venres, 28 de febreiro de 2020

AXUDAS A XÓVENES AGRICULTORES

Axudas á creación de empresas por persoas agricultoras mozas
Axudas á creación de empresas por persoas agricultoras mozas

A Consellería do Medio Rural convoca para o ano 2020 as axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de marzo de 2020 (incluído).
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento MR404A e MR405B
Máis información no DOG do 28 de xaneiro de 2020 e en http://mediorural.xunta.gal

Publicada no DOG do 28 de febreiro de 2020 a ampliación do prazo para presentar solicitudes.

* Persoa agricultora moza: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumpridos os 18 anos e non teña cumpridos máis de 40 anos, conte coa capacitación e a competencia profesionais axeitadas e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación; poderá establecerse de xeito individual ou xunto con outros agricultores, en calquera forma xurídica.

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. OUROL

Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de sete peons forestais a xornada parcial (75 %) no Concello de Ourol ao abeiro do programa de fomento do emprego, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación dos Concellos 2019 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Tipo de contrato e duración: Obra ou servizo determinado a xornada parcial (75 %) cunha duración de 6 meses.

O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 5 ao 11 de marzo de 2020 (ambos inclusive)

Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es

PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE


Probas de avaliación en competencias clave

👀 
A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, por proposta do Instituto Galego das Cualificacións convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego.

As competencias clave convocadas son:

Comunicación en lingua galega.
Comunicación en lingua castelá.
Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
Competencia matemática.


O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de marzo de 2020.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR306A

xoves, 27 de febreiro de 2020

CURSOS DE FORMACIÓN SOCORRISMO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.


RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Resultado de imagen de SOCORRISMO


Máis información: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/u01/app/oracle/shared/resources/pxdog100/doga/Publicados/2020/20200221/Secciones1_gl.html&paginaCompleta=false&fecha=21/02/2020&compMenu=10102

OFERTA EMPREGO PÚBLICA. VICEDO

Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun /dunha AXENTE TIC, a xornada parcial (20 horas/semana), como persoal laboral temporal do concello de O Vicedo.


Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscripción será de 10 días naturais contados a partir de dita publicación, a cal se anunciará novamente neste blog.


Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA

Necesítase peón forestal con experiencia ou sen ela. Incorporación inmediata.

Informes no teléfono 651010970


Resultado de imagen de PEON FORESTAL

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. XOVE

Concello de Xove 

Convocatoria para a selección dunha praza de PERSOAL DE FONTANERÍA 
Prazo: ata o 07/03/2020

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VIVEIRO

Urxe esteticista para Luxury Clínica en Covas - Viveiro.Xornada completa.Valórase experiencia.
Tlf de contacto 638 166 095.


OFERTA EMPREGO PRIVADO. VIVEIRO

Axudante de panadería, na Fontenova en Viveiro.

Dirección: Rúa Melitón Cortiñas, 9, 27850 Viveiro, Lugo
Horario:
Xoves 8:30–14:30, 16:00–21:00
Venres 8:30–14:30, 16:00–21:00
Sábado 8:30–14:30, 16:00–21:00
Domingo 8:30–14:30, 16:00–21:00
Luns 8:30–14:30, 16:00–21:00
Martes 8:30–14:30, 16:00–21:00
Mércores 8:30–14:30, 16:00–21:00

Teléfono: 982 56 04 73

OFERTA EMPREGO PRIVADA. LUGO

DOCENTE COMPETENCIAS PROFESIONALES (LUGO)

- EMPRESA: CEGAFOR
- LOCALIDAD: LUGO
- DESCRIPCIÓN: DOCENTE COMPETENCIAS PROFESIONALES (COMUNICACIÓN, FLEXIBILIDAD, TRABAJO EN EQUIPO, ORIENTACIÓN AL LOGRO Y PLANIFICACIÓN Y ORGANIZACIÓN)
. REQUISITOS FORMACIÓN: Formación Profesional de Grado Superior (FP) en la familia de Servicios Socioculturales y a la Comunidad o Diplomado/Licenciado/Grado en las ramas de Psicología, Psicopedagogía, Pedagogía, Terapeuta Ocupacional, Sociología Aplicada o Relaciones Laborales.
- REQUISITOS EXPERIENCIA: 50 horas impartición en competencias profesionales (COMUNICACIÓN, FLEXIBILIDAD, TRABAJO EN EQUIPO, ORIENTACIÓN AL LOGRO Y PLANIFICACIÓN Y ORGANIZACIÓN)
- CONTACTO: enviar CV con REF: COMPETENCIAS a formacion@cenepo.com
- CONDICIONES: contrato mercantil o laboral.

OFERTA EMPREGO PRIVADO. AS PONTES

Empresa: Cultureume SC As Pontes. BUSCA ARQUEÓLOGA

Requisitos:

-Muller. Menos de 30 anos. Parada de longa duración.

