luns, 30 de marzo de 2020

AXUDA INSCRICIÓN GARANTÍA XUVENIL


GARANTÍA XUVENIL é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos ao mercado de traballo. Ten como obxectivo garantir que os/as mozos/as entre 16 e 29 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas tras acabar a educación formal ou quedar desempregados.

A QUEN VAI DIRIXIDO GARANTIA XUVENIL?
Garantía Xuvenil está dirixida a mozos/as en procura de emprego que non se atopen en situación de estudar ou formarse, nin traballando por conta propia ou allea, e queiran lograr a súa inserción plena no mercado laboral.

CALES SON OS REQUISITOS?
Os/as mozos/as poderán solicitar a súa inscrición en garantía xuvenil sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter máis de 16 anos ou menos de 30 anos no momento de solicitar a inscrición
- Non traballar no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Non recibir accións educativas nin formativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Ter nacionalidade española ou, ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza ou ser estranxeiro titular dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
- Estar empadroado en calquera localidade do territorio español.

COMO PODO INSCRIBIRME?
Podes inscribirte de varias formas:

a) Se tes certificado dixital ou clave permanente podes inscribirte seguindo os seguintes pasos:
1. Accedes ao seguinte enlace: https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action
2. Instrucións para acceder con certificado dixital. Pincha aqui.

b) Se non tes certificado dixital, hai tres opcións:
1. No Centro coordinador de información xuvenil de Galicia* en Santiago de Compostela ou nos Espazos Xove dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: Mediante un Código Provisional de Activación que te permite activar unha conta de usuario.
2. Nas Oficinas de Emprego: No momento de inscribirte como demandante de emprego ou cando se fai a renovación da demanda podes solicitar que te inscriban no programa.
3. Nas Cámaras de Comercio: facilitanche un certificado dixital para que te inscribas directamente.

* Durante o período do Covid19 o Centro Coordinador de Información Xuvenil e os Espazos Xove están pechados polo que implementamos o acceso online para que podas solicitar o Código de Activación:

ACCESO AO CÓDIGO DE ACTIVACIÓN PROVISIONAL

Se non tes un Certificado Dixital podes acceder á inscrición con un Código de Activación Provisional que te proporcionaremos desde o Centro coordinador de Información Xuvenil.

1. Para iso cubre a Solicitude de Código Provisional de Activación

2. Unha vez cuberta tes que enviala acompañada dunha copia do DNI ou NIE ao correo electrónico: ccoordinador.xuventude@xunta.gal

Instrucións para activar a conta de usuario e escoller o contrasinal persoal: Pincha aqui.

Necesitas axuda para cubrir o formulario de inscrición?
Se xa tes creada a túa sesión de usuario e necesitas axudas para cubrir o formulario de inscrición contacta co noso Servicio de Información Xuvenil no correo electrónico: ccoordinador.xuventude@xunta.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario