
Se buscas traballo de rotulista en lugo, estás de parabén!
📤💻 Se queres ser a nosa próxima fichaxe só tes que enviarnos o teu currículo vitae á dirección personal@imprimate.es e estaremos encantados de valorar a túa candidatura. Ten en conta que non recollemos currículos en ningún dos nosos locais, polo que se queres que o posto sexa teu terás que facérnolo chegar por email.
🔍👌 Valoraremos positivamente a túa experiencia no sector, pero o que máis nos importa é a túa predisposición e nivel de detalle, xa que en IMPRIMATE os pequenos detalles son os que marcan a diferenza. Se che gustan as montaxes, instalacións, a aplicación de vinilos e tes coñecementos de electricidade, non o penses: IMPRIMATE é a túa mellor opción.
💨⏩ Dáche présa e envíanos o teu CV antes do día 15 de xaneiro de 2020. ÚneTe e dálle caÑa ao mono connosco! 💪
Ningún comentario:
Publicar un comentario