luns, 25 de marzo de 2019

CURSO PREVENCIÓN DE RISCOS. EGAP

Curso de prevención de riscos laborais nivel básico. 22 Mar 2019

A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico.

O prazo de presentación de solicitudes será do 25 de marzo ao 3 de abril de 2019.
Modalidade: teleformación.

Duración: 60 horas edición.
Edicións: tres.

Datas: do 23 de abril ao 21 de xuño de 2019.
Proba final presencial: o día 21 de xuño ás 10.00 horas.
A proba final do curso realizarase de forma descentralizada nos centros territoriais do Issga nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e en Santiago de Compostela na sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas.

Prazas: 75 por edición.

Contido:
- Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
- Riscos xerais e a súa prevención.
- Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
- Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
- Primeiros auxilios.
- Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.

Máis información no DOG do 22 de marzo de 2019 e en https://egap.xunta.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario