venres, 29 de marzo de 2019

OFERTA EMPREGO PÚBLICA. MURAS

O Concello de Muras, dentro da súa oferta de emprego público para o ano 2019, inclúe unha praza de traballadora social.

👇
https://bit.ly/2FBgjho

OFERTA EMPREGO PRIVADA. ABADÍN


Resultado de imagen de albergue xistral


TRABALLADOR/A ALBERGUE. No Xistral buscamos a alguén que queira traballar no albergue.

CANDO: Dende o 15 de abril ao 15 de setembro, xornada completa (1200€). 

PRECAUCIÓN: Aviso que o traballo nun albergue en verán é difícil, limpiar, facer camas, volver a limpiar, facer máis camas, volver a limpiar, cociñar e atender os peregrinos. Ah e tamén limpiar, facer moitas mais camas.

CONTACTO
Se a alguén lle interesa que me contacte a través de gmail.
http://albergueoxistral.com/
albergueoxistral@gmail.com

OFERTA EMPREGO PRIVADA. O VICEDO

OFERTA EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO (34 HORAS/SEMANA)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (34 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 22 de abril, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición iniciase o próximo día 29 de marzo e remata o 08 de abril de 2019. A selección realizarase o día 09 de abril de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.


Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

xoves, 28 de marzo de 2019

FORMACIÓN SANITARIA GRATUITA BURELA


OFERTA EMPREGO PRIVADA. ZONA OUROL-VIVEIRO

Maderas Argimiro SL
Búscase:
-Operario para autocargador forestal
-Chófer de camión para transporte de madeira 

Teléfono de contacto: JUAN 689555999

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VIVEIRO

PROGRAMA POBOS ABANDONADOS. XUVENTUDE

Recuperación e Utilización Educativa de Vilas Abandonadas. 27 Mar 2019

O Ministerio de Educación convoca o programa "Recuperación e utilización educativa de vilas abandonadas" de Búbal (Huesca), Granadilla (Cáceres) e Umbralejo (Guadalaxara).

Quen pode participar?. Alumnos de centros docentes españois que cursen:
3º e 4º de ESO
Formación Profesional Básica
Ciclos formativos de Grao Medio de Formación Profesional
Ciclos formativos de Grao Medio de Ensinanzas Artísticos
Bacharelato

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de abril de 2019

Máis información no BOE dO 27 de marzo de 2019 e en:
http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares.html

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VIVEIRO


Necesítase dependenta de tenda en Viveiro a xornada completa.

Enviar Curriculums ao seguinte email: gerencia@viveirocentro.com

Tamén se pode entregar nas nosas oficinas (Rúa Diaz Freijo, nº3, Bj).

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VIVEIRO

La imagen puede contener: texto

La imagen puede contener: texto

OFERTAS SERVIZO EMPREGO PÚBLICO 28.03.2019





EMPREGADOS DE FOGAR (INTERNOS) AS PONTES
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/3165
DETALLES: empregado/a do fogar con dispoñibilidade para interno/a.
MEDIO DE CONTACTO:
012
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.


PANADEIROS. AS PONTES
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/3072
DETALLES: Panadeiro/a para traballo no obradoiro, requírese experiencia en posto similar.
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 881881493
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.


TÉCNICOS EN SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO, EN XERAL. FENE
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/3079
DETALLES: PRECÍSANSE TÉCNICOS EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS PARA OBRA DE CONSTRUCCIÓN DE PEZAS PARA EÓLICA MARINA. TAREFAS: IMPLANTACIÓN DO SISTEMA DE XESTIÓN DA EMPRESA, INSPECCIÓNS DE SEGURIDADE, ELABORACIÓN DE PLANS DE SEGURIDADE E PROCEDEMENTOS DE TRABALLO, SUPERVISIÓN E REVISIÓN DE DOCUMENTACIÓN DE PREVENCIÓN, ...ASÍ COMO PARA A VIXILANCIA A PÉ DE OBRA DAS CONDICIÓNS DE SEGURIDADE. TITULACIÓN: CICLO SUPERIOR EN PREVENCIÓN DE RISCOS PROFESIONAIS OU ENXEÑERÍA INDUSTRIAL / ENXEÑERÍA TÉCNICA INDUSTRIAL CON MÁSTER EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS. COÑECEMENTOS DE INGLÉS (MEDIO-ALTO). CONTRATO DUN ANO A XORNADA COMPLETA. DISPOÑIBILIDADE PARA TRABALLAR EN HORARIO NOCTURNO E FÍNS DE SEMANA OU FESTIVOS
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 881930253
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.


