martes, 7 de xaneiro de 2020

PROGRAMA DE AXUDA PARA AS/OS MOZAS/OS DO RURAL GALEGO

A Deputación de Lugo facilita a participación no plan de #emprego xuvenil #Prende! ampliando o prazo de inscrición ata o día 20. O programa, que busca fixar poboación moza no rural, está dirixido a:

➡️ Menores de 30 anos
➡️ Inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
➡️ Empadroados nos 58 #concellos lucenses de menos de 5.000 habitantes ou de entre 5.000 e 10.000 con saldo demográfico negativo.
➡️ https://bit.ly/36Hgswt

A Deputación de Lugo fai unha convocatoria para seleccionar os mozos e mozas dentro dun programa de formación no que cobrarán unha axuda económica, que sirva para afincar os mozos no rural e así combater o reto demográfico dando unha oportunidade os mozos e mozas da provincia de Lugo que se atopen empadroados nalgún dos concellos participantes e inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de garantía xuvenil.

Medidas incluidas:
Xenérate o teu Emprego no rural, medida de formación
O teu emprego social no rural, axuda ou emprendemento individual
O teu emprego no rural, axuda vos socios de economía social
Xente nova no rural, axudas para a contratación por conta allea a empresa.

Requisitos:
Mozos e mozas maiores de 16 e menores de 30 anos no momento da solicitude.
Estar inscritos no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberta ata o 20 de xaneiro de 2020
Máis información no BOP de Lugo do 16 de decembro de 2019

BannerPrende_seccion



Ningún comentario:

Publicar un comentario