Amosando publicacións coa etiqueta xuventude. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xuventude. Amosar todas as publicacións

mércores, 12 de xaneiro de 2022

PROGRAMA DE EMPREGO PARA A XUVENTUDE DA PROVINCIA DE LUGO

 

Emprego Novo Lugo. Programa de "Acompañamento á Inserción laboral da mocidade"


O programa está promovido pola EOI e a Deputación de Lugo. Dará comezo o próximo 10 de Xaneiro e prolongarase ao longo do ano.

Está destinado a:
- Mozos e mozas desempregados da provincia de Lugo.
- Idade entre 16 e 30 anos.
- Inscritos/as no Sistema de Garantía Xuvenil.

Neste programa o alumno poderá completar a súa formación en empresas ou en asociacións da provincia de Lugo facendo prácticas remuneradas.

Pódense ver todos estes programas, con datas de inicio, na páxina web https://empleojovenlugo.es  



martes, 29 de setembro de 2020

OFERTA DE EMPREGO PROGRAMA PRENDE BOTA RAICES NO RURAL. DEPUTACIÓN DE LUGO

A Deputación de Lugo a través do seu programa Prende. Bota raíces no Rural oferta:

Aberto ata o venres o prazo para apuntarse nos 14 postos de traballo do #Prende!. Os perfís profesionais que buscan as empresas son: 

1 peón forestal
2 axudantes de camareiro/a
1 fontaneiro/a
4 peóns de gandería
2 camareiro
1 administrativo
1 peón agrícola
1 bodegueiro/a
1 oficial de gandería
+ info https://bit.ly/3l0DbtN

Abierto el plazo para adherirse al programa 'Prende! Bota raíces no rural'  | Concello A Pobra do Brollón

venres, 24 de xullo de 2020

140 CONTRATOS PARA MOZOS/AS DE GARANTÍA XUVENIL


Contratos en prácticas CSIC, Garantía Juvenil 2020




Periodo de inscripciónDel 16/07/2020 al 29/07/2020


Información

Se convoca proceso selectivo para la formalización de 140 contratos para personal técnico con destino en distintos institutos, centros y unidades del CSIC, mediante la modalidad de contrato en prácticas, para la promoción del empleo joven e implantación de la Garantía Juvenil. Está dirigido a jóvenes no ocupados y que no cursen estudios ni formación, a través de la Iniciativa de Empleo Juvenil y el Fondo Social Europeo.

La distribución de plazas es la siguiente:
Grupo Profesional I: 29 Titulado/a Superior de Gestión y Servicios Comunes y 27 Titulado/a Superior de Actividades Técnicas y Profesionales.
Grupo Profesional III: 65 Técnico/a Superior de Gestión y Servicios Comunes y 19 Técnico/a Superior de Actividades Técnicas y Profesionales.

El proceso selectivo se realizará mediante concurso, valorándose: expediente académico, formación complementaria y conocimientos de inglés.

Los contratos tendrán una duración de dos años.

Las solicitudes deben realizarse en la aplicación electrónica habilitada al efecto en la página web del CSIC. Así mismo, será necesario escanear la documentación susceptible de valoración e introducirla en el apartado correspondiente a través de la página web mencionada.

Se puede optar, como máximo, a tres contratos de todos los ofertados que correspondan como máximo a dos Comunidades Autónomas.

Plazo de solicitudes: hasta el 29 de julio de 2020.

Convoca

Consejo Superior de Investigaciones Científicas

Requisitos

Entre los requisitos: nacionalidad española o de algún Estado miembro de la Unión Europea, no haber sido contratada con anterioridad en virtud de contrato en prácticas ni en el CSIC, estar inscrito/a en el Fichero Nacional de Garantía Juvenil y edad menor de 30 años (a fecha de firma de contrato).

Dotación

La retribución anual bruta a percibir por cada Grupo Profesional será de: Grupo Profesional I: 21.758,10€ y Grupo Profesional III: 14.092,16€

Más Información

garantia_juvenil@csic.es

mércores, 22 de xullo de 2020

ALOXAMENTOS RESIDENCIAS XUVENTUDE

Aloxamento nas Residencias de Xuventude durante o curso 2020/2021
21 Xul 2020 

Aloxamento nas Residencias de Xuventude durante o curso 2020/2021
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de instalacións que durante o curso académico funcionan como residencias xuvenís.
As instalacións póñense a disposición dos mozos/as estudantes, reservando un 9% das prazas para a mocidade traballadora e resérvase tamén un 9% para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen.

As instalacións a disposición dos mozos e mozas residentes durante o curso académico ofrecen aloxamento e mantenza, nelas desenvólvese unha serie de actividades e convivencias educativas a través das que se intenta fomentar valores sociais, culturais e deportivos.

Convocatoria para o curso académico 2020/21: 216 prazas.
Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 74 Home/muller
Ourense. Florentino López Cuevillas: 55 Home/muller
Vigo. Altamar: 87 Home/muller

9 % para mozos e mozas que desempeñen unha actividade profesional:
Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 7 Home/muller
Ourense. Florentino López Cuevillas: 5 Home/muller
Vigo. Altamar: 8 Home/muller

9 % para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen:
Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 7 Home/muller
Ourense. Florentino López Cuevillas: 5 Home/muller
Vigo. Altamar: 8 Home/muller

Prazo de presentación das solicitudes: Estará aberto ata o 21 de agosto de 2020.
As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da xunta https://sede.xunta.es, entrando no procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.

Requisitos:
- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
- Non ter perdido a condición de residente por causa imputable a persoa solicitante.
-Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2020.
A mocidade estudante, ademais:
- Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, e estudos de masters universitarios oficiais.
- No concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar a persoa solicitante.

A mocidade traballadora tamén deberán cumprir os seguintes:
- O lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
- No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, que teña unha duración mínima de tres meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
- No caso de ser unha persoa traballadora por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

Prezo:
a) Habitación dobre: 324 € por residente e mes.
b) Habitación cuádrupla: 250 € por residente e mes.

Período de estadía:
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para o curso académico 2020-2021, exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.
As persoas beneficiarias que teñan a condición de estudantes, iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia coincidindo co curso académico no que estiveran matriculadas (respectando sempre o período máximo antes indicado) e en todo caso concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.
En calquera caso as persoas beneficiarias deberán iniciar a súa estadía na residencia como prazo máximo o 31 de outubro.

Máis información no DOG do 21 de xullo de 2020

Lugo: http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-lug-ii/
Ourense: http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-florentino-lopez-cuevillas/
Vigo: http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-altamar/

mércores, 15 de abril de 2020

PRÁCTICAS INTERNACIONAIS: INTERCAMBIO DE ESTUDANTES POR EXPERIENCIA TÉCNICA

IAESTE, a Asociación Internacional para o Intercambio de Estudantes por Experiencia Técnica, ofrece oportunidades profesionais centradas na carreira profesional en todo o mundo para gañar experiencia e aumentar as oportunidades de emprego dos mozos.


Quen pode participar?
Como a solicitude involucra aos Comités Nacionais de IAESTE, é necesario residir nun país onde IAESTE está presente

As áreas de pasantía inclúen
- Informática e ciencias da información
- Química, ciencia de materiais e enxeñería química
- Enxeñería mecánica
- Enxeñería civil, xeoloxía e mineiria
- Arquitectura
- Matemática e estatística
- Física
- Negocios, xestión e márketing

Condicións
As pasantías son remuneradas
A duración habitual é entre 8 e 52 semanas
Os prazos e requisitos varían segundo o posto ofertado
Ten en conta que se poden requirir certas tarifas

Como solicitar?
Atopa o teu pasantía
Rexistrate no portal de prácticas
Comunícate coa oficina nacional para informarlles que te rexistraches xunto co número de referencia da pasantía que desexas solicitar
Mantente en contacto co teu Comité Nacional que te guiará a través do proceso

https://iaeste.org/about

luns, 6 de abril de 2020

FORMACIÓN VOLUNTARIADO E XUVENTUDE


O prazo de inscrición para anotarse nestes cursos formativos comeza a partir do vindeiro mércores 8 de abril.
Estará formado por 18 cursos en liña, cun total de 1250 prazas, orientados á formación básica e especializada.

A Xunta impulsa un plan de formación para a mocidade e as persoas voluntarias de Galicia coa finalidade de ofrecer opcións en materia de voluntariado e de educación non formal durante esta situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.

O plan está conformado por 18 cursos en liña, cun total de 1250 prazas, orientados á formación básica en materia de voluntariado, así como á formación especializada e específica en lingua de signos, coidado ambiental (facendo especial fincapé no ámbito da reciclaxe na casa), novas tecnoloxías ou voluntariado en situacións de emerxencia.

No ámbito da xuventude, as accións formativas centraranse no eido dixital, a comunicación, o tempo libre e técnicas de mellora emocional. Poderán inscribirse a estes cursos persoas mozas de entre 16 e 35 anos.

Os formularios de inscrición estarán dispoñibles na páxina web de Voluntariado a partir do vindeiro mércores 8 de abril. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de abril, salvo esgotamento de prazas. Se nalgún curso houbese prazas máis alá do 13 de abril, a inscrición permanecería aberta ata dous días antes de que comece dito curso.

Cursos ofertados
Desta maneira, poñeranse en marcha un total de 11 cursos de formación dirixidos á xuventude: Fotografía dixital; Oratoria: formación en comunicación; Xestión do estrés; Crea a túa páxina web; Influencers dixitais; Xestión do tempo para o estudo; Educación en valores no tempo libre; Orientación vocacional; Escape Room educativo analóxico e dixital; Obradoiro de gravación de vídeo e Futuro en igualdade.

Pola súa banda, os sete cursos que se desenvolverán no ámbito do voluntariado son: Acción voluntaria en situacións de emerxencia, Lingua de signos, Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias; Voluntariado e transformación social; Aprendizaxe reflexiva a través da acción voluntaria; Curso básico de voluntariado; e Educación e voluntariado ambiental.

luns, 30 de marzo de 2020

AXUDA INSCRICIÓN GARANTÍA XUVENIL


GARANTÍA XUVENIL é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos ao mercado de traballo. Ten como obxectivo garantir que os/as mozos/as entre 16 e 29 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas tras acabar a educación formal ou quedar desempregados.

A QUEN VAI DIRIXIDO GARANTIA XUVENIL?
Garantía Xuvenil está dirixida a mozos/as en procura de emprego que non se atopen en situación de estudar ou formarse, nin traballando por conta propia ou allea, e queiran lograr a súa inserción plena no mercado laboral.

CALES SON OS REQUISITOS?
Os/as mozos/as poderán solicitar a súa inscrición en garantía xuvenil sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter máis de 16 anos ou menos de 30 anos no momento de solicitar a inscrición
- Non traballar no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Non recibir accións educativas nin formativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Ter nacionalidade española ou, ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza ou ser estranxeiro titular dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
- Estar empadroado en calquera localidade do territorio español.

COMO PODO INSCRIBIRME?
Podes inscribirte de varias formas:

a) Se tes certificado dixital ou clave permanente podes inscribirte seguindo os seguintes pasos:
1. Accedes ao seguinte enlace: https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action
2. Instrucións para acceder con certificado dixital. Pincha aqui.

b) Se non tes certificado dixital, hai tres opcións:
1. No Centro coordinador de información xuvenil de Galicia* en Santiago de Compostela ou nos Espazos Xove dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: Mediante un Código Provisional de Activación que te permite activar unha conta de usuario.
2. Nas Oficinas de Emprego: No momento de inscribirte como demandante de emprego ou cando se fai a renovación da demanda podes solicitar que te inscriban no programa.
3. Nas Cámaras de Comercio: facilitanche un certificado dixital para que te inscribas directamente.

* Durante o período do Covid19 o Centro Coordinador de Información Xuvenil e os Espazos Xove están pechados polo que implementamos o acceso online para que podas solicitar o Código de Activación:

ACCESO AO CÓDIGO DE ACTIVACIÓN PROVISIONAL

Se non tes un Certificado Dixital podes acceder á inscrición con un Código de Activación Provisional que te proporcionaremos desde o Centro coordinador de Información Xuvenil.

1. Para iso cubre a Solicitude de Código Provisional de Activación

2. Unha vez cuberta tes que enviala acompañada dunha copia do DNI ou NIE ao correo electrónico: ccoordinador.xuventude@xunta.gal

Instrucións para activar a conta de usuario e escoller o contrasinal persoal: Pincha aqui.

Necesitas axuda para cubrir o formulario de inscrición?
Se xa tes creada a túa sesión de usuario e necesitas axudas para cubrir o formulario de inscrición contacta co noso Servicio de Información Xuvenil no correo electrónico: ccoordinador.xuventude@xunta.gal

martes, 17 de marzo de 2020

CURSOS A DISTANCIA PARA Á MOCIDADE TRABALLADORA



Femxa organiza cursos online, 100% subvencionados polo SEPE, que se iniciarán durante os próximos meses dirixidos á mocidade trabalaldora.
Trátase de formación subvencionada na súa totalidade, sen ningún custo para os mozos/as traballadores/as en réxime xeral e autónomos, con calquera tipo de contrato e xornada, interesados en realizala.

Algúns dos obxectivos destes cursos de formación, que non teñen ningún custo económico, son:
- Mellorar as competencias profesionais e itinerarios de emprego e formación.
- Mellorar a empregabilidade das traballadores con maiores dificultades.
- Acreditar as competencias adquiridas por formación.
- Promover a diminución da fenda dixital existente e garantir a accesibilidade ás tecnoloxías da información e comunicación.

Todos os cursos son especialidades do SEPE e realízanse en modalidade online.

OFERTA DE CURSOS

A inscrición dos cursos pódese realizar desde a seguinte páxina web: https://www.cursosfemxa.es/cursosjuventud

xoves, 12 de marzo de 2020

BOLSAS DE FORMACIÓN A PERSOAS TITULADAS EN FORMACIÓN PROFESIONAL

Feuga, Fundación Empresa- Universidade Galega oferta bolsas de formación a persoas tituladas en Formación Profesional. 05 Mar 2020 

Bolsas de formación a persoas tituladas en Formación Profesional

Requisitos:

- Titulados/as de centros de Formación Profesional galegos de grao medio ou superior.
- Menores de 31 anos.
- Título obtido nun centro de FP galego.
- Finalización dos estudos nos 3 anos anteriores.
- Sen experiencia.
Os solicitantes deberán inscribirse no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Condicións:
Bolsa mínima a xornada completa: 512 €.
As actividades do bolseiro serán formativas, en ningún suposto poderá ostentar a condición de responsable das mesmas, estando en todo momento supervisado e controlado polo seu titor e facer constar nos seus datos que desexa optar a unha bolsa de formación de FEUGA.

Duración:
As bolsas de formación terán unha duración mínima de dous meses e máxima doce meses.

Para máis información:

FEUGA Santiago de Compostela
feuga@feuga.es
sdoce@feuga.es
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n.
Campus Vida
15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tfno. 981 534 180

FEUGA Vigo
feugavigo@feuga.es
sdoce@feuga.es
Área Comercial - Local A9
Campus Universitario Lagoas - Marcosende
36310 Vigo (Pontevedra)
Tfno. 986 469 110

FEUGA Coruña
feuga@feuga.es
sdoce@feuga.es
Almirante Lángara, s/n
Campus Universitario Riazor
15011 A Coruña
Tfno. 981 250 903

https://www.feuga.es/becas/pbfp/

luns, 9 de marzo de 2020

AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCCIÓN. XUVENTUDE

📌 AXUDAS para facilitar a obtencións dos PERMISOS DE CONDUCIÓN das clases B 🚗 e C 🚛, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

O importe da axuda será de:
4️⃣0️⃣0️⃣ euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 
6️⃣5️⃣0️⃣ euros para o permiso de clase C.