-Titulada en Licenciatura/Grao en Historia, Historia da Arte ou Humanidades

-Especialidade en Arqueoloxía ou Xestión do Patrimonio Cultural

-Con coñecementos en investigación arqueolóxica o arqueoloxía de campo ou xestión do patrimonio cultural ou investigación en documentación histórica ou manexo de software de sistemas de información xeorreferenciada.

-Valorarase: CELGA 4, carnet de conducir tipo B e vehículo propio, manexo de paquete básico Office, implicación no proxecto, interese pola calidade, capacidade de traballo en equipo, adaptación ás necesidades da empresa e capacidade de aprendizaxe.

Localización: As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

Tipo de contrato: Xornada completa

Duración estimada do contrato: 12 meses

Data de inicio do contrato: outono de 2020

Curriculums a: info@cultureume.com

LANZADEIRAS CONECTA EMPREGO

Lanzadeiras Conecta Emprego

A Fundación Santa María a Real e a Fundación Telefónica convocan o programa Lanzadeiras Conecta Emprego. É un programa de orientación cuxo obxectivo é dotar de ferramentas ás persoas participantes para conseguir un emprego. Inclúe dúas actividades principais:

Alfabetización Dixital
Lanzadeira

A primeira actividade, Alfabetización dixital, é un programa de orientación dun mes de duración pensado para persoas desempregadas maiores de 18 anos que buscan adquirir competencias dixitais básicas para a procura de emprego.

O prazo para inscribirse é ata o 3 de Marzo.

En Galicia están abertas as inscricións en:

Santiago de Compostela
A Coruña
Arteixo

A segunda actividade, Lanzadeiras, é un programa de orientación de 4 meses de duración e trabállase en 3 fases principais:

- Dinámicas de autocoñecemento a través de talleres prácticos
- Dinámicas de orientación grupal e individual: creación de CV, adestramento de entrevistas, xestión de marca persoal, etc.
- Elaboración dun mapa de empregabilidade e posterior visitas a empresas da zona.

Para esta, ábrese o prazo de inscrición o 3 de Marzo. O proceso para inscribirse, unha vez aberto o prazo, é o mesmo que para a Alfabetización Dixital.

https://www.lanzaderasconectaempleo.es

ACTIVIDADE DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS. XÓVENES

Actividades de formación en linguas estranxeiras

    A Consellería de Educación convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, durante o ano 2020.

    O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2020, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto, e das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2020/21.

    Requisitos:

    a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO, ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.
    b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018/19.
    c) Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
    d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a no curso 2019/20 nun centro da Rede de centros plurilingües.

    O custo total de cada actividade inclúe:
    a) No caso das actividades que se van realizar no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
    b) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
    c) Os gastos de docencia e o material escolar.
    d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
    e) Os gastos de mantenza e aloxamento.
    f) O certificado de realización da actividade.
    g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

    Destinos:
    AXUDASLE


    Criterios de puntuación:

    1º. Nota media do expediente no curso 2018/19: ata 10 puntos.
    2º. Renda per cápita da unidade familiar: ata 20 puntos.
    3º. Pertenza a familia numerosa: 2 puntos.
    4º. Discapacidade igual ou superior ao 33 % ou pensionista da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou a equivalente de clases pasivas dalgún membro da unidade familiar en primeiro grao: 2 puntos.
    5º. Non ter sido beneficiario nunha axuda ao abeiro da convocatoria establecida pola Orde do 4 de febreiro de 2019: 1 punto.

    As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es co procedemento ED504B
    O prazo para presentar solicitudes estrará aberto ata o 26 de marzo de 2020.
    Máis información no DOG do 26 de febreiro de 2020 en http://www.edu.xunta.es/axudasle

    VII EDICIÓN DO CURSO ONLINE COMPETENCIAS DIXITAIS PARA MULLERES NOVAS


    VIII Edición do Curso online Competencias Dixitais para Mulleres Novas


    A Federación Mulleres Novas en colaboración coa Universidade de Alcalá de Henares lanza a súa VIII Edición do Curso online Competencias Dixitais para Mulleres Novas dentro do Programa para a Inserción Sociolaboral das Mulleres Novas.

    Unha formación gratuíta para a obtención da European Computer Driving Licence, ECDL (Acreditación Europea do Manexo do Computador) a fin de superar os exames definidos a nivel internacional e idénticos en toda a Unión Europea.

    A formación que será do 23 de marzo ao 29 de maio de 2020 está especialmente dirixida a todas aquelas mulleres novas (entre 18 e 35 anos), que residan en España e que por estar desempregadas, en procura do primeiro emprego ou con empregos precarios, queiran mellorar a súa situación laboral e profesional.

    O curso realizarase a través da Plataforma do Campus de Formación da Universidade de Alcalá de Henares e consta de 8 módulos dun total de 140 horas cubrindo conceptos básicos da Tecnoloxía da Información tales como procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, coñecementos fundamentais das aplicacións en liña, ferramentas de colaboración en liña e seguridade informática.

    Para formalizar a inscrición será necesario realizar un ingreso de 25 euros en concepto de matrícula, importe que se devolverá de maneira íntegra a quen finalice a formación e asista ao exame ECDL (na Universidade de Alcalá de Henares cos gastos subvencionados).

    Prazo de inscrición: ata o 15 de marzo de 2020.

    Requisitos: Calquera muller nova (entre 18 e 35 anos) residente en España, que queira mellorar a súa situación profesional e laboral.

    www.mujeresjovenes.org

    luns, 24 de febreiro de 2020

    OFERTA EMPREGO PRIVADO. NARON

    En Grupo Temporing  A Coruña buscamos o talento de Persoal con experiencia en carga e descarga para traballar días soltos no Polígono Industrial de Río do Pozo en Narón (Ferrol)

    👀IncorporaciónInmediata

    👉Inscríbeche na web e coñece máis detalles sobre as funcións e requisitos da posición! https://traballadores. temporingett. com/Ofertas/Oferta. aspx…

    ☎Contáctar: 981175747

    OFERTAS DE EMPREGO EN NORVENTO. ZONA NORTE DE LUGO


    parque-eólico-coruxeiras NORVENTO

    Traballa con nós

    Se che gustan os retos, a inxeñería e eres un apasionado da enerxía e a sostenibilidade, envía e teu CV a noso departamento de rrhh.

    Si consideras que algunha das nosas ofertas de traballo encaixa contigo, sigue o seguinte enlace para inscribirte nela.

    REF1803 - BECA TALENTO JUNIOR. LUGO


    REF1904OPM - OPERARIOS DE MANTENIMIENTO DE AEROGENERADORES Y SOPORTE TÉCNICO. LUGO


    REF1910TEC - TÉCNICO ELECTRÓNICO. LUGO


    REF1912FV - INGENIERO/A ESPECIALISTA EN SOLAR FV. MADRID


    REF2001NED – SOPORTE TÉCNICO DE AEROGENERADORES


    REF2001FAC - OPERARIO ELÉCTRICO-ELECTRÓNICO. VILALBA

    OFERTA EMPREGO PRIVADA. TODA GALICIA

    La imagen puede contener: texto

    👀👉 Como contactar con Paris de Noia a través do seu facebook, deixando unha mensaxe privada co nome e o teléfono de contacto.

    OFERTA EMPREGO PÚBLICO. MURAS

    👀 En breves publicarase na páxina web do concello e nos medios oficiais (BOP de Lugo) a praza de AUXILIAR ADMINISTRATIVO en réxime de funcionario interino e por un período de 3 anos.

    Esta oferta de emprego xurde en: Vista a necesidade do Concello de poñer en marcha o PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL: PROGRAMA PARA A IMPLANTACIÓN EFECTIVA DO REAL DECRETO 424/2017, DE 28 DE ABRIL, POLO QUE SE REGULA O RÉXIMEN XURÍDICO DE CONTROL INTERNO DAS ENTIDADES LOCAIS NO SECTOR PÚBLICO LOCAL.

    👉 https://muras.gal/para-a-vecinanza/o-teu-sitio/

    Concello de Muras | Selección auxiliar administrativo |

    OFERTA EMPREGO PÚBLICA. VICEDO

    Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN RECOLLIDA DE LIXO, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de recollida de lixo do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 16 de marzo, e por un período de seis meses.

    O prazo de inscrición iniciase o próximo día 20 de febreiro e remata o 02 de marzo de 2020 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 4 de marzo de 2020, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.
    Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

    venres, 21 de febreiro de 2020

    BOLSA DE ARTE NO ESTRANXEIRO DO CENTRO BOTÍN

    A Fundación Botín convoca unha bolsa no estranxeiro destinada a formación especializada co obxecto de obter unha capacitación profesional na teoría e técnicas sobre a xestión de museos e a organización de exposicións de maneira integral (Curatorial Studies). O destino da formación debe estar orientado á arte contemporánea, desde as vangardas á actualidade.

    A bolsa vai destinada a diplomados, licenciados, graduados ou estudantes de posgrao, en Belas Artes, Historia da arte, Filosofía e Estética, Literatura, Humanidades ou Crítica de Arte.Tamén a poden solicitar profesionais da arte que, non cumprindo os requisitos anteriores, poidan demostrar capacitación no campo.

    É necesario tamén ter entre 22 e 40 anos e ser español ou estranxeiro residente en España, polo menos desde os cinco anos anteriores á solicitude.

    A contía é de 18.000 € en concepto de viaxes, aloxamento, manutención e outros gastos derivados, aos que se sumarán ata un máximo de 12.000 € destinados ao abono da matrícula no centro de formación elixido.

    Poderanse presentar solicitudes ata o día 22 de maio de 2020.
    A solicitude realizarase online.

    https://www.centrobotin.org/beca/becas-de-comisariado-y-gestion-de-museos/

    BOLSAS ACTIVIDADE COMERCIAL

    A Dirección Xeral de Comercio e Consumo convoca catro bolsas de formación.

    O programa formativo que integrará aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, e o sector da distribución e as estruturas comerciais.

    Requisitos:
    Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
    Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou de grao e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2011 ou posterior.

    Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 14.300 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.200 € brutos por mes.

    O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 23 de marzo de 2020 e deben tramitarse en https://sede.xunta.gal co código de procedemento IN225A.

    Máis información no DOG do 21 de febreiro de 2020 e en http://ceei.xunta.gal así como no teléfono 981 545 525 e no correo cei.dxc.axudas@xunta.gal


    Bolsas en actividade comercial

    xoves, 20 de febreiro de 2020

    OFERTA EMPREGO PRIVADO. VARIAS ZONAS

    La imagen puede contener: texto

    OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA

    Por ampliación de plantilla seleccionamos a un trabajador para almacen en Pol. Ind. de Vilalba. Imprescindible carnet de conducir y residencia en la zona. Se valorará experiencia en puesto similar y en trabajos de transfer y serigrafía. Se ofrece contrato a Jornada Completa en horario de lunes a viernes.
    Envien curriculum a: carlos@prolavi.es
    Avenida Cidade de Lugo, 27810 Vilalba (Lugo)


    mércores, 19 de febreiro de 2020

    OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA

    LogoAUXILIAR ADMINISTRATIVO/A a xornada completa para a oficina de Vilalba.

    Asesoría Enerxética Terra Chá

    Praza da Constitución, 3 Bajo

    27800 Vilalba (Lugo)

    982 512 233

    info@enerxiaterracha.es

    martes, 18 de febreiro de 2020

    BOLSAS EN ARQUIVOS

    Convocadas pola Consellería de #Cultura e Turismo 20 #BOLSAS de formación en materia de #ARQUIVOS de Galicia.
    Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 19 de febreiro ata o día 18 de marzo do 2020
    https://bit.ly/2HuqG8m

    No hay ninguna descripción de la foto disponible.

    OFERTA EMPREGO PRIVADO VILALBA

    A empresa Minds de Vilalba, dedicada a atención aos nenas/os, busca unha/un técnico en educación infantil ou maxisterio.

    Bispo Rouco Varela 24 baixo
    27800 Villalba, Galicia, Spain
     636 38 23 26
     Horario: 7:30-14:00, 22:00-23:00

    La imagen puede contener: 2 personas, texto que dice "GUSTARIACHE FORMAR PARTE DO NOSO EQUIPO? SELECCIONAMOS PERSOAL PARA TRABALLAR NO NOSO CENTRO Requisitos (1) -titulo de maxisterio -titulo infantil -titulo de infantil MINDS"

    luns, 17 de febreiro de 2020

    CURSOS PREVENCION DE RISCOS LABORAIS


    Prevención de riscos laborais

    Prevención de riscos laborais
    17 Feb 2020


    A Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral convocan dous cursos en materia de prevención de riscos laborais.

    O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 27 de febreiro de 2020.
    As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.

    Modalidade: teleformación.
    Duración: 60 h. edición.
    Edicións: tres.
    Datas: do 11 de marzo ao 6 de maio de 2020.
    Proba final presencial: o día 6 de maio ás 10.00 horas.
    Lugar da proba final: nos centros territoriais do ISSGA nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e en Santiago de Compostela na sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4. Polígono das Fontiñas.
    Prazas: 75 por edición.

    Contido:
    - Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
    - Riscos xerais e a súa prevención.
    - Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
    - Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
    - Primeiros auxilios.
    - Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.

    Máis información na EGAP
    Teléfonos 981 546 257 e 981 546 335
    Correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

    Publicado no DOG do 17 de febreiro de 2020

    OFERTA EMPREGO MURAS!!!!

    Precísase auxiliar para o Concello de Muras (Lugo) whatsapp al 635357071

    SON A TUA AXUDA
    AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR
    Muras · Jornada completa

    OFERTA EMPREGO AS PONTES. SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO

    No hay ninguna descripción de la foto disponible.

    BOLSAS DE FORMACIÓN EGAP

    Bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade na EGAP

    Bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade na EGAP
    12 Feb 2020

    A Escola Galega de Administración Pública, EGAP convoca unha Bolsa de fformación para a xestión de procesos de avaliación e calidade.

    Requisitos:
    - Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2014 e acreditadas a titulación de licenciatura ou grao en Socioloxía ou Ciencias Políticas.
    - Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
    - Ter competencia en lingua galega no nivel de Celga 4 ou superior.

    O importe de cada bolsa será de 1.100 € mensuais.

    As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR770P

    O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de marzo de 2020

    Máis información en https://egap.xunta.gal e no DOG do 12 de febreiro de 2020

    venres, 14 de febreiro de 2020

    OFERTA EMPREGO PRIVADO. BURELA

    Hotel Nordés Avenida da Mariña, 57
    Burela De Cabo, Galicia, Spain


    Precisamos persoal para recepción a xornada completa (só en turno de mañá ou tarde). Se che interesa formar parte do noso equipo, envíanos o teu curriculum a gerencia@hotelnordes.com
    La imagen puede contener: texto que dice "NORDÉS HOTEL SUP"

    OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO!!!

    Apertura do prazo para a presentación de solicitudes para a selección dun peón de servizos múltiples e dous peóns de mantemento de zonas naturais. Programa "Fomento do emprego 2019"

    No BOP de Lugo de hoxe día 14/02/2020 publícase o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, de:
    2 PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e 
    1 PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES

    , a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

    Como o prazo de inscripción é de 10 días naturais contados a partir da dita publicación, comenza mañá día 15/02/2020 e ata o día 24/02/2020.

    Para máis información ou consulta das bases contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

    martes, 11 de febreiro de 2020

    OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO

    Oferta de emprego Auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

    Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 09 de marzo, e por un período de seis meses.

    O prazo de inscrición iniciase o próximo día 11 de febreiro e remata o 20 de febreiro de 2020 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 24 de febreiro de 2020, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
    Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

    OFERTA EMPREGO PRIVADA. AS PONTES

    No hay ninguna descripción de la foto disponible.
    LINK: https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscar-emprego

    OFERTA EMPREGO PRIVADO AS PONTES

    No hay ninguna descripción de la foto disponible.

    link: https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscar-emprego

    OFERTA EMPREGO PÚBLICO. SEAGA

    🌳🌳🌳SEAGA convoca prazo extraordinario para a incorporación de novos/as candidatos/as nas listas previas da categoría de capataz.
    O prazo remata o día 16 de febreiro!!!

    Páxina para consultar as listas http://epseaga.com/?q=gl/node/4046

    👉 https://bit.ly/3bjLFIF

    La imagen puede contener: texto

    OFERTA EMPREGO FIGURACIÓN

    La imagen puede contener: texto

    OFERTAS EMPREGO PRIVADAS. FOZ

    Empresa 3 A Consultores 

    Oferta de emprego: AXUDANTE DE MECÁNICO DO AUTOMÓBIL

    Titulación requirida: Ciclo Formativo de Grao medio de Técnico de Mecánica do Automóbil.

    Centro de traballo: Foz (Lugo).

    Para poder atender as esixencias do mercado, un dos nosos clientes necesita cubrir urxentemente un posto de axudante para o seu taller mecánico.
    Ofrécese contrato eventual inicial.

    Xornada completa ou parcial (a convir entre as partes)

    Soldo segundo convenio para as Industrias Siderometalúrgicas de Lugo.

    Se estás interesado nesta vacante e cumpres cos requisitos envíanos o teu CV ao email: laboral@3 aconsult.com, Indicando no asunto AXUDANTE DE MECÁNICO.


    Oferta de emprego:  CHOFER DE CAMIÓN

    Centro de traballo: Foz (Lugo).

    Reaberto proceso de selección para unha importante empresa dedicada ao sector de transportes de mercadorías por estrada con sede na comarca de Foz.

    Búscanse persoas cualificadas para o posto, cos permisos de condución en vigor, e con experiencia no sector.

    Ofrécese xornada completa, contrato de  internidad (ata reincorporación do traballador substituído), e soldo a convir.

    Se estás interesado nesta vacante e cumpres cos requisitos envíanos o teu CV ao email: laboral@3 aconsult.com, indicando no asunto OFERTA  CHOFER.

    FORMACIÓN CONSTRUCCIÓN LUGO

    La imagen puede contener: texto

    FORMACIÓN EUSUMO

    👀 EUSUMO, páxina de desenvolvemento local e de economía social, ten abertos dous cursos moi interesantes para aquelas persoas que sexan autónomos ou de cooperativas.


    👉Fundamentos de contabilidade para a túa entidade de economía social Ed. VI

    👉A RSE nas entidades de economía social Ed. VII

    http://eusumo.gal/teleformacion/

    Klass

    CONVOCATORIA DE PROBAS PARA OBTER A ESO

    Convocatoria de probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización. Prazo para a Convocatoria de Maio: do 16 ao 27 de marzo de 2020. Para a convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo de 2020. DOG do 5 de xaneiro de 2020:

    luns, 10 de febreiro de 2020

    OFERTA EMPREGO PRIVADO. VIVEIRO

    FRIGORISTA. EMPRESA: ELECFRICLIMA S.L

    Requisitos mínimos

    -Experiencia de polo menos 3 anos en instalación e/ou mantemento de instalacións frigoríficas e/ou de climatización.

