mércores, 27 de marzo de 2019

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CODIX (COMPETENCIAS DIXITAIS DA XUNTA DE GALICIA) !!!!!!!

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abrirá o xoves 28 de marzo o prazo de inscrición nas probas libres de avaliación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. 
Así se recolle na convocatoria enviada ao Diario Oficial de Galicia e que sairá publicada previsiblemente o mercores 27 de marzo, con preto de 600 prazas en diversas localidades de Galicia

Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios (cursos, academias, autoformación, etc), xa posúe os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.
A inscrición poderá realizarase por internet a través dunha nova publicada na nosa web (https://cemit.xunta.gal) a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no DOG, é dicir, dende o xoves 28 de marzo ata o xoves seguinte, 4 de abril inclusive, sendo necesario estar dado de alta como usuario/a da rede CeMIT para formalizar á mesma.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición, realizarase o sorteo público de extración das letras dos apelidos para a establecer a prelación por orde alfabética e se publicará a relación provisional de persoas admitidas con dereito a matriculación na páxina web da rede CeMIT, así como un número axeitado de reservas naquelas localidades que teñan mais solicitudes que prazas dispoñibles.

As persoas admitidas recibirán un correo electrónico coas instrucións necesarias para a súa matriculación: deberán aboar no prazo de cinco días hábiles desde a data da publicación na web da relación provisional a taxa de 10,37 euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aquelas persoas aspirantes que non aboen a citada taxa ou non xustifiquen a exención da mesma por estar inscrito como demandante de emprego ou ter unha minusvalía do 33% ou superior.

Os adiantamos os lugares, días e horas de realización das probas, donde poderedes inscribiros a partir do xoves 28 de marzo nos enlaces que habilitaremos enriba no nome de cada localidade.

É importante resaltar que soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídos os que figuren inscritos en máis dunha localidade ou horario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario