luns, 17 de febreiro de 2020

CURSOS PREVENCION DE RISCOS LABORAIS


Prevención de riscos laborais

Prevención de riscos laborais
17 Feb 2020


A Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral convocan dous cursos en materia de prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 27 de febreiro de 2020.
As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.

Modalidade: teleformación.
Duración: 60 h. edición.
Edicións: tres.
Datas: do 11 de marzo ao 6 de maio de 2020.
Proba final presencial: o día 6 de maio ás 10.00 horas.
Lugar da proba final: nos centros territoriais do ISSGA nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e en Santiago de Compostela na sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4. Polígono das Fontiñas.
Prazas: 75 por edición.

Contido:
- Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
- Riscos xerais e a súa prevención.
- Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
- Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
- Primeiros auxilios.
- Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.

Máis información na EGAP
Teléfonos 981 546 257 e 981 546 335
Correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

Publicado no DOG do 17 de febreiro de 2020

Ningún comentario:

Publicar un comentario