    -Carné de conducir.

    -Dispoñibilidade para desprazamentos por Galicia.

    Seleccionamos frigoristas con experiencia, para a zona dá Mariña Lucense.

    Imprescindible experiencia en instalación e/ou mantemento/reparación de instalacións de frío industrial e/ou climatización.

    Valorarase:

    -Nivel básico de PRL

    -Cursos de PRL posto de traballo.

    -Dispoñibilidade para desprazamentos por Galicia.

    -Salario segundo valía do candidato.

    -Non se terá en conta no proceso de selección,, a idade do candidato/a.

    -Contrato inicial de duración determinada con posibilidade de indefinido.

    OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA

    OPERARIO/A DE MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO DE AEROXERADORES
    EMPRESA: NORVENTO ENERXÍA 

    LINK: https://www.infojobs.net/vilalba/operario-mantenimiento-electromecanico-aerogeneradores/of-ib6b5398eb4403fb1b99bd5ced3a14d?applicationOrigin=search-new%7Celement%7E37675314498

    Requisitos mínimos

    Ciclo Medio ou Superior de rama eléctrica ou electrónica ou similares.

    · Alta capacidade de resolución de problemas técnicos.

    · Desexable coñecemento básico de programación de autómatas.

    · Valorarase nivel alto de inglés oral e escrito.

    · Dispoñibilidade para viaxar a nivel nacional e internacional.

    · Manexo de ferramentas informáticas a nivel usuario (realización de informes,

    etc.)

    Soporte técnico de aeroxeradores e desenvolvemento de funcións de mantemento de preventivo e correctivo de aeroxeradores.

    · Participar nas tarefas de instalación e posta en marcha co equipo asignado ou ben dando soporte técnico a contrátaa ou Partner correspondente.

    · Procedimentar os métodos de traballo para o mantemento da máquina.

    · Propoñer e implementar co apoio de Calidade melloras nas instrucións de montaxe e mantemento de máquinas.

    · Colaborar con enxeñería para a implementación e probas dos prototipos, validación de melloras e resolución de problemas existentes en máquina, así como consultas para a resolución de incidencias.

    · Realizar informes de evolución das máquinas e participar na elaboración de plans de acción xunto con enxeñería.

    · Colaborar na capacitación de instaladores e mantedores homologados.

    OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA

    CONDUTOR DE AUTOBÚS. EMPRESA: AUTOS LOZANO SL

    4 postos de traballo para servizo de transporte escolar e discrecional. Zona de Vilalba e arredores.
    Carnés e certificados adecuados e coñecementos xeográficos da zona.

    OFERTA EMPREGO PRIVADO. AS PONTES

    Técnicos Mantemento eólico. Empresa: INGETEAM
    LINK: https://www.infojobs.net/as-pontes-de-garcia-rodriguez/tecnicos-mantenimiento-eolico/of-iff0be837fd4785a0037717e5e54468?applicationOrigin=search-new%7Celement%7E37675118952


    Buscamos incorporar ao noso equipo 3 técnicos con experiencia en mantemento eólico para realizar as seguintes funcións:

    1.Vixiar e anticipar as avarías das turbinas, analizando os datos dispoñibles de funcionamento, e en caso de avaría reparalas no menor tempo posible.
    2.Realizar as tarefas de mantemento preventivo programado para cumprir co plan de mantemento.
    3.Reporte de documentación e traballos realizados aos xestores e xefes de equipo para o seu posterior control e seguimento do mesmo.
    4.Operar o almacén.

    Experiencia en Tecnoloxía Gamesa- Made

    Requisitos mínimos

    -FP grao medio e/ou superior electricidade e electrónica, mecánica, mecatrónica...
    - Experiencia de polo menos 1 ano realizando mantementos preventivos e correctivos no sector.
    - Experiencia en Tecnologia Gamesa- Made
    - Dispoñibilidade de incorporación inmediata
    - Carné de conducir

    OFERTA EMPREGO PRIVADO. AS PONTES

    Operario/a de carpintería. Empresa: Grupo Servizo Móbil
    LINK: https://www.infojobs.net/as-pontes-de-garcia-rodriguez/operario-carpinteria/of-i9288c0336c4f76a05b36b36cfcf961?applicationOrigin=search-new%7Celement%7E37675118952

    Requisitos mínimos

    Grao medio ou superior en ciclo de carpintería.

    Experiencia de polo menos 1 ano en posto similar.

    Experiencia en manexo de maquinaria relacionada co posto.

    Carné de conducir e vehículo propio.

    Realización doutros traballos de fabricación de elementos de madeira e derivados.


    1.Para a posición de serrado e xestión de almacén:

    * Realización de corte e serrado de madeira.

    * Xestión dos almacéns de materias primas.

