar ou resetear o dito contrasinal na mesma oficina virtual a través do correo electrónico asociado á súa demanda.

👇
🌐 https://lnkd.in/ga5MN4x

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

xoves, 11 de xuño de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. OUROL

1 AUXILIAR DE FOGAR. XORNADA PARCIAL (75 %)

Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de un/unha auxiliar de fogar a xornada parcial (75 %) mediante contrato de interinidade

Tipo de contrato: Contrato de traballo temporal de interinidade.

O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 12 ao 17 de xuño de 2020 (ambos inclusive)

Información: No Concello de Ourol através do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

As bases están expostas na sede electrónica do concello de Ourol e poden consultarse no seguinte enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VIVEIRO-FOZ-RIBADEO

O grupo A Quinta busca entre 20 e 25 persoas para os seus establecementos en Ribadeo, Foz e Viveiro.
Teléfono: 982 82 61 20 (Viveiro)


La Quinta Restaurantes Asador en Foz, Viveiro, Ribadeo, Avilés

martes, 9 de xuño de 2020

PAQUETES DE FORMACIÓN DIXITAL

Paquete de formación dixital para mellorar os coñecementos e habilidades de 2000 persoas
Paquete de formación dixital para mellorar os coñecementos e habilidades de 2000 persoas
09 Xun 2020

A iniciativa, enmarcada no Plan de reactivación económica, inclúe un programa dirixido a autónomos, unha iniciativa para formadores e docentes, outra para a mellora da empregabilidade dos menores de 30 anos en situación de desemprego e un ciclo de obradoiros dixitais.

Autónomos dixitais, é un novo programa formativo que pretende reforzar o tecido produtivo galego facilitando a 1200 alumnos o desenvolvemento de competencias en comercio electrónico e novas canles online co obxectivo de mellorar tanto a comunicación cos clientes como o coñecemento dos seus produtos e servizos. As persoas que realizan unha actividade económica por conta propia interesadas nestes cursos poden solicitar a súa praza cubrindo un formulario web na páxina https://www.autonomosdixitais.com. O último curso comezará o 23 de xullo.

Formadores dixitais é un programa de formación online destinado a docentes e formadores para que adquiran coñecementos nas técnicas e métodos para impartir formación online. Destinado a 100 persoas, preferentemente docentes de formación profesional para o emprego, os interesados poderán realizar a súa inscrición ata o 14 de xuño a través dun formulario web na páxina http://www.formadoresdixitais.com e as clases comezarán o 17 de xuño. Os alumnos recibirán 50 horas de formación e poderán acceder a diferentes recursos, foros e un proxecto titorizado.

Impulso da empregabilidade, permitirá mellorar a empregabilidade dos menores de 30 anos en situación de desemprego nos últimos tres meses. O obxectivo é ofrecer formación e capacitación para incrementar as súas habilidades á hora de atopar un emprego. Celebraranse un total de cinco edicións de 20 alumnos cada unha en formato online que incluirán sesións grupais pero tamén sesións individuais de coaching. En total, ofrécense máis de 55 horas de formación. Convocarase proximamente

Pon Rumbo é un ciclo de obradoiros virtuais con capacidade para 500 personas que se completa con sesións de coaching individual para os 20 alumnos que reúnan os requisitos exixidos no programa. Cunha duración de 50 horas ao longo de tres semanas, traballarase en nove competencias: a análise, o traballo en equipo, a creatividade, a xestión emocional, a capacidade resolutiva, a comunicación, a conexión, a actualización e a organización para aplicar tanto no traballo e no teletraballo como na busca de oportunidades. Está dirixido a persoas en situación de desemprego, emprendedoras e autónomas. O obxectivo é comezar o 15 de xuño

luns, 8 de xuño de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. XERMADE

Bases que rexerán a formación dunha Bolsa para realizar traballos de “tratamentos preventivos de xeito mecanizado contra incendios forestais, e cubrir prazas:

➡️ 2 Oficias
➡️ 2 Tractoristas
➡️ + info 👉 https://bit.ly/2YeBpvs

Prazo de presentación de instancias: Ata o 11 de xuño!


venres, 5 de xuño de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. CABANAS

Concello de Cabanas.- Convocatoria para a contratación temporal de 
2 ALBANEIS e
1 PEÓN

Prazo de presentación de instancias: ata o 12 de xuño de 2020

OFERTA EMPREGO PUBLICO. CABANAS

Concello de Cabanas.- Convocatoria para a contratación temporal de 2 ALBANEIS e 1 PEÓN
Prazo de presentación de instancias: ata o 12 de xuño de 2020

👉https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/06/05/2020_0000003251.pdf?fbclid=IwAR2mTUumj8Gx3TskSmO5lHvoU2ZFgrqRmKgSFrABoxWdlPMPzF8-fLpdBoc

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. AS PONTES

Concello de As Pontes Convocatoria de proceso para cubrir prazas:

➡️ 1 Traballador/a Social
➡️ 1 Auxiliar de Axuda a domicilio

➡️ Concurso
➡️ Prazo de inscrición 10 días contados a partir de mañá!
➡️ + info 👉 https://bit.ly/30bQNeA




xoves, 4 de xuño de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. VICEDO

Concello de O'Vicedo Convocatoria de proceso selectivo para crera Brigada de prevención de incendios e cubrir prazas (3 meses):

➡️ 1 Xefe
➡️ 1 Peón Conductor
➡️ 3 Peóns
➡️ 3 Condutores Motobomba
➡️ Concurso oposición
➡️ + info 👉 www.concellodovicedo.org
 ou na sede electrónica https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

O prazo para a presentación de solicitudes é de dez días naturais (ATA O 14 DE XUÑO), o cal se computará a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. 

La imagen puede contener: una o varias personas, fuego y exterior

mércores, 3 de xuño de 2020

ATENCIÓN. REANUDACIÓN DOS PRAZOS PARA AS COMPETENCIAS CLAVE

Reanúdanse os prazos de presentación de solicitudes para as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

📆O prazo estará reactivado no período comprendido entre o 1 de xuño e o 9 de xuño de 2020 (ambos días inclusive)👇
https://bit.ly/3cofhnn


No hay ninguna descripción de la foto disponible.

SIMULADOR DO INGRESO MÍNIMO VITAL

O Concello de Santiago puxo en marcha este luns un 'simulador' online no que os cidadáns, cubrindo "campos moi sinxelos", poden coñecer se cumpren os requisitos para acceder ao ingreso mínimo vital.

Unha ferramento moi sinxela que permite saber se temos acceso ou non ao simulador.


El Concello de Santiago lanza un simulador del Ingreso Mínimo ...

Aqui está o enlace para probar o simulador 👉
https://simuladorimv.com/?fbclid=IwAR3UX4JRnBkMJp49MH_OAlWropymQMvnIDSWcE_t-5HgP1kQHp0fPgHjfJ0

martes, 2 de xuño de 2020

OFERTA EMPREGO PRIVADO. AS PONTES

Cervecería A Capilla, As Pontes. Necesita urxentemente CAMARERO/A.

Enviar curriculums polo facebook do local.
Avda Ferrol 75 Bajo
Puentes de García Rodríguez
m.me/cerveceriacapilla
Teléfono 981 10 21 15