APLICADORES DE PRAGUICIDAS. LUGO
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/3081
DETALLES: APLICADOR DE PRAGUICIDAS PARA A ELIMINACIÓN DA VESPA VELUTINA -/- CARNÉ DE APLICADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS OU BIOCIDAS -/- CARNÉ DE CONDUCIR
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 982828648 - 982828645
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.


mércores, 27 de marzo de 2019

OFERTAS DE EMPREGO PRIVADO. VILALBA-AS PONTES-VIVEIRO

OFERTAS DE EMPREGO INFOJOBS

Director/a Nova Axencia de Prevención. Viveiro
Estudos mínimos: Diplomatura - Relaciones Laborais
Experiencia mínima: Non Requirida
Imprescindible residente en Provincia Posto Vacante

Soldadores. Viveiro
Estudos mínimos: Formación Profesional Grao Medio
Experiencia mínima: Polo menos 1 ano
Imprescindible residente en: Provincia Posto Vacante
Coñecementos necesarios: Aluminio
Requisitos mínimos: Coñecementos e experiencia en soldadura
-Domicilio en zona da oferta de traballo ou arredores
-Incorporación inmediata

Pintor con experiencia. Vilalba
Necesítase pintor profesional con experiencia.
Traballos en interiores e fachadas.
Valorarase a formación.
Tamén se valora que saiba colocar  pladur.

Responsable de contabilidade e fiscal. As Pontes
Formación en empresariais, ADE ou económicas.
Dispoñibilidade para traballar a xornada completa
Alta especialización en contabilidade, normas fiscais
Ofimática, manexo  excel
Requisitos desexados: Valorarase coñecemento de inglés.
Serviguide selecciona para importante empresa de mecanizado a un/a responsable de administración.
A persoa seleccionada asumirá as seguintes responsabilidades:
- Dirección e supervisión na área de contabilidade: comunicación co  SII, mantemento de rexistros contables(especial relevancia área provedores e acredores) , contabilidade xeral, peches mensuais, elaboración e revisión de balances e contas perdas e ganancias consolidadas, confección de orzamentos.
- Área fiscal: Elaboración, revisión, supervisión e presentación de impostos
- Área financeira: Cadres bancarios,emisión e control de pagos e  cobros, conciliación
- Xestión do departamento: 3 persoas a cargo.
- Coordinación con outros departamentos: departamento de compras, oficina técnica, departamento de calidade.
- Contactos externos con provedores, clientes, asesores..
https://www.infojobs.net/as-pontes-de-garcia-rodriguez/responsable-contabilidad-fiscal/of-idb13ec52bf40a7afa680f7294c6f68?applicationOrigin=search-new

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CODIX (COMPETENCIAS DIXITAIS DA XUNTA DE GALICIA) !!!!!!!

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abrirá o xoves 28 de marzo o prazo de inscrición nas probas libres de avaliación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. 
Así se recolle na convocatoria enviada ao Diario Oficial de Galicia e que sairá publicada previsiblemente o mercores 27 de marzo, con preto de 600 prazas en diversas localidades de Galicia

Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios (cursos, academias, autoformación, etc), xa posúe os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.
A inscrición poderá realizarase por internet a través dunha nova publicada na nosa web (https://cemit.xunta.gal) a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no DOG, é dicir, dende o xoves 28 de marzo ata o xoves seguinte, 4 de abril inclusive, sendo necesario estar dado de alta como usuario/a da rede CeMIT para formalizar á mesma.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición, realizarase o sorteo público de extración das letras dos apelidos para a establecer a prelación por orde alfabética e se publicará a relación provisional de persoas admitidas con dereito a matriculación na páxina web da rede CeMIT, así como un número axeitado de reservas naquelas localidades que teñan mais solicitudes que prazas dispoñibles.

As persoas admitidas recibirán un correo electrónico coas instrucións necesarias para a súa matriculación: deberán aboar no prazo de cinco días hábiles desde a data da publicación na web da relación provisional a taxa de 10,37 euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aquelas persoas aspirantes que non aboen a citada taxa ou non xustifiquen a exención da mesma por estar inscrito como demandante de emprego ou ter unha minusvalía do 33% ou superior.

Os adiantamos os lugares, días e horas de realización das probas, donde poderedes inscribiros a partir do xoves 28 de marzo nos enlaces que habilitaremos enriba no nome de cada localidade.

É importante resaltar que soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídos os que figuren inscritos en máis dunha localidade ou horario.

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA

DOCENTE CERTIFICADO PROFESIONALIDADE ( COML0209) ORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN

VILALBA  MAÑÁ A NEGOCIAR

DESCRICIÓN

En ESTUDOS  RAFER buscamos docente para impartir en Lugo certificado de profesionalidade ( COML0209) ORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN de maio a agosto de 2019 en horario de 9 a 14 horas.

Posto: DOCENTE CERTIFICADO PROFESIONALIDADE ( COML0209) ORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN
REQUISITOS MÍNIMOS

- Licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou o titulo de grao correspondente ou outros títulos equivalentes. 
- Diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico ou o titulo de grao correspondente ou outros títulos equivalentes. 
Técnico Superior en Xestión do Transporte ou título equivalente. 
Certificados de profesionalidade de nivel 3 da área profesional de Loxística comercial e xestión do transporte da familia profesional de Comercio e márketing 
- Acreditar Experiencia profesional de polo menos 1 ano no sector 
- Competencia Docente:  CAP, Docencia da Formación Profesional para o Emprego, Máster do Profesorado

LISTAS CONTRATACIÓN XUNTA

APERTURA DE LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA PARA XEROCULTOR E PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS

No DOG do 18/03/2019, a Xunta de Galicia abre o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega para cubrir postos de traballo nas categorías profesionais de xerocultor/ra e persoal de servizos xerais . O prazo permanecerá aberto ata o próximo 30 de abril.

Todos aquelas persoas interesadas en apuntarse nestas listas deberán presentar instancia, que se pode descargar da páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), no apartado de "Listas de contratación". Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nestas listas e noutras bolsas abertas para o nomeamento de funcionarios interinos e para contratación de persoal laboral temporal, que a Xunta utiliza para cubrir vacantes, facer relevos, etc.

CONVOCATORIA PROBAS CELGA

Secretaría Xeral de Política Lingüística. 
Convocan das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4. Mais información no seguinte enlace: https://bit.ly/2CAZQsU

Obxecto: convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de língua galega Celga 1,2,3 e 4.
Destinatarios: Maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano 2019.
Datas das probas: en xuño de 2019.
Localidades: Santiago de Compostela (niveis 1,2,3 e 4) e Ponferrada (niveis 2,3 e 4)
Os lugares e horarios se publicarán coa listaxe definitiva de persoas admitidas.
Inscripción: anexo I; xustificante de aboamento de taxas; certificado de discapacidade de ser o caso.
Taxa:16,19 euros. Mediante impreso de autoliquidación.(Excepto persoas con discapacidade recoñecida igual ou maior ao 33%, que estarán exentas). O pago das taxas deberá realizarse dentro do prazo de presentación de solicitudes.
Prazo: ata o 25/04/2019
Destacar: non se admite o ingreso da taxa fóra de prazo. As persoas excluídas terán dous meses para solicitar a devolución da taxa ingresada, a partir da publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas.
Duración das probas:

Celga 1
Escrita: 2 horas
Oral: 10 minutos

Celga 2
Escrita: 2 horas
Oral: 10 minutos

Celga 3
Escrita: 2 horas e media
Oral: 15 minutos

Celga 4
Escrita: 3 horas
Oral: 15 minutos


Máis información no DOG do 25 de marzo de 2019:https://www.xunta.gal/dog

martes, 26 de marzo de 2019

POSTOS VACANTES BEN EMPREGADO

BEN EMPREGADO. LUGO

Perfís que quedaron desertos da Liña 1.Adentro do Programa Ben Empregado IV 

Os candidatos poderán inscribirse nas diferentes ofertas a través da Axencia de Colocación da Deputación Provincial de Lugo.(https://deputacionlugo.portalemp.com/

O Prazo de presentación de solicitudes comeza o día 26 de marzo de 2019 e remata o día 01 de abril de 2019.

OFERTA EMPREGO PRIVADA. MARIÑA

luns, 25 de marzo de 2019

CURSO PATRIMONIO CULTURAL. EGAP

O patrimonio cultural como instrumento de desenvolvemento sustentable e de relevancia turística 22 Mar 2019

A Escola Galega de Administración Pública convoca o curso monográfico O patrimonio cultural como instrumento de desenvolvemento sustentable e de relevancia turística.
Duración: 12 horas lectivas.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: 4 e 5 de abril de 2019.
Horario: 4 de abril, mañá e tarde; 5 de abril, mañá.
Número de prazas: limitado pola capacidade do local.
O prazo para a inscrición estará aberto ata o día 31 de marzo de 2019.

Máis información no DOG do 22 de marzo de 2019 e en https://egap.xunta.gal

OFERTAS SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO. 25.03.2019




INSTALADORES ELECTRICISTAS, EN XERAL. VILALBA
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/2965
DETALLES: DESEMPREGADO.CON CARNÉ DE CONDUCIR B XORNADA PARCIAL
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 982828911
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.


CONDUTORES DE CAMIÓN, EN XERAL. VILALBA
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/2966
DETALLES: DESEMPREGADO. CON MINUSVALÍA RECOÑECIDA. CAP VIXENTE CO CARNÉ DE CONDUCIR C E
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 982828911
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.


SOLDADORES POR TIG. AS PONTES
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/2971
DETALLES:
Soldador homologado de tubería de aceiro alado. Oficial de primeira con 6 meses de experiencia.
MEDIO DE CONTACTO:
012
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.


ALBANEIS. AS PONTES
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/3021
DETALLES:
Albanel para colocación de bloque en obra. Requírese o curso de P.R.L de 60 horas.
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 881881493
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.



AXUDAS ASOCIACIÓNS DE MULLERES

Axudas ao asociacionismo e a participación das mulleres. 22 Mar 2019


A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas económicas en favor das asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas, a través das seguintes liñas:

- Liña 1: consolidación do movemento asociativo, para compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.
- Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Requisitos:
- Ter domicilio social en Galicia.
- Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
- Ter presentada a memoria de actividades (relativa a actuacións de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia contra as mulleres), con anterioridade a que remate o prazo de presentación de solicitudes
- Os fins e obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuír a promover a igualdade entre homes e mulleres e a potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social. 
- As mulleres socias deben representar, polo menos, o 90 % da totalidade das persoas asociadas, tanto no caso das asociacións como das federacións.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de abril de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SI437A
Máis información no DOG do 22 de marrzo de 2019 e en http://igualdade.xunta.es

BOLSAS DE IDIOMAS EN IRLANDA

7ª convocatoria de Bolsas de Eurolingua para Irlanda. 18 Mar 2019

Eurolingua é unha empresa privada dedicada a organizar cursos de idiomas en Irlanda.

Eurolingua abre o prazo de solicitude da 7ª convocatoria de 20 bolsas para Irlanda.

Que inclúen as bolsas?
Cursos de 2 semanas en Irlanda.
20 Clases semanais.
Aloxamento en residencia ou familia.
Actividades, excursións e visitas complementarias
Certificado de aproveitamento expedido polo colexion.

Non inclue o prezo do billete de avión. Si inclue os traslados dende o aeroporto ata o aloxamento.

Requisitos:
Idade. Nacer con anterioridade ao 31 de decembro de 2004.
Nacionalidade. Ter nacionalidade de calquera país da UE.
Estudos. Estar matriculado/a no presente curso escolar 2018-19 nalgún destes estudos: Bacharelato, ESO, Formación Profesional ou Titulación Universitaria regulamentada (masters e doutorados incluidos) en calquera punto de España.
Media do expdediente académico de polo menos 6 puntos, aos que se aplicará o correspondente coeficiente corrector en función dos estudos.

O prazo de solicitude remata o día 17 de abril de 2019.

Máis información:

www.becaseurolingua.com

CURSO PREVENCIÓN DE RISCOS. EGAP

Curso de prevención de riscos laborais nivel básico. 22 Mar 2019

A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico.

O prazo de presentación de solicitudes será do 25 de marzo ao 3 de abril de 2019.
Modalidade: teleformación.

Duración: 60 horas edición.
Edicións: tres.

Datas: do 23 de abril ao 21 de xuño de 2019.
Proba final presencial: o día 21 de xuño ás 10.00 horas.
A proba final do curso realizarase de forma descentralizada nos centros territoriais do Issga nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e en Santiago de Compostela na sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas.

Prazas: 75 por edición.

Contido:
- Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
- Riscos xerais e a súa prevención.
- Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
- Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
- Primeiros auxilios.
- Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.

Máis información no DOG do 22 de marzo de 2019 e en https://egap.xunta.gal

OFERTAS EMPREGO PRIVADO. BARREIROS

Búscase GOBERNANTA a xornada completa para hotel de tempada (xuño-outubro) en Barreiros. IMPRESCINDIBLE: Aptitudes para a xestión de equipos, experiencia previa de camareiro/a de pisos, boa actitude e dotes para o trato cos clientes. [Enviar  curriculum por email a rrhhhoteltemporada@gmail.  com (sen espazos) indicando -CV Gobernanta- no asunto]

Búscase recepcionista para hotel de tempada (xuño-outubro) en  barreiros. imprescindible: nivel alto de inglés, dotes de comunicación e boa actitude. recomendable: estudos relacionados. experiencia previa de polo menos 6 meses. italiano/alemán ou outros idiomas. coñecementos de ofimática ( excel,  word e  outlook) e de sistemas propios de xestión hostaleira. [Enviar  curriculum por email a rrhhhoteltemporada@gmail.  com (sen espazos) indicando -CV Recepcionista- no asunto]

OFERTA EMPREGO PRIVADO. ITINERANTE


La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie y comida

Galipizza busca persoa con carné de conducir e coñecementos de cociña 👦👧

Queres pasar un verán diferente?
Gústache a vida nómada?
Disfrutar de festas, feiras, bodas, festivais por diversas zonas de Galiza e ao mesmo tempo gañar uns cartiños?
Queres traballar con nos e ir ao Resurretion Fest, á Romaría do Naseiro, a bodas ou Feiras de Alimentación?
Tes Carné de conducir e coñecementos básicos de Cociña???

Pois envíanos o teu currículo a personal@galipizza.com con asunto FOODTRUCK e forma parte da Familia Galipizza.

LISTAS XUNTA DE GALICIA


No DOG do 18/03/2019, a Xunta de Galicia abre o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega para cubrir postos de traballo nas categorías profesionais de xerocultor/ra e persoal de servizos xerais . O prazo permanecerá aberto ata o próximo 30 de abril.

Todos aquelas persoas interesadas en apuntarse nestas listas deberán presentar instancia, que se pode descargar da páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), no apartado de "Listas de contratación". Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nestas listas e noutras bolsas abertas para o nomeamento de funcionarios interinos e para contratación de persoal laboral temporal, que a Xunta utiliza para cubrir vacantes, facer relevos, etc.

mércores, 20 de marzo de 2019

AXUDAS A GALEGOS NO EXTERIOR

VIPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa Reencontros na casa para persoas residentes no exterior durante o ano 2019 (código de procedemento PR926A).

Esta Resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas correspondentes ao programa Reencontros na casa para o ano 2019, orientado a promover o contacto das persoas galegas residentes no exterior coa súa terra e coas súas familias, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

As axudas consistirán no financiamento parcial do custo da viaxe desde os seu países de residencia ata Galicia e de retorno ao dito país das persoas emigrantes galegas que carezan de recursos.

Poderán se beneficiarias deste programa aquelas persoas que sean emigrantes galegas, teñan nacionalidade española, residan en América de xeito continuado, como mínimo, durante os últimos 10 anos, teñan cando menos 65 anos de idade e non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes a Galicia.

O prazo de presentación das solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia.

OFERTA: MONITOR EN XUVENCIENCIA

Inscríbete antes do 1 de abril para ser monitor/a en XuvenCiencia

18/03/2019





O Campus de Verán XuvenCiencia é unha actividade de divulgación científica destinada ao alumnado de 4º da ESO e de Bacharelato que ofrece a oportunidade de descubrir diferentes ramas das ciencias e da tecnoloxía.

Este proxecto conta cun equipo de monitores e monitoras voluntarias que acompañan ao alumnado preuniversitario durante as actividades, dan apoio nos obradoiros e proxectos científicos, colaboran na loxística e na creación de material audiovisual, e aprenden a realizar novas actividades de forma lúdica e divertida. Na propia web podes ver as actividades das edicións anteriores do Campus de Verán XuvenCiencia

A participación no Monitorado Científico implica un compromiso activo do alumnado universitario que axuda a descubrir as vocacións científicas entre o alumnado pre-universitario.

Buscamos persoas con inquedanzas nas áreas científico-técnicas ou científico-sociais, que cursen estudos de Grao, Máster, Doutoramento ou de Formación Profesional, dispostas a implicarse coa organización do Campus de Verán que se celebra do 1 ao 5 de xullo en Lugo.

Darase prioridade ao alumnado con maior interese, á afinidade cos estudos cursados, a dispoñibilidade nas datas sinaladas, ter experiencia como “xuvencientífico/a” ou como voluntario/a en edicións anteriores.

O alumnado que forme parte do Monitorado Científico contará coa cobertura da póliza de seguro de voluntariado, o aloxamento e a manutención durante os días de actividade e ao finalizar recibirá o certificado de participación na VII edición do Campus de Verán Xuvenciencia.

A xornada de formación presencial terá lugar no Campus de Lugo nunha única data das citadas a continuación:


Opción a: venres 12 de abril de 18.00 a 20.30 horas e sábado 13 de 9.00 a 14.00 horas
Opción b: sábado 6 de abril de 9.00 a 18.30 horas
Opción c: sábado 27 de abril de 9.00 a 18.30 horas



A formación presencial é de carácter obrigatorio polo que o alumnado que non acuda pasará a formar parte da lista de reserva. No formulario de pre-inscrición deberá indicarse a dispoñibilidade para cada unha das datas posibles.

O alumnado que cursa estudos de grao pode solicitar recoñecemento académico con créditos optativos pola súa participación no Monitorado Científico do Campus de Verán XuvenCiencia. O recoñecemento académico das actividades desenvolvidas no programa de voluntariado complétase con dez horas formación non presencial. No primeiro crédito compútanse as horas de formación e de participación nas actividades. A partir do segundo recoñecerase 1 crédito optativo por cada vinte cinco horas de colaboración. De ter realizado o Curso en liña de iniciación ao voluntariado e a cooperación (USC) terase validada a formación obrigatoria e o cómputo de horas será o de 1 ECTS por cada vinte cinco horas.

O Campus de Verán XuvenCiencia de Lugo é unha actividade divulgativa promovida e organizada polo Grupo XuvenCiencia da USC, que ofrece a oportunidade ter un contacto directo con diversas ramas das ciencias e da tecnoloxía. Esta iniciativa está coordinada pola profesora da Facultade de Ciencias en Lugo Mercedes Novo Rodríguez, e desenvolvida en colaboración co profesorado de diversas especialidades das cinco grandes áreas de coñecemento. A súa finalidade é espertar o interese polas vocacións científicas entre o alumnado de últimos cursos de secundaria e bacharelato.
Prazos

A pre-inscrición debe realizarse antes do 1 de abril a través do formulario de inscrición Monitorado científico.

A data definitiva da sesión de formación presencial en Lugo publicarase o 3 de abril na páxina do SEPIU e na do Campus de Verán de XuvenCiencia.

O prazo de entrega das tarefas de recoñecemento académico remata o 14 de xuño, excepto a memoria que se entregará ao finalizar o Campus de Verán.

Pre-inscrición

Se tes algunha dúbida coa pre-inscrición podes consultala contactando con sepiu.lugo@usc.es

Formulario Monitorado Científico Campus de Verán XuvenCiencia
Documentación

O alumnado que resulte seleccionado para participar no monitorado do Campus de Verán XuvenCiencia deberá entregar durante a xornada presencial en abril a documentación para formalizar a inscrición.

Documentación necesaria:

Documento de identidade (DNI, NIE ou pasaporte)
Foto de carné
Copia da matrícula no caso de estar cursando estudos alleos á USC
Certificado de carencia de delitos de natureza sexual, obrigatorio ao tratarse dun programa con menores. Acceso para a súa tramitación electrónica
Información

SEPIU Servizo de Participación e Integración Universitaria

Servizos Centrais do Campus de Lugo. Edificio Biblioteca Intercentros

Teléfono: 982 823 594
Correo electrónico: sepiu.lugo@usc.es

OFERTA EMPREGO PÚBLICA. O VICEDO

OFERTA DE EMPREGO LIMPADORA A XORNADA COMPLETA

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR/A a xornada completa, por un período de 6 meses.

O prazo de inscrición comenza o próximo día 18 e remata o día 27 de marzo de 2019, realizándose o proceso de selección o día 28 de marzo partir das 10:30 horas, na casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

OFERTA EMPREGO PÚBLICA. O VICEDO

OFERTA DE EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (20 HORAS SEMANA)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 8 de abril, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición iniciase o próximo día 18 de marzo e remata o 27 de marzo de 2019. A selección realizarase o día 28 de marzo de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.


Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

sábado, 16 de marzo de 2019

CURSOS DE VERÁN DE LINGUA GALEGA

XXXII Cursos de verán de lingua e cultura galegas

Galego sen fronteiras. Cursos de galego destinados a persoas de fóra de Galicia
Niveis: elemental, medio e superior
Datas: 2-24 de xullo de 2019

Para inscribirse nos cursos unicamente se require ter cumpridos 18 anos e enviar a ficha de inscrición á secretaría dos cursos.
O prazo para a recepción das solicitudes estará aberto ata o 5 de abril de 2019.
O enderezo electrónico ao que hai que dirixir a inscrición é: cursos@academia.gal

Bolsas: A organización ofrece 48 bolsas por un importe de 350€ para persoas residentes fóra de Galicia e 4 bolsas de 500€ reservadas para persoas procedentes de América Latina; nos dous casos haberá exención de pagamento de matrícula. E, ademais, 10 bolsas que eximen do pagamento da matrícula, mais que carecen doutra retribución económica.

LER O PDF!!! VEÑEN OS REQUISITOS E HAI QUE PAGAR UNHA MATRÍCULA DE 150€
http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1652211&name=DLFE-19035.pdf

AXUDAS A EMPRENDEDORES/AS





O prazo para inscribirse está aberto ata o 25 de marzo. 
Para ampliar información: http://esconecta.com/aceleradora-usc/

venres, 15 de marzo de 2019

OFERTAS SERVIZO EMPREGO PÚBLICO 15.03.2019





TRABALLADORES DE GRANXA CINEXÉTICA. AS PONTES
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/2706
DETALLES: Criador/a para granxa.
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 881881493
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.


AUXILIARES DE ENFERMERÍA. VILALBA
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/2570
DETALLES: EXPERIENCIA MÍNIMO 12 MESES CO CARNÉ DE CONDUCIR B FORMACIÓN PROFESIONAL AUXILIAR CLÍNICA
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 982828911
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.


VETERINARIO/A AS PONTES
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/2533
DETALLES: Veterinario/a para labores de cria en granxa.
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 881881493
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.


PEÓNS DE OBRAS PUBLICAS. VILALBA
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/2378
DETALLES: DESEMPREGADO. PEON PARA REPARACION DE CARRETEIRAS. VALORARAXE QUE SEPA MANEXAR UN PISÓN.
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 982828910
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.


XEFE/A DE TRÁFICO EN EMPRESAS DE TRANSPORTE. AS PONTES
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/2332
DETALLES: Xefe de tráfico en empresa de transportes. Experiencia mínima de 12 meses en posto similar. Ofrécese contrato dun ano a xornada completa.
MEDIO DE CONTACTO: 012
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.



OFERTA EMPREGO PRIVADA. FERROL

Búscase para Ferrol Licenciado en económicas, empresariais ou similar con experiencia en facturación, contabilidade e costes. Valorarase coñecementos en xestión de residuos. Interesados enviar o CV a ntoca@toysal.com

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VILALBA

COLORÍN-COLORADO DE VILALBA BUSCA MONITORES/AS 😎


Ampliamos o noso equipo de monitor@s para a tempada de verán. 
¿Queres formar parte de  Colorín Colorado? 

- Monit@ r de tempo libre 
-Boa actitude ante o traballo 

Traballo todo o verán. 
Boa remuneración. 
👉Envía o teu  cv a: colorincoloradopartedetucuento@gmail.com

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA

EMPRESA: DEMAQ GALICIA S.L

ENXEÑEIRO /A VILALBA

DESCRICIÓN:
Importante empresa do sector de fabricación de maquinaria busca para incorporar ao seu persoal un enxeñeiro /a. 
Entre as súas funcións, atópanse a de elaboración de manuais de uso de maquinaria, así como traballos de documentación e de apoio a Oficina Técnica. 
Imprescindible poder comezar por BOLSA. 
Perspectivas de posto a longo prazo. 
Imprescindible residencia na zona.

Posto: ENXEÑEIRO /A

REQUISITOS MÍNIMOS: Posibilidade de Bolsa e residencia na zona.

