martes, 26 de febreiro de 2019

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. CABANAS


CONCELLO DE CABANAS. Auxiliar Administrativo.

En el Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña número 139 de 23 de julio de 2018, el Concello de Cabanas publica las Bases de selección de 1 Auxiliar Administrativo, funcionario interino y creación de bolsa empleo para nombramientos interinos para puestos de auxiliar administrativo.

Titulación exigida: Educación Secundaria Obligatoria (ESO) o equivalente

Sistema selectivo: concurso-oposición. La fase de oposición consistirá en un test de 40 preguntas y en el desarrollo de uno o varios supuestos prácticos.

Además quien no disponga del Celga 3 deberá realizar una prueba de gallego.

Derechos de examen: 25 euros.

Plazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados a partir del siguiente al de la publicación de las bases de la convocatoria en el Boletín oficial de la provincia de A Coruña. Por lo tanto este plazo finaliza el 31 de julio de 2018.

OFERTA EMPREGO PRIVADO. AS PONTES

En Formoso Pico S.L de As Pontes necesitan:

1 MÉCANICO DE ATUOMOCIÓN
1 OFICIAL TALLER METÁLICO
1 TORNEIRO PARA TORNO CONVENCIONAL
1 MOZO ALMACÉN

Chamar ao 629 777 851

OFERTA EMPREGO PÚBLICO


XUNTA DE GALICIA. Auxiliares de Clínica

En el Diario Oficial de Galicia número 39 de 25 de febrero de 2019, la Consellería de Facenda de la Xunta de Galicia publica la Orden de 20 de febrero de 2019 por la que se convoca el proceso selectivo para el ingreso en la escala de Auxiliares de Clínica, subgrupo C2, del cuerpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial de la Administración general de la Comunidad Autónoma de Galicia.

Número de plazas: 305, de las cuales 76 están reservadas a promoción interna.

Titulación exigida: título de Técnico auxiliar de clínica (FP 1º, técnico auxiliar de enfermería (módulo profesional nivel 2, rama sanitaria) o técnico en cuidados auxiliares de enfermería (FP de grado medio, familia profesional sanidad).


Sistema selectivo: concurso-oposición. La fase de oposición consistirá en un test de 80 preguntas. Además quien no disponga del Celga 3 deberá realizar una prueba de gallego.


El plazo para formalizar telemáticamente las solicitudes será de 20 días hábiles, que se contarán a partir del siguiente al de la publicación de esta convocatoria en el Diario Oficial de Galicia, por lo que este plazo finaliza el 26 de marzo de 2019

luns, 25 de febreiro de 2019

OFERTA EMPREGO MURAS

Operario

Miniretro con experiencia, 1200€ mes.
Teléfono 636050397

BOLSAS ESTUDIANTES

Secretaría Xeral da Emigración. Bases reguladoras e convocatoria de cento cincuenta (150) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2019/20 nunha universidade galega https://bit.ly/2EuXxJx

OFERTA EMPREGO PÚBLICO, NARÓN

ANUNCIO BOP da Coruña 16.11.2018 
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/11/16/2018_0000008475.pdf

Provincia: A Coruña

Corporación: Narón

Número código territorial: 15054

Oferta de emprego público correspondente ó exercicio 2018, aprobada pola Xunta de Goberno Local de data 6 de agosto de 2018

Grupo A2.–Clasificación: Escala de Administración Especial. Subescala: Técnicos medios. Número de vacantes 1. Denominación: Traballadora social.

Grupo C2.–Clasificación: Escala de Administración Xeral. Subescala: Auxiliar. Número de vacantes 2. Denominación: Auxiliar Administrativo.

Grupo C2.–Clasificación: Escala de Administración Xeral. Subescala: Subalterna. Número de vacantes 1. Denominación: Conserxe.

https://sedeelectronica.naron.es/siac/Publicaciones.aspx?t=OP#p29

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. OUROL

O concello de Ourol publica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de 8 peóns forestais a xornada parcial (75%) no COnello de Ourol ao abeiro do programa de fomento do emprego Depuemprego 2018.
O tipo de contrato e a duración: Obra ou servizo determinado a xornda parcial (75%) cunha duración de 5 meses.
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 25 de febreiro ao 1  de marzo de 2019 (ambos inclusive).
Máis información no concello de Ourol ou chamando ao 982 559 109.
As bases están expostas no taboleiro de dito concello e podense imprimir no concello de Muras e senón no seguinte enlace poden atopar mais información:

https://concellodeourol.sedelectronica.es/board

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. LUGO

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO da convocatoria e das bases do proceso selectivo de técnico de Administración xeral-axente de emprego e desenvolvemento local, correspondente á oferta de emprego do ano 2017.

Nos boletíns oficiais da provincia de Lugo, nº 39, do 15 de febreiro de 2019 e nº 40, do 16 de febreiro de 2019, publicáronse a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a provisión da praza que a continuación se relaciona, incluída na oferta de emprego do ano 2017 dentro do Plan de consolidación de emprego temporal da Deputación Provincial de Lugo. As bases xerais que rexen este proceso selectivo publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, nº 241, do 20 de outubro de 2017.

Número de vacantes: 1.

Denominación: técnico/a de Administración xeral-axente de emprego e desenvolvemento local, escala Administración xeral, subescala técnica, con funcións de axente de emprego e desenvolvemento local.

Sistema de provisión: concurso-oposición. Acceso libre. Grupo A-subgrupo A1.

Presentación de solicitudes: presentaranse no modelo oficial publicado no Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 40, do 16 de febreiro de 2019 (páxinas 16 a 18) e na páxina web www.deputacionlugo.org, epígrafe emprego público, RR.HH (formato word).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral desta entidade ou a través das formas establecidas no artigo 16 da vixente Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracions públicas.

Prazo de presentación: vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Documentación que deberá xuntar necesariamente á solicitude:

– Méritos acreditados (base xeral 7.6.4 e base específica 6.1).

– Documento acreditativo do pagamento da taxa (base xeral 7.6.3) .

– Titulación académica exixida (base específica 4).

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de edictos desta corporación e na súa páxina web.

sábado, 23 de febreiro de 2019

OBRADOIRO: O CV EUROPEO

Obradoiro formativo: O Curriculum Vitae modelo Europass

Obxectivo: coñecer o modelo Europass de Curriculum Vitae e como organizar a información de xeito sinxelo e eficaz en función das experiencias formativas e/ou profesionais de cada persoa.

Destinatarios: mocidade entre 18 e 30 anos.

Contidos.

1. Que é Europass e o Curriculum Vitae por compentencias.

2. Definir o perfil profesional.

3. Coñecer e identificar competencias.

Duración: 4 horas.

Data: Luns 11 de marzo

Lugar: Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela

Horario: de 16:00 a 20:00 horas.

Prazas: 15

Prazo de inscrición: do 21 de febreiro ata o 8 de marzo.

Inscrición na web xuventude.net utilizando o seguinte formulario: FORMULARIO DE INSCRICIÓN

venres, 22 de febreiro de 2019

OFERTA EMPREGO PRIVADA. AS PONTES

Responsable de Administración. As Pontes 
Serviguide selecciona para importante empresa de mecanizado a un/a responsable de administración.

A persoa seleccionada asumirá as seguintes responsabilidades:

- Dirección e supervisión na área de contabilidade: comunicación co SII, mantemento de rexistros contables(especial relevancia área provedores e acredores) , contabilidade xeral, peches mensuais, elaboración e revisión de balances e contas perdas e ganancias consolidadas, confección de orzamentos.

- Área fiscal: Elaboración, revisión, supervisión e presentación de impostos

- Área financeira: Cadres bancarios,emisión e control de pagos e cobros, conciliación

- Xestión do departamento: 3 persoas a cargo.

- Coordinación con outros departamentos: departamento de compras, oficina técnica, departamento de calidade.

- Contactos externos con provedores, clientes, asesores..

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VIVEIRO


ADMINISTRATIVO  LOGISTICA ( H/ M)

Manpower
Viveiro, Lugo (España)

MANPOWER  ETT expertos en selección de talento busca para importante empresa da  mariña lucense ADMINISTRATIVO LOXÍSTICA ( H/ M) para COBERTURA BAIXA MATERNIDADE (aproximadamente seis meses).

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VILALBA


 TECNICO/A DE  MTTO.  ELECTROMECANICO ALTA  TENSION

ACCIONA INFRAESTRUTURAS  SERVICE Vilalba

Requisitos

Estudos  mínimosFormación Profesional Grao Superior - Electricidade e Electrónica

Experiencia  mínimaAl menos 4 anos

Imprescindible residente  enProvincia Posto Vacante

Requisitos mínimos

Coñecementos e experiencia en alta e media tensión
- Traballador cualificado en manobras de subestación, homologación para facer funcións de axente de descargo e operador local.
- Coñecemento de proteccións eléctricas de subestacións.

Recomendable experiencia de polo menos 5 anos en: 
- Experiencia en montaxes electromecánicas e cableados.
- Experiencia en  mtto eólico ou electromecánico

- Coñecemento de esquemas eléctricos. Nivel alto.

OFERTA EMPREGO PÚBLICO NARÓN

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos para a provisión en propiedade de varias prazas.

Con data do 16 de novembro de 2018 foron publicadas, no BOP da Coruña núm. 219, as bases das convocatorias dos procesos selectivos para a provisión en propiedade 
dunha (1) praza de traballador/a social pola quenda libre,
 unha (1) praza de conserxe pola quenda de discapacidade 
e dúas (2) prazas de auxiliar administrativo/a pola quenda libre.

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICA. CORPO DE MESTRES

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019

- Corpo de mestres: 770

- Corpo de profesorado técnico de formación profesional: 138

- Corpo de profesorado de ensino secundario: 834

- Corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas: 30

- Corpo de profesorado de música e artes escénicas: 16

https://bit.ly/2BLnse6

xoves, 21 de febreiro de 2019

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VIVEIRO

Bella Donna, saúde e do benestar busca profesionais do mundo da estética, naturopatía e aparatoloxía.

☎️ As personas interesadas poden poñerse en contacto no 604036383.

OFERTA EMPREGO PRIVADA. XERMADE

OFERTA FRESCA DE HOXE 21.02.2019!!!!!
En Cabreiros (Xermade)
Cafebar O Recanto

Buscamos camareira !
Contactar con 637094931...URXE!!

OFERTAS SERVICIO PUBLICO EMPREGO. 21/02/2019

OFERTAS SEPE

AUXILIAR ADMINISTRATIVO PARA EMPRESA DE TRANSPORTE. VILALBA
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/1741
EMPREGADOS ADMINISTRATIVOS DOS SERVIZOS DE TRANSPORTE, EN XERAL
MEDIO DE CONTACTO: Teléfono : 982828910
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

INSTALADORES ELECTRICISTAS DE EDIFICIOS E VIVENDAS. LUGO
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/1711
DETALLES: 24 MESES DE EXPERIENCIA CARNÉ CONDUCIR TIPO B GRADUADO EN ESO CURSO PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS ACTUALIZADO
MEDIO DE CONTACTO: Teléfono : 982828910
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

INSTALADORES ELECTRICISTAS DE EDIFICIOS E VIVENDAS. VILALBA
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/1712
DETALLES: ELECTRICISTA VIVENDAS - CATEGORIA MINIMA OFICIAL DE SEGUNDA -24 MESES DE EXPERIENCIA - FORMACION EN PREVENCION DE RISCOS LABORAIS -
MEDIO DE CONTACTO: Teléfono : 982828910
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

CAMAREIROS DE PISO (HOSTALARÍA). VILALBA
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/1682
DETALLES:CAMAREIRO/A DE PISOS PARA HOTEL CON 12 MESES DE EXPERIENCIA
MEDIO DE CONTACTO: Teléfono : 982828910
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

CURSO AFD AS PONTES

Inicio: 25 de marzo

Fin: 15 de xullo.

Proba de selección: 11 de marzo ás 10:30h; é necesario apuntarse ó curso na Oficina de Emprego de As Pontes para poder asistir a dita proba de selección.

CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE. AS PONTES

O Concello de As Pontes, a través da Concellería de Deportes e Xuventude, organiza, coa colaboración da Escola Néboa, un curso de monitor de tempo libre.

Este curso, que conta co certificado da Xunta de Galicia ten como obxectivo esencial, en palabras de Jesús Tembrás, responsable da área, “dar un paso máis na formación da mocidade pontesa nun sector laboral que, cada día, ofrece máis posibilidades de emprego. Trátase dun curso moi completo, que preparará ao alumnado, de forma intensa pero moi amena, ofrecéndolles unha oportunidade para acceder a un posto de traballo”.

A acción formativa, que comezará o próximo 2 de marzo e estenderase ata o mes de xuño, ofrecerá un total de 350 horas de formación presencial, divididas en dous módulos; un de carácter teórico, de 200 horas de duración, que permitirá ao alumnado adquirir coñecementos básicos en psicoloxía, socioloxía, saúde, plástica, animación, xogos deportivos e dramatización, entre outras materias. O segundo módulo constará de 150 horas prácticas e se levará a cabo en diferentes campamentos e colonias.

As clases impartiranse os sábados e domingos, de 09:30 a 14:30 horas e as tardes dos sábados de 16:30 a 20:30 horas, desprazándose, unha fin de semana, os alumnos e alumnas ata a área recreativa de Vilarbó para recibir formación sobre técnicas de excursionismo ao aire libre.

O curso, que está subvencionado integramente polo Concello de As Pontes, é de balde e para acceder a el é preciso ser maior de idade e estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Graduado Escolar ou equivalente ou de Técnico Auxiliar en Formación Profesional.

As persoas interesadas en inscribirse e obter máis información, pódeno facer, ata o 25 de febreiro, nos teléfonos 981 440 334/ 669 111 183/646 156 421 ou na páxina web do Concello www.aspontes.org

Descarga aquí a ficha de inscrición do curso de monitor de tempo libre.

mércores, 20 de febreiro de 2019

AXUDAS IDIOMAS ESTUDIANTES ESO E BAC

EXTRACTO da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Enlace: https://bit.ly/2tyH2pf
 Persoas beneficiarias

Alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que estea cursando durante o curso 2018/19, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º da educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.

Obxecto

Establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2019.


Importe total da convocatoria: 1.483.323,30 euros.

Número de prazas: 1.600.

Importe individual: a contía da axuda para cada persoa beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo por praza e a achega que lle corresponda segundo os custos e os grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados na táboa seguinte e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar:

 Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Ata o 20 de marzo

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO. VIVEIRO

O concello de Viveiro dentro do programa de Fomento de Emprego 2018, abre proceso para a contratación de:

1 ELECTRICISTA
Modalidade contrato temporal de obra ou servizo determinado. Xornada 100%

2 PEÓNS
Modalidade contrato temporal de obra ou servizo determinado. Xornada 100%

As contratacións son para a revalorización de espazos urbáns con carácter temporal, como empregados públicos para a execución das obras ou prestacións de servizos no Concello de Viveiro, mediante o sistema de concurso de mérito, de carácter aberto.


Prazo de solicitudes: ata o 27 de febreiro

OFERTA EMPREGO ONLINE

PERIFÉRICAS

hola@perifericas.es
http://www.perifericas.es

Tes formación en temas de igualdade e estás comprometida cun ensino online de calidade, próxima e dinámica? Mándanos o teu CV a hola@perifericas.es ata o próximo 28 de febreiro, cunha listaxe dun ou máis temas que poderías impartir connosco e unha explicación de por que che interesaría formar parte do noso equipo. Esperámoste!

martes, 19 de febreiro de 2019

FORMACIÓN PREVENCIÓN DE RISCOS

Convocatoria de formación en PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS:
- Prevención de riscos laborais nivel básico
- Prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre-nivel básico
Cursos en modalidade teleformación, 60 h.
O curso desenvolverase do 12 de marzo ao 9 de maio, cunha proba final presencial o dia 9 de maio ás 10:00 horas
Prazo de presentación de solicitudes: do 20 ao 28 de febreiro de 2019

CONVOCATORIO CELGA GALEGO

Convocatoria de CURSOS DE LINGUA GALEGA preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 e CELGA 4
Cursos en modalidade presencial e teleformación
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 11 de marzo de 2019

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO

AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO (37 HORAS SEMANA)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (37 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 07 de marzo, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición comenza hoxe día 18/02/2019 e remata o vindeiro día 27 de febreiro, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día 27 de febreiro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.


Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

FORMACIÓN ORGANIZADA POLO VICEDO E A ESCOLA GALEGA DE CIDADÁNS DO SERGAS

OBRADOIRO ORGANIZADO POLO CONCELLO DO VICEDO EN COLABORACIÓN COA ESCOLA GALEGA DE CIDADÁNS DO SERGAS

CONTIDO: Alzheimer e outras demencias: Definición e clasificación. Síntomas e condutas. Evolución e tratamento. Pautas non farmacolóxicas de intervención en síntomas psicolóxicos e de comportamento.

OBXECTIVOS: Mellorar a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares, cidadáns en xeral. Proporcionar aos coidadores, familiares e pacientes as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar. Fomentar a autonomía a todos os membros da familia.

DESTINATARIOS: Pacientes, familiares de pacientes, coidadores e cidadanía en xeral.

DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN: Día 18 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura do Vicedo.

PERIODO DE INSCRICIÓN: Ata o 18/03/2019. Pincha no seguinte enlace para inscribirte: 

OFERTA EMPREGO PRIVADO. FERROL

PSICÓLOGA E PEDAGOGA PARA NOVO EQUIPO DE ATENCIÓN TEMPERÁ NA MANCOMUNIDADE DE FERROL

En breve a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais ( Aspaneps) poñerá en marcha un Programa de Desenvolvemento Infantil Integral en Atención Temperá a desenvolver no ámbito da Mancomunidade de Concellos de Ferrol. Con este fin interesa cubrir unha praza de psicóloga/ou e unha praza de pedagoga/ou, con experiencia e/ou formación en Atención Temperá, para formar parte do equipo asistencial. As persoas interesadas poden remitir a súa curriculum a: aspanepsadm@gmail.com

luns, 18 de febreiro de 2019

OFERTA EMPREGO PRIVADO. FERROL

La imagen puede contener: texto

OFERTA EMPREGO PRIVADO

Restaurante Boa Vista en Viveiro necesita axudante de cociña.
 Curriculums: hotelboavista@gmail.com 
☎️ Persoas interesadas poden poñerse en contacto no 607839015

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. LUGO

DEPUTACIÓN DE LUGO
PRAZA “TÉCNICO/A DE ADMINISTRACIÓN XERAL, AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL”

Convocatoria: https://bit.ly/2S3V1xs https://bit.ly/2SO6buH

O prazo de solicitudes permanecerá aberto até o 25 de febreiro de 2019

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. ZONA DE LUGO

CASTROVERDE
BOLSA DE EMPREGO OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES (PÁX. 8, R. 0397)
BOLSA DE EMPREGO AUXILIARES ADMINISTRATIVOS (PÁX. 15, R. 0401)

Convocatoria: https://bit.ly/2GJrY04

O prazo de solicitudes permanecerá aberto até o 7 de marzo de 2019

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VALADOURO

BASES CONTRATACIÓN NO CONCELLO DE O VALADOURO:

- 1 operario
- 1 operario-condutor
- 2 operarios condutores
A modalidade de contrato de traballo será temporal a tempo completo durante 6 meses, dende o 15 de marzo ata o 15 de setembro de 2019.
Convocatoria: https://bit.ly/2BFVEYp
Solicitudes: prazo ata o 25 de febreiro

venres, 15 de febreiro de 2019

BOLSAS DE FORMACIÓN

BOLSAS DE APOIO Á MELLORA | EN #COOPERATIVAS E ENTIDADES DE #ECONOMÍASOCIAL

>> Dirixida a persoas desempregadas con estudios na área empresarial
>> #EspazoCoop convoca 7 bolsas
>> Prazo: martes 26 de Febreiro de 2019

Actividade no marco da programación da Rede Eusumo Economía Social de Galicia

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VILALBA

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

OFERTA EMPREGO PÚBLICO ESTATAL

Probas de selección para gardas rurais e as súas especialidades

INSCRICIÓNS:

Segundo convocatoria.

REQUISITOS:

Ser maior de idade.

Ter a nacionalidade dalgún dos estados membros da Unión Europea ou dun Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, ou ben que lle sexa aplicable o disposto na lexislación sobre réxime comunitario conforme ao Real Decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns dos Estados membros da Unión Europea e doutros Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, ou ser nacional dun terceiro estado que teña subscrito con España un convenio internacional no que cada parte recoñeza o acceso ao exercicio destas actividades aos nacionais da outra.

Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, de Técnico, ou outros equivalentes a efectos profesionais ou superiores.

Posuír a aptitude psicofísica necesaria para o exercicio das funcións de garda rural (Real Decreto 2487/1998, do 20 de novembro).

Carecer de antecedentes penais por delitos dolosos.

Posuír o diploma ou certificación acreditativa de superar o curso ou cursos específicos nos centros de formación para gardas rurais e as súas especialidades.

PÁXINA WEB:

www.guardiacivil.es


CONTACTO:

Dirección Xeral da Garda Civil. Oficina de Información e Atención ao Cidadán
Rúa Guzmán O Bo, 110. Madrid
Teléfono 900 101 062
Correo electrónico: dg-seprosesegprivada@guardiacivil.org

Publicación: BOE 22/11/2018


O Ministerio do Interior convoca as probas de selección para gardas rurais e as súas especialidades.

Períodos de realización das probas e prazos para a presentación de solicitudes:


1ª convocatoria: Segunda quincena de xuño de 2019. Prazo para a presentación de solicitudes: Do 04 ao 18 de marzo de 2019

2ª convocatoria: Segunda quincena de novembro de 2019. Prazo para a presentación de solicitudes: Do 02 ao 16 de setembro de 2019

As probas realizaranse en todo caso en Madrid. Con todo, o Tribunal poderá designar adicionalmente outras cidades como sedes para a realización das mesmas, cando así o aconsellen razóns de economía de medios, eficacia ou funcionalidade. No acordo polo que se aprobe a lista dos participantes convocados ás probas indicarase o lugar concreto así como a data e hora en que levarán a cabo as mesmas.

OFERTA EMPREGO PRIVADA. AS PONTES

ENCUESTADOR/A 

Empresa situada na zona das Pontes solicita encuestador ( H/ M) para realizar as seguintes funcións:

 • Recollida de datos de usuarios de medios de transporte. 
• Entre outras funcións propias do posto de traballo. 
• Valorable experiencia realizando tarefas iguais ou similares ás descritas anteriormente. 
• Dispoñibilidade de incorporación inmediata. 
• Valorable residencia próxima ao posto de traballo. 
• Carné de conducir e vehículo propio.

Contactar coa empresa: EUROFIRMS GROUP S.L.U.

xoves, 14 de febreiro de 2019

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VIVEIRO

Necesito cubrir un puesto de azafata para un local nocturno este sábado en Viveiro. Interesadas wass al 633680550

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VILALBA

Comercial para Radio Principal de Vilalba, con estudos de Xornalismo, Publicidade ou Marketing. Requisito ter experiencia como comercia. Enviade curriculum explicando por qué eres un bon comercial ao email comercial.radioprincipal@gmail.com

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO

No BOP de Lugo de hoxe día 14/02/2019 publícase o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Como o prazo de inscripción é de 10 días naturais contados a partir da dita publicación, comenza mañá día 15/02/2019 e ata o día 25/02/2019 (por ser o día 24 inhábil).

Para máis información ou consulta das bases contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

OFERTAS DE EMPREGO VARIADAS. LUGO E MURAS!!!!!!

Difusión feita polos compañeiros da Fundación da Laboral de la Construcción.

mércores, 13 de febreiro de 2019

SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO GALICIA. 13.02.2019

OFERTAS SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO GALICIA. 13.02.2019

Enlace a páxina 👉https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscar-emprego


PANADEIROS/AS VILALBA
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/1432
DETALLES: NON SE PRECISA EXPERIENCIA
MEDIO DE CONTACTO: Teléfono : 982828911
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

CONDUTORES DE COCHE FÚNEBRE. VILALBA
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/1449
DETALLES: DESEMPREGADO, CO PERMISO DE CONDUCIR TIPO B E QUE TEÑA RECOÑECIDA MINUSVALÍA.
MEDIO DE CONTACTO: Teléfono : 982828911
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

INSTALADORES ELECTRICISTAS DE EDIFICIOS E VIVENDAS. FERROL
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/1431
DETALLES: ELECTRICISTA CON 24 MESES DE EXPERIENCIA EN INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS EN VIVENDAS E LOCAIS COMERCIAIS. CICLO SUPERIOR E CURSO PREVENCIÓN RISCOS BÁSICO E ESPECÍFICO DE ELECTRICIDADE
MEDIO DE CONTACTO: Teléfono : 981337283
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

PARA OS AVENTUREIROS/AS...

O TEU PRIMEIRO TRABALLO EURES 

. Tes unha idade entre 18 e 35 anos?
. Desexas trasladarte a outro Estado membro da UE, Noruega ou Islandia para un traballo, unha bolsa de formación ou un período de aprendizaxe?

O Teu Primeiro Traballo EURES é un programa de mobilidade laboral da UE que axuda ás empresas a atopar man de obra cualificada. O seu obxectivo é atopar ofertas de traballo remunerado na UE para quen busca emprego. Os postos ofrecidos deberán ter unha duración mínima de 6 meses (para traballos e períodos de aprendizaxe) e de 3 meses (para bolsas de formación).

A través deste programa poderase:   

- recibir información
- buscar un emprego e
- recibir asistencia sobre as ofertas e a contratación.

Tamén terás dereito a recibir axuda económica para asistir a unha entrevista de traballo no estranxeiro, así coma para axudarche na aprendizaxe dun idioma, o recoñecemento de diplomas e cualificacións ou a instalación no país de destiño.

Necesitas diplomas ou determiñadas cualificacións?
Este programa está aberto a persoas candidatas con niveis diferentes de formación e/ou experiencia no traballo.

Como podes participar?
Tes unha guía do Teu Primeiro Traballo EURES que establece as condicións e regras que rixen a participación.

Na llgazón seguinte atoparás toda a información así como o acceso aos principais servizos de emprego e os seus servizos asociados que participan neste programa.


Enlace a bolsa e a máis información 👇

OFERTAS DE EMPREGO PRIVADAS. A MARIÑA

PUBLICADO POLO COLEXIO OFICIAL DE ENFERMERÍA DE LUGO

  • RESIDENCIA DE SAN CIPRIAN
Necesita enfermeira/ou para a residencia de San Ciprián (Cervo) a 30 horas semanais para cubrir unha IT. Quendas rotativas de mañá e tarde. Para máis información pasar pola residencia ou enviar CV a residenciacervo@edaddoradaclm.eres. Tfno. 982821833
  • RESIDENCIA SAN XOAN DE CASTRO
DE REI Necesita enfermeira/ou para a residencia San Xoán de Castro de Rei 40 horas semanais en quenda de mañá e tarde, fins de semanas alternos. Para máis información pasar pola residencia ou enviar CV a residenciacastroderei@edaddoradaclm.eres. Tfno. 982821833.

martes, 12 de febreiro de 2019

OFERTA DE EMPREGO PRIVADA. CERVO

Deseñador/a gráfico para desenvolver a ocupación na empresa PORCELANA DE SARGADELOS na localidade de Cervo GALEJOBS

http://www.galejobs.com/empleo

TÉCNICO/A SUPERIOR DE EDIFICACIÓNS E OBRAS

Deputación Provincial de Lugo. Bases para o proceso selectivo dunha praza de TÉCNICO/A SUPERIOR DE EDIFICACIÓNS E OBRAS https://bit.ly/2tijGEi

CURSOS ONLINE. FORMACIÓN EN AGRICULTURA ECOLÓXICA DESEMPREGADOS




OFERTA EMPREGO PRIVADA FERROL

EMPLEO: Se busca presentador/a y redactor/a con experiencia para la TV Ferrol. Todo interesado podrá mandar su CV a direccion@tvferrol.es o llamar al 981.369.076

luns, 11 de febreiro de 2019

ERRORES A EVITAR NUNHA ENTREVISTA DE TRABALLO

UNHA ENTREVISTA DE TRABALLO PODE SER DECISIVA PARA ACADAR O POSTO SOLICITADO, POR ISO É MOI IMPORTANTE PREPARALA A CONCIENCIA, REPASANDO A INFORMACIÓN QUE APORTAMOS (FORMACIÓN, EXPERIENCIA, HABILIDADES, APTITUDES, CARACTERÍSTICAS PROPIAS, QUE PODEMOS APORTAR A EMPRESA, ETC.) E EVITAR ESTOS ERRORES.

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VILALBA

La imagen puede contener: una o varias personas y texto



Centro de Estética en Vilalba busca unha esteticista con título medio ou superior.
Enviar CV: susanatecnico@prodube.com

OFERTA DE EMPREGO. CAMPUS TERRA

OFERTA PARA TRABALLAR NA AULA Aula de Productos Lácteos y Tecnologías Alimentarias

Tes formación/experiencia no sector agroalimentario e es unha persoa versátil e con capacidade para traballar en equipo?

Queres traballar nunha das plantas piloto máis completas de Europa no Campus Terra USC e aprender en cada unha das tarefas que che encomenden?

A USC oferta unha praza para traballar no noso equipo e colaborar nas actividades adscritas ao proxecto Nutriage Saúde. O prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe mesmo e termina o 12 de febreiro.


OFERTA EMPREGO PÚBLICA. XERMADE

O Concello de Xermade convoca prazas de Traballador/a Social e Educador/a Familiar como funcionarios interinos e para formar unha futura bolsa de emprego para posibles substitucións por razóns de:

a) Cando se produza a situación de vacante temporal con reserva do posto de traballo do titular da praza. b) Cando sexa necesaria a substitución transitoria do titular da praza con ocasión de baixas médicas, vacacións, licenzas ou circunstancias análogas. c) A execución de programas ou proxectos de carácter temporal. d) Exceso ou acumulación de tarefas.

Prazo de presentación de instancias: Ata o 21 de febreiro

Enlace ao BOP 11.02.2019 👇
http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/11-02-2019.pdf#page=12

venres, 8 de febreiro de 2019

OFERTA EMPREGO PÚBLICA. OUROL

O concello de Ourol publica as bases para a contratación temporal, mediante concruso-oposición de 7 peóns forestais a xornada parcial (75%) no Concello de Ourol para o Servizo de Protección Ambiental e do Espazo natural a través do Fondo de Compensación Ambiental do ano 2019, cunha duración de 6 meses.

O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 11 ao 15 de febreiro de 2019.

https://concellodeourol.sedelectronica.es/info.2

OFERTA DE EMPREGO. AS PONTES-ALMERÍA

Posto: Profesional Mantemento CT As Pontes e Almería
Seleccionamos para Endesa dous Profesionais de Operación e Mantemento para a Central Térmica das Pontes e un Profesional de Operación e Mantemento para a Central Térmica de Almería. 

O contrato realizarase en prácticas, por un período de 6 meses que corresponderán a formación na central indicada. Tras estes meses de formación, poderás formar parte dunha bolsa de candidatos para cubrir necesidades que poidan xurdir tanto na central "de orixe", como noutras próximas ou da mesma tecnoloxía (Carbón e/ou Ciclo combinado). 

O horario de traballo será a quenda pechada (quendas rotativas de mañá de 06:00 a 14:00 horas; de tarde de 14:00 a 22:00 horas e de noite de 22:00 a 06:00 horas)

Formación Profesional de Grao Medio ou Superior en Electricidade e Electrónica ou en Mantemento e Servizos á Produción (con data de finalización posterior ao ano 2015).

Dispoñibilidade para realizar un contrato en prácticas, de duración determinada e mobilidade xeográfica. (Non confundir con bolsa ou prácticas de estudos)

Valorarase positivamente formación adicional en Prevención de Riscos Laborais nivel básico e en sistemas de xestión ambiental, da calidade e da prevención laboral.
ENLACE A OFERTA EN INFOJOBS 👇

OFERTA EMPREGO PRIVADA. MONDOÑEDO

Técnico/a dinamizador/a talleres sobre saúde

Empresa: HARTFORD, SL

DESCRICIÓN: Dinamizador /a para talleres del área de salud dirigido a personas mayores

Posto: Dinamizador /a talleres sobre salud
REQUISITOS MÍNIMOS: Formación en el área social y deportiva
EXPERIENCIA MÍNIMA: Experiencia con personas mayores y dinámicas de grupo
ESTUDOS MÍNIMOS: Trabajo social, educación social, psicología y actividades físicas y del deporte.

OFERTAS DE EMPREGO SEPE. 08.02.19

O SEPE publicou as seguintes ofertas de emprego, que se atopan cerca da zona de Muras, en calquer caso na paxina web hai moitas máis e así mesmo, no caso de que vos querades inscribir nalgunha e moito máis sinxelo a través da páxina web e cos credenciais que a oficina de emprego da o usuario, en caso de carecer deles podense solicitar a oficina de emprego.


DOCENTE FORMACIÓN NON REGULADA. VILALBA

IDENTIFICADOR DE LA OFERTA 12/2019/1216
DOCENTE PARA CURSO AFD REQUÍRESE CICLO SUPERIOR RAMA ELECTRICIDADE OU ENXEÑERÍA TÉCNICA. CURSO DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO, CAP OU SIMILARES. 12 MESES DE EXPERIENCIA
CARGO: FORMADORES DE FORMACIÓN NON REGULADA
MEDIO DE CONTACTO: 012
CONDUCTORES DE CAMIÓN. AS PONTES

IDENTIFICADOR DE LA OFERTA 12/2019/1034
DETALLES:
Condutor de tráiler con 6 meses de experiencia e tarxeta de cualificación de condutor en vigor.
CARGO: CONDUTORES DE CAMIÓN, EN XERAL
MEDIO DE CONTACTO: 012

CAMAREIROS/AS. VIVEIRO

IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/915
DETALLES: NIVEL MEDIO-ALTO DE INGLÉS (A NIVEL ORAL E ESCRITO) E EXPERIENCIA COMO CAMAREIRO/-A DE, POLO MENOS, DOUS ANOS.
CARGO: CAMAREIROS, EN XERAL
MEDIO DE CONTACTO: Teléfono : 982828722

ASISTENTES DOMICILIARIOS. O VICEDO

IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/913
DETALLES: ASISTENTE DOMICILIARIO A MEDIA XORNADA CON TITULACIÓN E CARNÉ DE CONDUCIR
CARGO: ASISTENTES DOMICILIARIOS
MEDIO DE CONTACTO: Teléfono : 982828722
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

PERRUQUEIRA UNISEX. AS PONTES

IDENTIFICADOR DE LA OFERTA 12/2019/877
DETALLES: UN POSTO DE AXUDANTE DE PERRUCARIA CON COÑECEMENTOS DE ESTETICA. EXPERIENCIA A PARTIRES DE TRES MESES. XORNADA COMPLETA. A/O CANDIDATO/A DEBE TER O CICLO MEDIO DE PEITEADO E COSMETICA CAPILAR O EQUIVALENTE, DA FAMILIA PROFESIONAL DE IMAXE PERSOAL.
CARGO: PERRUQUEIRO UNISEX
MEDIO DE CONTACTO: Teléfono : 881881494

AXENTE COMERCIAL. VILALBA

IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/860
DETALLES: Necesítase COMERCIAL para tenda de Telefonía Móvil en horario de 10:00-13:30h y de 16:30-20:00h de luns a venres e os sábados de 10:00-13:30h. O requisito académico é de Formación Profesional de Grado Medio ou equivalente.
CARGO: AXENTES COMERCIAIS
MEDIO DE CONTACTO: Teléfono : 982828910

xoves, 7 de febreiro de 2019

CHARLAS INFORMATIVAS MOCIDADE

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon a disposición de concellos, asociacións e grupos informais de mozos e mozas un servizo de información e asesoramento sobre os seguintes programas:

INICIATIVA XOVE: programa de axudas de ata 5.000 € para financiar ideas lideradas por mozos e mozas
GALEUROPA: programa de prácticas formativas de ata 3 meses nalgún país da Unión Europea.



A través deste servizo, que terá un formato de charla explicativa, expoñeranse as principais características dos programas e ofrecerase información práctica sobre a presentación de solicitudes.
O obxectivo desta iniciativa é facer accesible a información e o asesoramento sobre dous dos principais programas desta dirección xeral a todas as potenciais persoas beneficiarias, independentemente da súa localización xeográfica.


Os concellos, entidades ou grupos interesados nesta charla deberán cubrir este formulario.

Unha vez recibida a solicitude, o dinamizador ou dinamizadora responsable da zona porase en contacto coa persoa indicada na solicitude para concretar os datos relativos ao lugar, data e horario da charla informativa.

No caso de haber varias solicitudes dentro do mesmo concello, tratarase de fixar unha data común para os interesados e interesadas.

O prazo para remitir as solicitudes remata o 20 de febreiro e as charlas levaranse a cabo ata o 1 de marzo inclusive

CURSO XESTIÓN AMBIENTAL. PRESENCIAL EN NARÓN


📣En unos días tendremos un nuevo curso gratuito para desemplead@s: Xestión Ambiental 🌳🍂. Con la superación de esta formación podrás desempeñar funciones como técnico de medio ambiente, en gestión ambiental, programador de actividades ambientales o coordinador de sistemas de gestión ambiental, entre otras.