O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos.

⏰ Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de xullo de 2020, salgo esgotamento do crédito orzamentario dispoñible

xoves, 27 de febreiro de 2020

ACTIVIDADE DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS. XÓVENES

Actividades de formación en linguas estranxeiras

    A Consellería de Educación convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, durante o ano 2020.

    O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2020, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto, e das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2020/21.

    Requisitos:

    a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO, ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.
    b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018/19.
    c) Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
    d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a no curso 2019/20 nun centro da Rede de centros plurilingües.

    O custo total de cada actividade inclúe:
    a) No caso das actividades que se van realizar no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
    b) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
    c) Os gastos de docencia e o material escolar.
    d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
    e) Os gastos de mantenza e aloxamento.
    f) O certificado de realización da actividade.
    g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

    Destinos:
    AXUDASLE


    Criterios de puntuación:

    1º. Nota media do expediente no curso 2018/19: ata 10 puntos.
    2º. Renda per cápita da unidade familiar: ata 20 puntos.
    3º. Pertenza a familia numerosa: 2 puntos.
    4º. Discapacidade igual ou superior ao 33 % ou pensionista da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou a equivalente de clases pasivas dalgún membro da unidade familiar en primeiro grao: 2 puntos.
    5º. Non ter sido beneficiario nunha axuda ao abeiro da convocatoria establecida pola Orde do 4 de febreiro de 2019: 1 punto.

    As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es co procedemento ED504B
    O prazo para presentar solicitudes estrará aberto ata o 26 de marzo de 2020.
    Máis información no DOG do 26 de febreiro de 2020 en http://www.edu.xunta.es/axudasle

    luns, 20 de xaneiro de 2020

    TARXETA XENTE NOVA TRANSPORTE

    👉👉A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitando de Galicia que permite realizar viaxes interurbanas gratuítas👈👈
    👩🧑Poden empregala mozos e mozas de entre 4 e 20 anos 

    ℹ️Máis información no seguinte enlace: https://bit.ly/385H8XM

    luns, 13 de xaneiro de 2020

    PRENDE NO RURAL. ÚLTIMA SEMANA PARA INSCRIBIRTE!

    Se es menor de 30 anos e estás na procura de emprego na provincia de #Lugo aínda estás a tempo de participar no programa #Prende, Bota raíces no rural! da @Deputación de Lugo:

    1⃣ fase. Aprendizaxe
    Recibirás formación retribuída nos sectores de enerxías renovables, turismo, xestión forestal, agricultura e gandería, 14 € por cada xornada formativa de 5 horas.

    2⃣ fase. Experiencia laboral en empresas
    Concederemos axudas a empresas que contraten durante 8 meses aos mozos e mozas que recibiron a formación.

    ℹ Consulta os requisitos de acceso e inscríbete antes do 20 de xaneiro
    📌 https://bit.ly/2sfQYqU

    Resultado de imagen de PRENDE NO RURAL

    xoves, 9 de xaneiro de 2020

    PRENDE. SECTOR FORESTAL


    PRENDE. CURSO SECTOR EÓLICO




    PROGRAMA PARA A XUVENTUDE PRENDE NO RURAL!!!

    Formación oficial de 50 horas, págase a 14€ o día de asistencia!


    Ampriase o prazo para a presentación de solicitudes para este programa coa finalidade de contribuir a mellora da empregabilidade mediante a formación específica en materias de sectores concretos: hostalaría e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandaría e medioambiente, por considerarse estes sectores emerxentes e de gran potencialidade na nosa provincia.

    As actividades e prazas ofertadas son as que se relacionan no seguinte cadro, en cada unha delas impartirase unha formación concentrada nos aspectos básicos e fundamentais mais valorados polas empresas de cada unha das especialidades a impartir de 50 horas, atendendo as recomendacións das asociacións sectoriais coñecedores das necesidades do mesmo dentro da provincia e outras 50 horas adicadas a xestión da empresa.


    (*) Celebrarase no lugar onde se concentre a maioría dos beneficiarios para evitar desprazamentos.

    BENEFICIARIOS:

    Está dirixido a aqueles mozos/as que desexen participar na formación dalgunha das materias específicas propostas e cumpran os seguintes requisitos:

    - Mozos/as maiores de 16 e menores de 30 anos no momento da solicitude

    - Estar inscritos no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil

    - Estar empadroados nalgún dos concellos que se recollen na convocatoria

    - Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a

    martes, 7 de xaneiro de 2020

    PROGRAMA DE AXUDA PARA AS/OS MOZAS/OS DO RURAL GALEGO

    A Deputación de Lugo facilita a participación no plan de #emprego xuvenil #Prende! ampliando o prazo de inscrición ata o día 20. O programa, que busca fixar poboación moza no rural, está dirixido a:

    ➡️ Menores de 30 anos
    ➡️ Inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
    ➡️ Empadroados nos 58 #concellos lucenses de menos de 5.000 habitantes ou de entre 5.000 e 10.000 con saldo demográfico negativo.
    ➡️ https://bit.ly/36Hgswt

    A Deputación de Lugo fai unha convocatoria para seleccionar os mozos e mozas dentro dun programa de formación no que cobrarán unha axuda económica, que sirva para afincar os mozos no rural e así combater o reto demográfico dando unha oportunidade os mozos e mozas da provincia de Lugo que se atopen empadroados nalgún dos concellos participantes e inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de garantía xuvenil.

    Medidas incluidas:
    Xenérate o teu Emprego no rural, medida de formación
    O teu emprego social no rural, axuda ou emprendemento individual
    O teu emprego no rural, axuda vos socios de economía social
    Xente nova no rural, axudas para a contratación por conta allea a empresa.

    Requisitos:
    Mozos e mozas maiores de 16 e menores de 30 anos no momento da solicitude.
    Estar inscritos no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil.

    O prazo de presentación de solicitudes estará aberta ata o 20 de xaneiro de 2020
    Máis información no BOP de Lugo do 16 de decembro de 2019

    BannerPrende_seccion



    venres, 27 de decembro de 2019

    AXUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA


    Axudas destinadas a alumnos de 6º curso de Educación Primaria e 2º curso de ESO para inmersión lingüística en lingua inglesa en España durante a primavera de 2020

    Extracto da Resolución do 11 de decembro de 2019, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional pola que se convocan axudas destinadas a alumnos de sexto curso de Educación Primaria e segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria para o desenvolvemento dun programa de inmersión lingüística en lingua inglesa en España durante a primavera de 2020. (BOE nº 310 de 26/12/2019)

    Beneficiarios: Grupos de alumnos/ as matriculados en centros sostidos con fondos públicos de 6º de Educación Primaria ou 2º de ESO.

    Solicitantes: Director/a de o centro ou Secretario/a na súa representación.

    Prazo de presentación ata o 10 de febreiro de 2020.

    xoves, 26 de decembro de 2019

    AXUDAS ECONÓMICAS PARA VIAXAR

    18 Dec 2019
    A Fundación Zis está a convidar a mozas de todas as nacionalidades entre 16 e 20 a ter a oportunidade de recibir unha bolsa de 600 euros para unha viaxe de estudo autoorganizado a un país estranxeiro.
    Axudas económicas para viaxar
    Destinatarios:
    - mozos entre 16 e 20 anos
    - de todas as nacionalidades
    - que aínda non asistan á universidade

    Prazo: Poderán presentarse as solicitudes ata o 15 de febreiro de 2020

    Condicións da viaxe:
    - investigarase sobre un tema elixido polo participante
    - realízase só
    - a única remuneración será a bolsa (600 euros);
    - duración mínima de catro semanas
    - a viaxe será ao estranxeiro, os cidadáns españois non deben viaxar en España.
    - o transporte en avión non está permitido
    - non se patrocinarán viaxes a rexións de guerra ou conflitos étnicos violentos;
    - cada participante ten un asesor persoal (mentor) para axudar a organizar a viaxe por correo electrónico
    - os participantes entregan un informe de estudo (8000 palabras como mínimo), un diario e unha declaración dentro dos tres meses posteriores á devolución en alemán ou inglés.

    Para participar
    - os candidatos deben completar o formulario de solicitude
    - pídeselles aos pais que completen un formulario de consentimento (mesmo se o candidato alcanzou a maioría de idade).

    https://www.zis-reisen.de/en/your-journey/

    AXUDAS PARA O EMPRENDEMENTO XUVENIL

    PROGRAMA PRENDE! BOTA RAICES NO RURAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

    A finalidade deste programa é a de contribuír a mellora da empregabilidade mediante a formación a través da Medida 8.2.3.1, “ GENERATE TU EMPLEO EN EL RURAL” consistindo na financiación dos custos directos de formación en materia de autoemprego e creación de empresas, así coma de formación especifica en materias de sectores concretos: hostalaría e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandería e medioambiente, por considerarse estes sectores emerxentes e de gran potencialidade na nosa provincia.

    As actividades e prazas ofertadas son as que se relacionan no seguinte cadro, en cada unha delas impartirase unha formación concentrada nos aspectos básicos e fundamentais mais valorados polas empresas de cada unha das especialidades a impartir de 50 horas, atendo as recomendacións das asociacións sectoriais coñecedores das necesidades do mesmo dentro da provincia, e outras 50 horas adicadas a xestión da empresa, parte fundamental de cara o futuro empredemento ou o traballo por conta allea, xa que o coñecemento xeral de xestión do funcionamento interno dunha empresa é básico para desempeñar calquera posto dentro dunha empresa.
    ACTIVIDADE
    HORAS
    DÍAS
    PRAZAS OFERTADAS
    CENTRO
    Hostaleria e turismo
    100
    20
    14
    1.SUR*
    Enerxía e auga
    100
    20
    13
    2.A MARIÑA*
    Agricultura e gandaría
    100
    20
    8
    3.CENTRO*
    Medio ambiente
    100
    20
    15
    4.MONTAÑA*
    Autoemprego
    50
    10
    9
    5.***

    *Celebrarase no concello máis céntrico en función dos beneficiarios seleccionados.
    *** Celebrarase no lugar onde se concentre a maioría dos beneficiarios para evitar desprazamentos.

    No caso de que non existan suficientes solicitudes nas zonas referidas, a formación poderá ter lugar nunha zona distinta a mencionada para cada unha das actividades anteriormente propostas.


    DESTINATARIOS
    Está dirixida aqueles mozos e mozas que desexen participar na formación dalgunha das materias específicas propostas que queiran asentar a súa vivenda nalgún concello dos participantes definidos no Anexo I destas bases, e cumpran cos requisitos seguintes:

    Mozos e mozas maiores de 16 e menores de 30 anos no momento da solicitude. Para o caso de cumprir os 30 anos en breve , poderá ser destinatario destas axudas sempre e cando inicie a súa participación no programa antes de que transcorran 4 meses dende o seu cumprimento, neste caso especifico poderá finalizar a participación no mesmo.
    Estar inscritos no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil.
    E obriga indispensable que os mozos e mozas beneficiarios de calquera medida estean empadroados durante o período de vixencia da subvención nalgún dos municipios definidos no artigo 2 do Real Decreto 1234/2018, de 5 de outubro, e recollidos no Anexo I – Listaxe Concellos desta convocatoria.
    Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións en concordancia coa Lei 9/2007 de xuño, de subvencións de Galicia.
    PRAZOS DE PRESENTACIÓN: O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende o seguinte a publicación da convocatoria do presente programa no BOP, previa publicación no Base de Datos Nacional de Subvencións. Inicio do prazo: 17/12/2019 e fin do prazo: 09/01/2020.
    Máis información: http://www.deputacionlugo.gal/temas/emprego/prende/genera