EXPERIENCIA MÍNIMA: Sen experiencia

ESTUDOS MÍNIMOS: Grao en Enxeñería

👇
https://www.galejobs.com/oferta/ingeniero-a_4837

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VILALBA

EMPRESA: DEMAQ GALICIA S.L

PINTOR /A INDUSTRIAL
VILALBA INDIFERENTE A NEGOCIAR

DESCRICIÓN

Importante empresa de fabricación de maquinaria, situada no Polígono de Vilalba, busca incorporar ao seu persoal un pintor /a industrial ou de automoción. Traballo de luns a venres. Remuneración segundo Convenio.

Posto: PINTOR /A 
REQUISITOS MÍNIMOS: Residencia na zona.
REQUISITOS  DESEXADOS: Residencia na zona.
EXPERIENCIA MÍNIMA: Valorable
ESTUDOS MÍNIMOS: FP

mércores, 13 de marzo de 2019

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. NARÓN

CONVOCATORIA DO CONCELLO DE NARÓN PARA PROVER VARIAS PRAZAS

  1. TRABALLADOR/A SOCIAL
  2. AUXILIAR ADMINISTRATIVO
  3. CONSERXE TURNO DISCAPACIDADE

Convocatoria: https://bit.ly/2NXtvBe
Solicitudes: prazo ata o 1 de abril

PROCESOS SELECTIVOS XUNTA DE GALICIA

205 prazas de subalterno da Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia convoca un proceso selectivo para 205 prazas da agrupación profesional de persoal funcionario subalterno.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de abril de 2019.
As solicitudes deben tramitarse en https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos
Máis información no DOG do 11 de marzo de 2019 en https://www.xunta.gal/funcion-publica/


Ordenanzas da Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia convoca un proceso selectivo para 3 prazas da categoría de ordenanza de persoal laboral fixo.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de abril de 2019.
As solicitudes deben tramitarse en https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos
Máis información no DOG do 11 de marzo de 2019 en https://www.xunta.gal/funcion-publica/

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. XERMADE

¡¡¡¡¡¡BASES PARA A FORMACIÓN DE BOLSAS DE EMPREGO DE PEÓNS DE PROTECCIÓN E MANTEMENTO DOS ESPAZOS NATURAIS NO CONCELLO DE XERMADE!!!!!!

Convocatoria: https://bit.ly/2TMj3ly
Solicitudes: prazo ata o 14 de marzo

CURSO DE FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS LUGO


Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) está a organizar o Curso ‘Emprego Verde nas Reservas de Biosfera: Recursos do Territorio e Ferramentas para a súa Posta en Valor’ (edición Lugo), co apoio da Fundación Biodiversidad a través do programa EmpleaVerde, que terá lugar do 18 de marzo ao 12 de abril na Escola Politécnica Superior de Lugo. (CURSO PRESENCIAL)

A actividade, dirixida a desempregados/as inscritos/as no servizo de demandantes de emprego de Galicia, pretende facilitar o coñecemento do patrimonio natural e cultural das diferentes Reservas de Biosfera galegas, capacitar na adquisición de ferramentas básicas de educación e interpretación ambiental para a posta en valor dos recursos naturais e patrimoniais, así como dar a coñecer o potencial das Reservas de Biosfera para a produción agroalimentaria sostible e a creación do emprego verde.

A inscrición é gratuíta pero as prazas son limitadas.


PARA consultar o programa completo e realizar a inscrición en:
http://www.ceida.org/gl/formacion-gl/emprego-verde-nas-reservas-de-biosfera-recursos-do-territorio-e-ferramentas-para-a-0



OFERTA EMPREGO PÚBLICA. FOZ

Oferta de emprego: EMPREGADO/A DE FOGAR

Centro de traballo: Foz (Lugo).

Necesítase un empregado/a para o coidado dunha persoa no seu propio domicilio, durante un mes (desde o 27 de marzo ao 27 de abril de 2019).

Soldo segundo normativa vixente.

Se estás interesado nesta vacante envíanos o teu CV ao email: laboral1@3 aconsult. com

OFERTA EMPREGO PÚBLICA. AS PONTES

Concello das Pontes de Gª. Rodríguez.- Convocatoria para a selección de

1 TÉCNICO/A DE PROSPECCIÓN E INSERCIÓN LABORAL

Prazo de presentación de instancias: ata o 20 de marzo de 2019

http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2019/03/12/2019_0000001830.pdf?fbclid=IwAR0jpSe2FlP7zCibkQrs3M3IQbIPdngErSNPkDkjZKPo5_Gnshy2HqJ5dOo

OFERTA EMPREGO PRIVADA. LUGO




OFERTA FORMADOR/A

Seleccionamos profesional con titulación de Enfermaría ou Auxiliar de Enfermaría, con experiencia profesional ou formación en Saúde Mental e docencia ocupacional, para curso de AUXILIAR DE PSIQUIATRÍA, do 6 de maio ao 12 de agosto, en horario de tarde - tres horas, de luns a venres - no Centro Penal de Monterroso (Lugo).


Valórase: Experiencia docente.


Recepción de CV ata as 14:00 horas do 25 de marzo, exclusivamente via email: itinere@fundacionerguete.org

NOVEDADES BOE. SUBSIDIO POR DESEMPREGO DE MAIORES DE 52 ANOS

O BOE publica hoxe, 12 de marzo de 2019, entre outras cuestións, a recuperación do SUBSIDO POR DESEMPREGO DE MAIORES DE 52 ANOS.
Real Decreto-lei 8/2019, de 8 de marzo, de medidas urxentes de protección social e de loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo.

