Amosando publicacións coa etiqueta axudas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta axudas. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de setembro de 2020

BOLSAS DE FORMACIÓN NO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña convoca unha bolsa de formación no Departamento Didáctico do Museo de Belas Artes da Coruña, o que inclúe a realización de visitas guiadas a centros escolares e asociacións, a participación na elaboración dos materiais didácticos e os modelos de visitas axeitadas aos diferentes niveis educativos, así como a colaboración no desenvolvemento de obradoiros e outras actividades didácticas. mesa con retales de telas

INSCRICIÓNS:

Ata o 25/09/2020

na sede da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes
DURACIÓN:

9 meses - de outubro de 2020 a xuño de 2021 - cunha dedicación de 20 horas semanais
REQUISITOS:

Ter obtida a licenciatura en Historia, Historia da Arte, Belas Artes, Museoloxía ou Humanidades, despois de 2016 (incluído)
Estar a disposición para o disfrute da bolsa en exclusividade, e non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración da mesma.
REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:


5.760 € brutos
PÁXINA WEB:

CONTACTO:


Amigos do Museo de Belas Artes. 

Museo de Belas Artes: R/ Zalaeta, 2 (15002 - A Coruña)

Tel.: 881 881 700

BOLSAS DA ORGANIZACIÓN INTERNACIONAL DA VIÑA E O VIÑO

Bolsas da Organización Internacional da Viña e o ViñoA Organización Internacional da Viña e o Viño, OIV, convoca cada ano bolsas de investigación nos seus programas prioritarios. As bolsas propostas no marco deste programa son de curta duración (de 6 a 15 meses como máximo) e propóñense para unha formación específica de nivel post-universitario. Os candidatos deberán ser cualificados, cunha vontade de avanzar na investigación ou de mellorar as súas competencias e co desexo de estar ao corrente da actualidade dos avances no seu campo de estudos ou de traballo.

A. Perfil da candidatura
Titular dun diploma de estudos universitarios superiores cunha vontade de comezar ou continuar estudos doutorais para:
- emprender unha investigación en profundidade,
- perfeccionar os seus coñecementos e competencias.

B. Títulos requiridos
Grao universitario de nivel master ou de fin de estudos secundarios +5 anos como mínimo, con obtención dun diploma, o límite de idade é de 40 anos.

C. Cualificacións complementarias
As persoas candidatos deberán demostrar que teñen unha competencia que lles permitirá achegar unha contribución importante á posta en marcha do Plan Estratéxico da OIV.

D. Campos de estudo
Todos os proxectos de campos de estudo propostos deberán reflectir os obxectivos estratéxicos e as prioridades de programa previstos pola OIV conforme ao seu Plan Estratéxico.

E. Aptitudes lingüísticas
Os candidatos deberán saber ler e redactar nun dos cinco idiomas oficiais da OIV.

Os formularios de candidatura debidamente completados deberán ser enviados á OIV - OIV – Bolsas de investigación – 35, rue de Monceau – 75008 Paris – ou job@oiv.int

Data límite de presentación das solicitudes: 24 de outubro de 2020

luns, 24 de agosto de 2020

PROGRAMA DE BÚSQUEDA DE EMPREGO

Accion contra el hambre saca unha nova convocatoria do seu programa de búsqueda de emprego.

Encontraste en situación de desemprego?
Sínteste perdido/a no novo contexto laboral do Covid -19?
Dende #VivesEmpregaGalicia axudamoste a fortalecer as túas #CompetenciasProfesionais e ofrecemoste a posibiidade de optimizar o teu CV con formación específica. Contáctanos e informámoste.
Únete! 💪

venres, 3 de xullo de 2020

AXUDAS DEPUTACIÓN LUGO CONTRATACIÓN

Axudas contratación e autoemprego para concellos rurais da Excma. Deputación Provincial de Lugo

No Bop de Lugo de hoxe convócanse axudas por parte da Excelentísima Deputación de Lugo para:

- Fomento da cultura emprendedora: subvencionando o autoempleo no rural como traballador autónomo ou como socios nunha cooperativa, sociedade laboral...

- Axudas contratación mozos/-as inscritas no sistema de garantía xuvenil, para empresas localizadas en concellos rurais.

As axudas vanse concedendo por orde de entrada

No seguinte enlace pode acceder a convocatoria:

http://www.deputacionlugo.gal/es/boletin-oficial-da-provincia-de-lugo/bop

mércores, 3 de xuño de 2020

SIMULADOR DO INGRESO MÍNIMO VITAL

O Concello de Santiago puxo en marcha este luns un 'simulador' online no que os cidadáns, cubrindo "campos moi sinxelos", poden coñecer se cumpren os requisitos para acceder ao ingreso mínimo vital.

