venres, 17 de xaneiro de 2020

EMPREGO PÚBLICO. SOBRADO DOS MONXES

📣 OFERTAS DE EMPREGO NO CAMPAMENTO ROMANO DE A CIADELLA
AUXILIAR DE ARQUEOLOXÍA

Adolfo Fernández Fernández, Investigador Distinguido da Universidade de Vigo e membro do GEAAT, oferta 5 contratos como Auxiliar de Arqueoloxía con cargo á CONTRATACIÓN DE SERVIZOS SUXEITO A REGULACIÓN HARMONIZADA DE POSTA EN VALOR DAS ESTRUTURAS ARQUEOLÓXICAS DOS EDIFICIOS 1-2 e 4 NO CAMPAMENTO ROMANO DE CIADELLA, EN SOBRADO DOS MONXES (A CORUÑA), COFINANCIADO POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (80%), NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2014-2020.

Características dos contratos:

Duración: 3 meses a tempo completo (durante o ano 2020).
Lugar de traballo: Campamento romano de A Ciadella (Sobrado dos Monxes, A Coruña).

Retribución bruta mensual aproximada: 1.418€

Requisitos e perfil do candidato/a:
Titulación requirida: Sin titulación específica primándose aqueles/as Licenciados/as en Historia ou Gradudos/as en Xeografía e Historia.

Ter participado nunha escavación arqueolóxica como Auxiliar de arqueoloxía nos últimos cinco anos.

Selección
O proceso selectivo consistirá na valoración do CV e da experiencia e capacitación do candidato/a e nunha entrevista persoal de ser necesario.

Primaranse aqueles/as candidatos/as que teñan desenvolvido con anterioridade outros traballos coa Universidade de Vigo en tarefas de arqueoloxía de campo.
A selección será resolta por unha comisión conformada por tres investigadores/as do GEAAT.

Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de xaneiro de 2020.

Os interesadas/os deben enviar o seu CV completo en pdf ao seguinte enderezo de correo electrónico adolfo@uvigo.es indicando no encabezado á convocatoria á oferta á que se presenta (Aux. Arq. 3 meses)

Ningún comentario:

Publicar un comentario