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO

OFERTA DE EMPREGO LIMPADOR/A XORNADA PARCIAL

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPIADOR/A a xornada parcial (70%), por un período de 6 meses.
O prazo de inscrición iniciase mañá día 8 de marzo e remata ás 9:30 horas do próximo día 18 de marzo de 2019, realizándose o proceso de selección ese mesmo día 18 de marzo partir das 10:00 horas na casa do concello.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO

SELECCIÓN AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO PARA CUBRIR VACACIÓNS

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunhaAUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO (para cubrir vacacións).

O prazo de inscrición iniciase o día 7 de marzo e remata o próximo día 14 de marzo de 2019, realizándose o proceso de selección o día 15 de marzo partir das 10:00 horas na casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

luns, 11 de marzo de 2019

PLANTILLAS CURRICULUM VITAE

Na seguinte páxina web poderedes atopar plantillas para descargar de curriculums, mais modernos e mais visuais. Recursos para mellorar a nosa empregabilidade.

👇
https://orientacion-laboral.infojobs.net/plantillas-de-curriculum-gratuitas?fbclid=IwAR26OTdyzMhkO271aIh4Rom4fmd-f5g42fp_MsHgDy_YDwLz_BWEuNQuevA

CURSO CELGA 3 EN LIÑA


O curso Celga 3 en liña que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha por primeira vez en 2019 vénse sumar aos cursos a distancia preparatorios para as probas de nivel Celga 1 e Celga 4 xa existentes, co fin de facilitar o acceso á formación en lingua galega da poboación adulta sexa cal for o lugar onde viva e a ocupación e horario que teña


Os obxectivos e contidos do curso Celga 3 en liña correspóndense cos do nivel B2 do Marco europeo común de referencia para as linguas. Para alcanzar este nivel, o curso emprega textos, vídeos e audios en diferentes tipos de actividades prácticas, de acordo coa pedagoxía construtivista social que o guía e que implica a colaboración, o papel activo do discente e a reflexión crítica.


A través dunha interface de navegación sinxela, lixeira, eficiente e intuitiva, o alumnado accede a unha das 8 unides do curso, cada unha delas dividida en catro bloques:
Comprender
Explorar e reflectir
Practicar e comunicar
Viaxar

Nestes bloques, o alumnado atopará actividades tipo consulta, tarefa, diálogo, chat, foro, glosario, wiki, cuestionario ou reunión, entre outras posibilidades.


As unidades, organizadas arredor dunha tarefa principal, son as seguintes:
Unidade 1: De deseño. Trabállase sobre o deseño un obxecto que solucione un problema da vida cotiá
Unidade 2: Misterios e enigmas. Xira arredor dun debate entre esotéricos e científicos.
Unidade 3: Boas novas. O curso convértese na redacción dun medio de comunicación.
Unidade 4: Eu faríao se... Cómpre decidir que compañeiros poden participar nun reality show.
Unidade 5: E que che dixo? O alumno ou alumna terá que tomar partido nun conflito entre dúas persoas.
Unidade 6: Só ou acompañado? Nesta unidade, determinaranse as calidades da parella ideal de cadaquén.
Unidade 7: Como non o sabía... O alumnado deberá xulgar algunhas decisións e as súas consecuencias.
Unidade 8: Escollas O curso péchase cunha unidade centrada nas consecuencias das escollas na nosa vida.
Facilidades para o profesorado

O curso Celga 3 en liña presenta diferentes funcionalidades que lle facilitan a cada titor ou titora a edición e a adaptación a diferentes formatos organizativos. En canto á avaliación, crea un rexistro completo dos accesos de cada usuario e dispón de informes da actividade de cada estudante, con gráficos e detalles sobre o seu paso por cada módulo (último acceso, número de veces que o leu...) así como tamén unha detallada historia da participación de cada estudante, incluíndo mensaxes enviadas, entre outras funcionalidades. En todo caso, o profesorado ten a capacidade de definir as súas propias escalas para cualificar.

Os cursos pódense empaquetar nun único ficheiro zip utilizando a función Copia de seguridade, de maneira que a dita copia poida ser restaurada en calquera servidor.
Requisitos técnicos para acceder ao curso


As persoas que desexen participar nun destes cursos de teleformación deben dispoñer do seguinte equipamento informático:
Un ordenador con conexión a Internet
Conta de correo electrónico (que deberá coincidir coa sinalada na solicitude de participación)
Micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz
Ligazóns relacionadas 


Plataforma de teleformación. Acceso ao curso
Convocatoria de cursos 2019
Plan de formación en lingua galega 2019


OFERTA EMPREGO PRIVADA. AS PONTES

Necesitase para colocación de bloques de formigón, oficial de 2ª ou de 1ª da construcción.

Imprescindible curso en altura de 6 horas e curso PRL de 60 hroas da construcción ou equivalentes. 

CONTACTO:
reformasedirte@gmail.com
Teléfono: 605275606
Eduardo