Unha ferramento moi sinxela que permite saber se temos acceso ou non ao simulador.


El Concello de Santiago lanza un simulador del Ingreso Mínimo ...

Aqui está o enlace para probar o simulador 👉
https://simuladorimv.com/?fbclid=IwAR3UX4JRnBkMJp49MH_OAlWropymQMvnIDSWcE_t-5HgP1kQHp0fPgHjfJ0

luns, 1 de xuño de 2020

INGRESO MÍNIMO VITAL. REQUISITOS

📣📣 Ingreso mínimo vital dirixido a persoas que cumpran os seguintes requisitos:

✔️ Ser maiores de 23 anos (ou 18 anos se hai menores a cargo) e menores de 65 anos.
✔️ Residir legalmente en España durante ao menos o ano anterior á data de solicitude.
✔️ Vivir independentemente ao menos durante un período dun ano no caso de familias e 3 anos no caso dunha única persoa.
✔️ As unidades de convivencia deberán estar formadas ao menos durante 1 ano antes da presentación da solicitude.
✔️ Ter solicitadas as pensións e prestacións ás que tivese dereito.
✔️ Estar inscritas como demandantes de emprego.
✔️ Estar en situación de vulnerabilidade económica, é dicir, non superar o límite de ingresos que se estipula para cada tipo de fogar (mínimo 462€) nin o límite de patrimonio estipulado para cada fogar (mínimo 16.614€).

✅ Percibirase indefinidamente sempre e cando se cumpran os requisitos.

✅ Garantízase a cada fogar uns ingresos mensuais que variarán dependendo do número de persoas e características do mesmo.

🗓 Presentaranse preferiblemente de forma telemática a través da Sede Electrónica da Seguridade Social: https://bit.ly/2zE2LDb

Está previsto que se firmen convenios coas Comunidades Autónomas e Entidades Locais para facilitar axuda ás persoas interesadas en presentar a solicitude.

📂 Coa solicitude deberase aportar a seguinte documentación:

✔️Acreditación da identidade: DNI, libro de familia ou certificado de nacemento.
✔️Acreditación residencia legal en España: inscripción no rexistro central de estranxeiros, tarxeta familiar de cidadá da Unión Europea ou autorización de residencia.
✔️Acreditación do domicilio en España: certificado de empadroamento.
✔️Acreditación da existencia da unidade de convivencia: libro de familia, certificado do rexistro civil, inscripción nun rexistro de parellas de feito ou certificado de empadroamento na mesma vivenda.

📆 Presentación de solicitudes: Dende o 15 de xuño de 2020.

As solicitudes presentadas ata o 15 de setembro de 2020 terán efectos retroactivos dende o 1 de xuño de 2020.

➡️➡️Máis info: https://bit.ly/36NdKpK

Lembra que se precisas máis información atenderémoste no teléfono 679 874 901.

luns, 27 de abril de 2020

PROXECTO SANTANDER MULLERES

Proxecto dirixido a mulleres a partir dos 35 anos que queiran ter unha oportunidade de aumentar a súa empregabilidade.
https://bit.ly/3bSQloV

Proxecto dirixido a mulleres maiores de 35 anos que deixaron a súa carreira profesional por motivos persoais ou familiares, que dispongan de estudios universitarios e queiran ter unha nova oportunidade laboral.
https://santanderreencuentra.es/?fbclid=IwAR0_QlFUIrKS4XAv06RFdcPm1ukUTSmgzTa-LG7iR-OOCKSpMXklT2d5rK8

mércores, 15 de abril de 2020

PRÁCTICAS INTERNACIONAIS: INTERCAMBIO DE ESTUDANTES POR EXPERIENCIA TÉCNICA

IAESTE, a Asociación Internacional para o Intercambio de Estudantes por Experiencia Técnica, ofrece oportunidades profesionais centradas na carreira profesional en todo o mundo para gañar experiencia e aumentar as oportunidades de emprego dos mozos.


Quen pode participar?
Como a solicitude involucra aos Comités Nacionais de IAESTE, é necesario residir nun país onde IAESTE está presente

As áreas de pasantía inclúen
- Informática e ciencias da información
- Química, ciencia de materiais e enxeñería química
- Enxeñería mecánica
- Enxeñería civil, xeoloxía e mineiria
- Arquitectura
- Matemática e estatística
- Física
- Negocios, xestión e márketing

Condicións
As pasantías son remuneradas
A duración habitual é entre 8 e 52 semanas
Os prazos e requisitos varían segundo o posto ofertado
Ten en conta que se poden requirir certas tarifas

Como solicitar?
Atopa o teu pasantía
Rexistrate no portal de prácticas
Comunícate coa oficina nacional para informarlles que te rexistraches xunto co número de referencia da pasantía que desexas solicitar
Mantente en contacto co teu Comité Nacional que te guiará a través do proceso

https://iaeste.org/about

20.000 BOLSAS E AXUDAS DE FORMACIÓN ONLINE

Banco Santander, a través de Santander Universidades, lanza máis de 20.000 bolsas e axudas de formación online co fin de contribuír a mellorar a situación xerada pola pandemia global do coronavirus.

A convocatoria #YoMeQuedoEnCasa apoia aos estudantes e graduados universitarios no desenvolvemento daquelas competencias, dixitais, idiomas e softskills que melloren a súa empregabilidade futura. Ademais facilita aos profesores universitarios a actividade académica nunha contorna máis dixital.

Un dos obxectivos destas bolsas é potenciar o desenvolvemento de competencias dixitais. Neste sentido, alcanzouse un primeiro acordo coa Fundación IE University, para ofrecer bolsas e axudas para profesores e estudantes co fin de impulsar as súas habilidades dixitais e de liderado e facilitarlles formación online:

2.500 bolsas "Santander IE Online Learning Journey for Learners", dirixidas a graduados, posgraduados e estudantes de 14 países.
5.000 bolsas do proxecto "Santander IE Best Practices in Dixital Education for Teachers" dirixidas a profesores.

Outra prioridade neste período de confinamento é a formación en idiomas. Por iso, a iniciativa #YoMeQuedoEnCasa incorpora un acordo co British Council para que os estudantes e mozos graduados poidan certificar de forma oficial o seu nivel de idioma.

👉 https://www.becas-santander.com/es

luns, 30 de marzo de 2020

AXUDA INSCRICIÓN GARANTÍA XUVENIL


GARANTÍA XUVENIL é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos ao mercado de traballo. Ten como obxectivo garantir que os/as mozos/as entre 16 e 29 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas tras acabar a educación formal ou quedar desempregados.

A QUEN VAI DIRIXIDO GARANTIA XUVENIL?
Garantía Xuvenil está dirixida a mozos/as en procura de emprego que non se atopen en situación de estudar ou formarse, nin traballando por conta propia ou allea, e queiran lograr a súa inserción plena no mercado laboral.

CALES SON OS REQUISITOS?
Os/as mozos/as poderán solicitar a súa inscrición en garantía xuvenil sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter máis de 16 anos ou menos de 30 anos no momento de solicitar a inscrición
- Non traballar no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Non recibir accións educativas nin formativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Ter nacionalidade española ou, ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza ou ser estranxeiro titular dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
- Estar empadroado en calquera localidade do territorio español.

COMO PODO INSCRIBIRME?
Podes inscribirte de varias formas:

a) Se tes certificado dixital ou clave permanente podes inscribirte seguindo os seguintes pasos:
1. Accedes ao seguinte enlace: https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action
2. Instrucións para acceder con certificado dixital. Pincha aqui.

b) Se non tes certificado dixital, hai tres opcións:
1. No Centro coordinador de información xuvenil de Galicia* en Santiago de Compostela ou nos Espazos Xove dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: Mediante un Código Provisional de Activación que te permite activar unha conta de usuario.
2. Nas Oficinas de Emprego: No momento de inscribirte como demandante de emprego ou cando se fai a renovación da demanda podes solicitar que te inscriban no programa.
3. Nas Cámaras de Comercio: facilitanche un certificado dixital para que te inscribas directamente.

* Durante o período do Covid19 o Centro Coordinador de Información Xuvenil e os Espazos Xove están pechados polo que implementamos o acceso online para que podas solicitar o Código de Activación:

ACCESO AO CÓDIGO DE ACTIVACIÓN PROVISIONAL

Se non tes un Certificado Dixital podes acceder á inscrición con un Código de Activación Provisional que te proporcionaremos desde o Centro coordinador de Información Xuvenil.

1. Para iso cubre a Solicitude de Código Provisional de Activación

2. Unha vez cuberta tes que enviala acompañada dunha copia do DNI ou NIE ao correo electrónico: ccoordinador.xuventude@xunta.gal

Instrucións para activar a conta de usuario e escoller o contrasinal persoal: Pincha aqui.