    * Manexo de máquinas de corte e serrado tales como serra

    múltiple, escuadradora, tronzadora.

    * Manexo de carretilla elevadora

    * Rexistros de tempos de fabricación e procesos.

    * Reporte de traballos realizados a xefe de taller.

    2.Para a posición de lixado:

    * Lixado de elementos de madeira maciza e derivados.

    3.Para a posición de montaxe:

    * Montaxe de mobiliario para tendas e de oficina

    OFERTA EMPREGO PRIVADA. AS PONTES

    Operario/a reparación maquinaria.  Empresa: Grupo Servizo Móbil
    LINK: https://www.infojobs.net/as-pontes-de-garcia-rodriguez/operario-reparacion-maquinaria/of-i38982dd81040bb866a956b63a2c2b0?applicationOrigin=search-new%7Celement%7E37675118952

    As funcións para realizar son as seguintes:

    -Mantemento preventivo e correctivo de maquinaria agrícola e de xardinería:

    Motosierras e podadoras de altura

    Hidro limpadoras, aspiradoras e sopladores

    Rozadoras e moto guadañas

    Cortacéspedes, corta sebes e motocultores

    Tronzadores e ahoyadores, atomizadores

    -Reparacións mecánicas, hidráulicas, pneumáticas e eléctricas.

    - Diágnostico das maquinarias.

    -Mantemento de frota de vehículos de empresa ( camións, furgonetas e coches) e maquinaria.

    -Atención ao cliente

    Se cumpres os requisitos, non o dubides, inscríbeche e non perdas a oportunidade de unirche ao equipo.

    Requisitos mínimos

    -Formación profesional en grao medio ou superior na especialidade de mecánica, electromecánica de vehículos ou similiar.

    -Experiencia de polo menos 2 anos en reparación de maquinaria agrícola.

    -Carné de conducir B.

    -Persoa organizada e comprometida

    OFERTA EMPREGO PRIVADO. LUGO-FUNDACIÓN FUAC



    PRÁCTICAS EN EMPRESAS
    Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
     PERFIL SOLICITADO
    Titulados en Relación Laborais
     DESCRIPCIÓN DA OFERTA
    Centro de traballo en Lugo
    Prazo límite de inscrición: 09/02/2020
     ÁREA/DEPARTAMENTO
    DEPARTAMENTO DE SEGURIDADE LABORAL
     DURACIÓN
    6 meses con posibilidade de prórroga
     HORARIO
    de 9:00 a 17:30 de luns a xoves e os venres de 9:00 a 15:00
     AXUDA ECONÓMICA
    800,00 €
     FUNCIÓNS A DESENVOLVER
    Colaboración nas seguintes tarefas: CAE, planificación avaliacións de riscos de postos/seccións, organización e seguimento de formacións PRL, plan de autoprotección, entrega e seguimento de EPI´S, preparación auditorías PRL, seguimento accidentes.
     LOCALIZADOR
    2020PRTI095

    OFERTA. AUXILIARES DE CONVERSACIÓN

    Ministerio de educación y formación profesional
    Se buscan graduados y estudiantes universitarios de último curso para trabajar como auxiliares de conversación extranjeros en centros públicos españoles el próximo curso. El plazo para presentarse está abierto hasta el 15 de abril.

    http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/99/998188/ficha/998188-2020.html?fbclid=IwAR1hUP7UZYVXiI0QcbGBEkPOZUDvjFf05F5sV_yYv1-wzZe4n5M7wq9tbAQ

    OFERTA EMPREGO PRIVADO. VIVEIRO

    Necesítase dependenta para tenda de moda Miss- tic en Viveiro. Contrato para todo o ano, inicialmente a media xornada con posibilidade a medio/longo prazo de aumento de horas. Requírese experiencia no sector.

    Interesadas poden deixar o seu CV na propia tenda, situada na Praza de Lugo, ou envialo por correo electrónico ao mail info@viveirocentro.com

    martes, 4 de febreiro de 2020

    BOLSAS XUNTA ELECTORAL CENTRAL DOCUMENTACIÓN

    Bolsas da Xunta Electoral Central para Documentalistas
    03 Feb 2020
    Bolsas da Xunta Electoral Central para Documentalistas

    A Xunta Electoral Central convoca 3 bolsas para a formación e colaboración na realización de traballos e estudos no ámbito da Documentación e a xestión de información e contidos relacionados coa actividade da Xunta

    Requisitos:
    - Estar en posesión do título de Grao en Información e Documentación ou de Licenciado en Documentación.
    - Finalizar os estudos para a obtención dos títulos universitarios indicados no apartado anterior con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2014.

    O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 24 de febreiro de 2020
    Máis información no BOE do 3 de febreiro de 2020 e en http://www.juntaelectoralcentral.es

    ESTADÍAS GALICIA PARA MOCIDADE, FAMILIAS E MAIORES

    Elixe Galicia, estadías de ocio para a mocidade 🌲🏊👪👴👵
    A Axencia Turismo de Galicia convoca o programa de turismo interior Elixe Galicia de estadías de ocio para a mocidade, familias e maiores.

    O programa Elixe Galicia, contará con catro modalidades de viaxes:

    1. Vacacións en zonas costeiras, esta modalidade terá unha duración de 5 días (4 noites) en réxime de pensión completa. Inclúese o xantar día de chegada e día de saída, aloxamento en hoteis de tres estrelas ou superior situados en localidades costeiras. Mínimo de tres visitas ou actividades de medio día adaptadas ao grupo destinatario durante a súa estancia e inclúe o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol.

    2. Rutas de Patrimonio Histórico e Cultural, modalidade que terá unha duración tres días (dúas noites), en réxime de pensión completa e preferiblemente os fins de semana para os colectivos de mozos e familias.
    O aloxamento será en hoteis de dúas estrelas ou superior situados en poboacións que permitan a xestión dun programa adecuado para as visitas programadas.
    Esta modalidade contará con servizos de guía acompañante durante todo o circuíto.
    Inclúe visitas culturais con relevancia histórico-artística e como mínimo unha actividade ou visita diaria sen custo adicional para o usuario e tamén o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol e os desprazamentos que deban producirse durante os días que dura a viaxe.

    3. Rutas de natureza e montaña terá unha duración tres días (dúas noites), en réxime de pensión completa, preferiblemente os fins de semana para os colectivos de mozos e familias.
    O aloxamento será en hoteis de dúas estrelas ou superiores ou aloxamentos rurais de categoría similar.
    Esta modalidade contará con servizos de guía acompañante especializado durante todo o circuíto.
    Dúas excursións ou actividades de sendeirismo e/ou turismo activo na totalidade da estancia e inclúe tanto o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol, como os desprazamentos que deban producirse durante os días que dura a viaxe.

    4. Estadías en Balnearios terá unha duración 5 días (4 noites), en réxime de pensión completa. Aloxamentos en hoteis de dúas estrelas ou superior situados na Comunidade Autónoma de Galicia a unha distancia non superior a 20 km do balneario, talaso ou establecemento de saúde e benestar de destino.

    🙋👀Requisitos das persoas beneficiarias:

    a) Estar empadroado en algún dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia con unha antigüidade mínima de dos anos anteriores.
    b) Solicitar praza para destinos distintos a súa provincia de residencia, salvo que non exista oferta nesa provincia.
    c) Poder valerse por si mesmos para realizar as actividades básicas da vida diaria, coa excepción das persoas con discapacidade nas condicións especificadas para cada colectivo.
    d) Efectuar o pago do prezo estipulado.

    Mozos/as menores de 30 anos:
    As solicitudes para este colectivo poderán ser individuais ou colectivas no caso de que se unan ata 4 solicitudes. Os/as mozos/as que se presenten como grupo nunha mesma solicitude deberán reunir os requisitos establecidos nas presentes bases para participar nos programas.

    Do total das prazas destinadas ao colectivo de mozos/as destinarase un 10 % a persoas con discapacidade, en grado igual ou superior ao 33 % que poderán ir acompañados/as doutro mozo/a menor de 30 anos que se aloxe na mesma habitación e a atención requirida na estancia poida ser dispensada polo acompañante a cuxo cargo viaxan.

    Neste caso, na solicitude que se presente deberá indicarse, no seu caso, se a participación no programa será só para o solicitante, ou se se inclúe á persoa acompañante, que terá a condición de beneficiario/a.

    Datas: O programa desenvolverase por quendas ou turnos que agrupen ás persoas beneficiarias por modalidade, colectivo e tempada. As quendas iniciaranse en marzo-abril de 2020 e finalizarán en decembro de 2021.

    Para o ano 2020:
    - Tempada baixa: do 1 de novembro a 17 de decembro.
    - Tempada media: do 28 de marzo a 30 de abril.
    - Tempada alta: do 1 de maio a 20 de xuño e do 11 de setembro a 15 de outubro.

    Para o ano 2021:
    - Tempada baixa: do 26 de xaneiro a 27 de marzo e do 16 de outubro a 10 de decembro.
    - Tempada media: do 29 de marzo a 30 de abril.
    - Tempada alta: do 1 de maio a 20 de xuño e do 11 de setembro a 15 de outubro.

    Prezos:

    Os prazos de presentación de solicitudes serán:
    - Para a tempada do ano 2020 o prazo estará aberto ata o 3 de marzo de 2020.
    - Para a tempada do ano 2021, o prazo de presentación de solicitudes será do 1 de setembro ao 30 de setembro de 2020.

    👉Os solicitudes presentaranse en http://sede.xunta.es co procedemento TU404B
    Máis información no DOG do 3 de febreiro de 2020 e en https://www.turismo.gal