🤓Se trata de un certificado de profesionalidad de nivel 3, por lo que para acceder, debes tener bachillerato o COU (según tu plan de estudios) o equivalente. Durante el curso tendrás ayudas al desplazamiento y recibirás todo el material para realizar la formación práctica. Una vez superes la formación podrás acceder a las prácticas en empresas.

📆 Si quieres inscribirte, o conoces a alguien que lo necesite, asiste a la prueba de selección el: lunes 11/02 a las 10:00 horas en nuestro centro de Narón:

👉 http://ow.ly/c4xe30nqJO4

👀 Info completa en nuestra web:http://ow.ly/Xmoc30lXJWC

La formación está financiada por la Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria



OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VALADOURO

Convocatoria e bases que rexerán a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal ao obxecto de cubrir, dous postos de peón para o servizo de prevención e defensa contra incendios forestais , do cadro de persoal laboral temporal do concello de O Valadouro no marco do convenio de colaboración subscrito entre a consellería de medio rural e o concello de O Valadouro durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

https://www.valadouro.org/emprego/convocatoria-para-a-contratacion-de-persoal-laboral-temporal/

OFERTA EMPREGO PÚBLICA. GUITIRIZ

Técnico/a Dinamizador do Plan de Inclusión Dixital

O Concello de Guitiriz convoca praza de funcionario/a interino/a para facerse cargo da aula CEMIT mediante concurso-oposición.
O prazo de presentación de instancias é ata o 21 de febreiro.

http://www.concellodeguitiriz.com/emprego.asp?idc=1

OFERTA EMPREGO PRIVADA. O VALADOURO

Buscamos para incorporación inmediata na nosa empresa unha persona para cubrir puesto administrativo con caracter fixo. Recollemos curriculum no correo talleresrouco1@gmail.com ou na nosa oficina.

mércores, 6 de febreiro de 2019

BOLSA DE FORMACIÓN EGAP

Escola Galega de Administración Pública. Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación destinada a persoas que remataran o grao ou licenciatura en Dereito con posterioridade a xaneiro do ano 2012.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes: as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (PR770F). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 26 de xaneiro ata o 25 de febreiro.


https://egap.xunta.gal/fichanova/id/2958

OFERTA EMPREGO PRIVADA

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

Galipizza Viveiro precisa CAMAREIR@S.
Interesados enviar currículo a personal@galipizza.com con asunto GALIPIZZA VIVEIRO CAMAREIR@.

OFERTA EMPREGO PÚBLICA. O VALADOURO

Concello do Valadouro.- Convocatoria para a contratación temporal de 1 MONITOR/A DE OCIO EDUCATIVO E TEMPO LIBRE
Prazo de presentación de instancias: ata o 13 de febreiro de 2019

http://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/06-02-2019.pdf?fbclid=IwAR0qcvwgv9M8G0axIa_SWmnPLMjwGj_RP2bV9-9QUz7CAbF6q6w_Z_KeiVo#page=8

martes, 5 de febreiro de 2019

OFERTA DE EMPREGO. BEN ENMPREGADO


OFERTA DE EMPREGO: VIVEIRO E VILALBA


CURSOS AULA CEMIT

CeMIT - Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica

Hoxe en día, as novas tecnoloxías e o uso das aplicacións web e móbil son indispensables, polo tanto vos paso o enlace a páxina CEMIT onde se imparte cursos de teleformación e presenciais (podedes elexir o que mellor se adapte, os vosos intereses e lugar de impartición).
É tan sinxelo como rexistrarse e solicitar o curso que nos interese, e dúas veces o ano sacan o tema das competencias dixitais, o famoso CODIX, así que estade atentos a esta páxina.

https://cemit.xunta.gal/gl/ema_introduccion

luns, 4 de febreiro de 2019

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO. PROGRAMA TECENDO EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE LUGO

Deputación Provincial de Lugo. Bases para a selección das persoas candidatas do programa TECENDO EMPREGO https://bit.ly/2HSYor4

Os postos ofertas están na páxina web da Axencia de colocación de Lugo, son moitos e con moita variedade. Destacan os postos de carácter social. Rexistrándose na páxina da Axencia de Colocación de Lugo, xa pode un inscribirse nas ofertas. OLLO! É necesario estar no parado ou en situación de mellora de emprego.

A finalidade desta fase é a de seleccionar aos candidatos desempregados solicitados polas entidades para acadar os obxectivos do programa, que é a incorporación ó mercado de traballo de desempregados e dotar ás entidades beneficiarias de capital humano cualificado para xerar un crecemento da economía e do emprego, a través desta convocatoria pública que rexerá as condicións para a selección dos candidatos na provincia de Lugo, tendo en conta as 3 liñas de emprego:
Liña Novel: dirixida a mozos recen titulados/as dentro do ámbito da universidade ou da formación profesional, para adquisición de habilidades e capacidades laborais, así como promover o seu desenvolvemento persoal e social dentro da súa área de formación, e así acadar a experiencia profesional que tanto frea a integración no ámbito laboral, e de forma transversal promover unha conciencia de corresponsabilidade social, sen experiencia e ata 35 anos .
Liña Senior: dirixida a parados, de 30 a 50 anos.
Liña Veterano: dirixida a parados, dentro da súa última fase activa (maiores de 50 anos) a piques de pechar a súa etapa profesional.

Bases do programa e listaxe de perfís: https://bit.ly/2MM7tkc

Axencia de Colocación: https://bit.ly/2Ke9K6p