Necesitas axuda para cubrir o formulario de inscrición?
Se xa tes creada a túa sesión de usuario e necesitas axudas para cubrir o formulario de inscrición contacta co noso Servicio de Información Xuvenil no correo electrónico: ccoordinador.xuventude@xunta.gal

luns, 9 de marzo de 2020

AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCCIÓN. XUVENTUDE

📌 AXUDAS para facilitar a obtencións dos PERMISOS DE CONDUCIÓN das clases B 🚗 e C 🚛, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

O importe da axuda será de:
4️⃣0️⃣0️⃣ euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 
6️⃣5️⃣0️⃣ euros para o permiso de clase C.

O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos.

⏰ Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de xullo de 2020, salgo esgotamento do crédito orzamentario dispoñible

venres, 28 de febreiro de 2020

AXUDAS A XÓVENES AGRICULTORES

Axudas á creación de empresas por persoas agricultoras mozas
Axudas á creación de empresas por persoas agricultoras mozas

A Consellería do Medio Rural convoca para o ano 2020 as axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de marzo de 2020 (incluído).
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento MR404A e MR405B
Máis información no DOG do 28 de xaneiro de 2020 e en http://mediorural.xunta.gal

Publicada no DOG do 28 de febreiro de 2020 a ampliación do prazo para presentar solicitudes.

* Persoa agricultora moza: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumpridos os 18 anos e non teña cumpridos máis de 40 anos, conte coa capacitación e a competencia profesionais axeitadas e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación; poderá establecerse de xeito individual ou xunto con outros agricultores, en calquera forma xurídica.

xoves, 27 de febreiro de 2020

LANZADEIRAS CONECTA EMPREGO

Lanzadeiras Conecta Emprego

A Fundación Santa María a Real e a Fundación Telefónica convocan o programa Lanzadeiras Conecta Emprego. É un programa de orientación cuxo obxectivo é dotar de ferramentas ás persoas participantes para conseguir un emprego. Inclúe dúas actividades principais:

Alfabetización Dixital
Lanzadeira

A primeira actividade, Alfabetización dixital, é un programa de orientación dun mes de duración pensado para persoas desempregadas maiores de 18 anos que buscan adquirir competencias dixitais básicas para a procura de emprego.

O prazo para inscribirse é ata o 3 de Marzo.

En Galicia están abertas as inscricións en:

Santiago de Compostela
A Coruña
Arteixo

A segunda actividade, Lanzadeiras, é un programa de orientación de 4 meses de duración e trabállase en 3 fases principais:

- Dinámicas de autocoñecemento a través de talleres prácticos
- Dinámicas de orientación grupal e individual: creación de CV, adestramento de entrevistas, xestión de marca persoal, etc.
- Elaboración dun mapa de empregabilidade e posterior visitas a empresas da zona.

Para esta, ábrese o prazo de inscrición o 3 de Marzo. O proceso para inscribirse, unha vez aberto o prazo, é o mesmo que para a Alfabetización Dixital.

https://www.lanzaderasconectaempleo.es

ACTIVIDADE DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS. XÓVENES

Actividades de formación en linguas estranxeiras

    A Consellería de Educación convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, durante o ano 2020.

    O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2020, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto, e das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2020/21.

    Requisitos:

    a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO, ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.
    b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018/19.
    c) Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
    d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a no curso 2019/20 nun centro da Rede de centros plurilingües.

    O custo total de cada actividade inclúe:
    a) No caso das actividades que se van realizar no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
    b) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
    c) Os gastos de docencia e o material escolar.
    d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
    e) Os gastos de mantenza e aloxamento.
    f) O certificado de realización da actividade.
    g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

    Destinos:
    AXUDASLE


    Criterios de puntuación:

    1º. Nota media do expediente no curso 2018/19: ata 10 puntos.
    2º. Renda per cápita da unidade familiar: ata 20 puntos.
    3º. Pertenza a familia numerosa: 2 puntos.
    4º. Discapacidade igual ou superior ao 33 % ou pensionista da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou a equivalente de clases pasivas dalgún membro da unidade familiar en primeiro grao: 2 puntos.
    5º. Non ter sido beneficiario nunha axuda ao abeiro da convocatoria establecida pola Orde do 4 de febreiro de 2019: 1 punto.

    As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es co procedemento ED504B
    O prazo para presentar solicitudes estrará aberto ata o 26 de marzo de 2020.
    Máis información no DOG do 26 de febreiro de 2020 en http://www.edu.xunta.es/axudasle

    luns, 10 de febreiro de 2020

    OFERTA. AUXILIARES DE CONVERSACIÓN

    Ministerio de educación y formación profesional
    Se buscan graduados y estudiantes universitarios de último curso para trabajar como auxiliares de conversación extranjeros en centros públicos españoles el próximo curso. El plazo para presentarse está abierto hasta el 15 de abril.

    http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/99/998188/ficha/998188-2020.html?fbclid=IwAR1hUP7UZYVXiI0QcbGBEkPOZUDvjFf05F5sV_yYv1-wzZe4n5M7wq9tbAQ

    martes, 4 de febreiro de 2020

    BOLSAS XUNTA ELECTORAL CENTRAL DOCUMENTACIÓN

    Bolsas da Xunta Electoral Central para Documentalistas
    03 Feb 2020
    Bolsas da Xunta Electoral Central para Documentalistas

    A Xunta Electoral Central convoca 3 bolsas para a formación e colaboración na realización de traballos e estudos no ámbito da Documentación e a xestión de información e contidos relacionados coa actividade da Xunta

    Requisitos:
    - Estar en posesión do título de Grao en Información e Documentación ou de Licenciado en Documentación.
    - Finalizar os estudos para a obtención dos títulos universitarios indicados no apartado anterior con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2014.

    O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 24 de febreiro de 2020
    Máis información no BOE do 3 de febreiro de 2020 e en http://www.juntaelectoralcentral.es

    mércores, 22 de xaneiro de 2020

    PREMIOS AGADER

    CONVOCATORIA DO "XI PREMIO AGADER" ÁS INICIATIVAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL.
    DESTINATARIAS/OS:
    Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan titulares das iniciativas que presentan.

    PREMIO DE 10.000€ PARA CADA UNHA DAS SEGUINTES CATEGORÍAS:

    a) Categoría mocidade.

    b) Categoría proxectos culturais e de recuperación patrimonial no medio rural.

    c) Categoría proxectos de interese social.

    d) Categoría turismo.

    e) Categoría sector agrogandeiro,.

    f) Categoría mulleres.

    g) Categoría innovación tecnolóxica.

    h) Categoría premio á loita contra o abandono e en prol da mobilidade de terras agrarias.

    PRAZO: ata o 21/02/2020.

    https://www.xunta.gal/…/2020…/AnuncioO90-191219-0003_gl.html

    luns, 20 de xaneiro de 2020

    TARXETA XENTE NOVA TRANSPORTE

    👉👉A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitando de Galicia que permite realizar viaxes interurbanas gratuítas👈👈
    👩🧑Poden empregala mozos e mozas de entre 4 e 20 anos 

    ℹ️Máis información no seguinte enlace: https://bit.ly/385H8XM

    luns, 13 de xaneiro de 2020

    PRENDE NO RURAL. ÚLTIMA SEMANA PARA INSCRIBIRTE!

    Se es menor de 30 anos e estás na procura de emprego na provincia de #Lugo aínda estás a tempo de participar no programa #Prende, Bota raíces no rural! da @Deputación de Lugo:

    1⃣ fase. Aprendizaxe
    Recibirás formación retribuída nos sectores de enerxías renovables, turismo, xestión forestal, agricultura e gandería, 14 € por cada xornada formativa de 5 horas.

    2⃣ fase. Experiencia laboral en empresas
    Concederemos axudas a empresas que contraten durante 8 meses aos mozos e mozas que recibiron a formación.

    ℹ Consulta os requisitos de acceso e inscríbete antes do 20 de xaneiro
    📌 https://bit.ly/2sfQYqU

    Resultado de imagen de PRENDE NO RURAL

    xoves, 9 de xaneiro de 2020

    AXUDA PARA AS PERSOAS QUE ESTEAN A OPOSITAR

    Neste curso 2019-2020, por undécimo ano consecutivo, seguimos co programa de #bolsas 📜 coa intención de favorecer a colectivos específicos a preparación para o acceso ao #Emprego_Público.

    ✅ Do mesmo xeito que o ano pasado volvemos ofrecer ➡ 390 para persoas que estean en situación de #desemprego ou tamén teñan #ingresos non superiores 🔝 ao  IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) e queiran preparar unha #oposición 📖

     Destas 390 bolsas, en setembro adxudicáronse 195 e en xaneiro 2020 adxudicaranse as restantes 195.

    ✅ Para acceder a algunha delas é necesario presentar a correspondente solicitude do 2 ao 31de xaneiro de 2020.

    Toda a información en ▶ http://bit.ly/2 L9 s04 r