xoves, 31 de xaneiro de 2019

BOLSA FORMACIÓN. FUNDACIÓN GALICIA EUROPA

Bolsa de formación da Fundación Galicia Europa


A Fundación Galicia Europa convoca unha bolsa de formación para persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación.

Requisitos:
1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
2. Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a súa residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria e nivel B2 nalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Posuír un título universitario de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente. Os estudos conducentes a obtención do título deberon terse rematado dentro dos seis anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
4. Posuír un nivel B2 ou superior en lingua inglesa.

O programa formativo da bolsa terá unha duración de 12 meses.


O lugar de desenvolvemento das bolsas será a oficina da FGE en Bruxelas e poderanse realizar tamén breves períodos formativos nas dependencias da Axencia Galega de Innovación (Gain) en Santiago de Compostela ou onde esta indique.

O importe total da bolsa distribuirase do seguinte xeito:


a) Retribución bruta (pagamento ao bolseiro): 15.949,08 €.
b) Axuda de desprazamento para gastos de viaxe (pagamento ao bolseiro): 1.100 €.
c) Seguridade Social: 490,92 €

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario PR770M

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de febreiro de 2019
Máis información no DOG do 30 de xaneiro de 2019 e en http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu

OFERTA DE NEGOCIO. VIVEIRO


OFERTA DE EMPREGO PRIVADA


Oferta publicada polos compañeiros da Fundación Laboral de la Construcción.


OFERTA EMPREGO PRIVADA. TERRA CHÁ

Búscase motoserrista con experiencia para traballos forestais na zona da Terra Chá e arredores. Facilítase coche de empresa para os desprazamentos desde A Mariña.

☎️ As persoas interesadas poden contactar no 649814847




mércores, 30 de xaneiro de 2019

PROBAS PARA A OBTENCIÓN TÍTULO DE BACHAREL PARA PARA MAIORES

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190130/AnuncioG0534-180119-0001_gl.html

OFERTA EMPREGO PRIVADA. AS PONTES

 ADMINISTRATIV@ PARA OBRA AS PONTES (A Coruña)

Con formación profesional de grao medio en administración.

EXPERIENCIA MÍNIMA DE 2 ANOS en contabilidade, pedidos a provedores, facturación, certificacións a clientes e administración local.

- Formación  PRL: Segundo ciclo de  PRL (20  h)
- Carné de conducir e vehículo propio (posto de traballo nas Pontes, A Coruña)
Dispoñibilidade horaria
- INCORPORACIÓN APROXIMADA: FINAIS FEB'19-PRINCIPIOS MARZO'19

https://www.infojobs.net/as-pontes-de-garcia-rodriguez/administrativ-para-obra-pontes-coruna/of-i9447c93d3c4c57a67dcf96291027d4?applicationOrigin=search-new

OFERTA EMPREGO PÚBLICA. O VICEDO

No Boletín oficial da provincia de Lugo do día 26.01.2019, publicouse o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, dun AXENTE TIC, a xornada parcial (20 horas/semana), como persoal laboral temporal do concello de O Vicedo, e encargado da aula CEMIT.

Poden consultar as bases e descargar a instancia de solicitude no seguinte enlace: 
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (apartado taboleiro de anuncios).

Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude é:
- DNI.
- Titulación esixida: estar en posesión dalgunha titulación de Técnico superior ou FPII da rama informática
- Acreditación de estar en posesión do CELGA 4 ou curso de perfeccionamento do galego.
- Acreditación dos méritos de ser o caso: vida laboral máis contratos de traballo, diplomas dos cursos e outras titulacións relacionados co posto de traballo.
Si a documentación se presenta directamente neste concello, deben traer os orixinais da documentación anterior para o seu cotexo (faríanselles aquí as fotocopias). Si se presenta noutro rexistro, deberán enviar orixinais ou copias compulsadas ou cotexadas, sen perxuizo de que en calquer momento se lle poda requerir o orixinal.

Si presentan a solicitude noutro rexistro distinto o do propio concello, ademáis de todo o anterior, deben de enviar por fax ao 982590001, dentro do prazo estipulado, unha copia da solicitude correctamente presentada e datada, según o estipulado nas bases.

O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar desde o día seguinte o da publicación no Boletín oficial da provincia,finaliza o próximo día 5 de febreiro de 2019.

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO. VALADOURO

Bases para a contratación de dous operaros (oficiais 1º) para o servizo de mantemento de vías municipais ao abeiro do Plan Único de Cooperación.

Xornada completa e contrato de 5,5 meses, ata o 30 de setembro en todo caso.
O prazo de presentación de instancias será ata o 6 de febreiro.
Publicada no BOP o 30.01.19.

http://www.deputacionlugo.gal/boletin-oficial-da-provincia-de-lugo/ultimo-bop

martes, 29 de xaneiro de 2019

OFERTA EMPREGO PÚBLICA

ANUNCIO DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL NA ASOCIACIÓN DE GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA


OBXECTO DA CONVOCATORIA. É obxecto desta convocatoria fixar as Bases e determinar o procedemento de selección para a contratación laboral dunha persoa que desenvolva o cargo de Responsable Técnico da Asociación de GDRs de Galicia. O tipo de contrato será a tempo parcial “por obra ou servizo determinado", cun salario bruto de 15.000 euros/ano. Esta media xornada poderá transformarse en xornada completa, caso de ser necesario por razóns do volume de traballo, proxectos conseguidos e resultados acadados. O proceso garantirá os principios de igualdade, mérito e capacidade, publicidade e concorrencia.

Prazo de presentación de instancias: Dende o 29 de xaneiro ata o 18 de febreiro.
Convocatoria: https://bit.ly/2Uqq87F

OFERTA EMPREGO PÚBLICA. CERVO

CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELO DE CERVO PARA POSTOS DE TRABALLO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR. 

De conformidade co decreto de Alcaldía número 2019-0060 de data 22 de xaneiro de 2019, faise pública a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego no Concello de Cervo para postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar. A convocatoria e as bases aprobadas están a disposición dos interesados no Rexistro Xeral do Concello de Cervo e na súa páxina web www.concellodecervo.com

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. É dicir, dende o 30 de xaneiro ata o 19 de febreiro.

luns, 28 de xaneiro de 2019

SUBVENCIÓNS ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS

AGADER convoca SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ADQUISIÓN DE MAQUINARIA E EQUIPAMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS

Persoas beneficiarias

a) Microempresas e pequenas empresas situadas en zonas rurais
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.
c) Titulares dunha explotación agraria ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
Obxecto
Apoio á ampliación e modernización de pequenas empresas mediante a adquisición de equipos produtivos destinados a actividades non agrícolas.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de febreiro de 2019

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190128/AnuncioO90-201218-0001_gl.pdf?fbclid=IwAR0iKi-wtGZlS8CdczjkorqhEY7AJA4I-6Rw9fFgEAAYItcWVK4FMO4PkD4

XORNADA FORMATIVA. ¡¡MURAS!!


OFERTA DE EMPREGO PÚBLICA, XERMADE !!!!!!!!!!

O concello de Xermade publicou no BOP do sábado 26 de Xaneiro, as bases para a contratación mediante oposición libre e con carácter de funcionario interino e para bolsa de emprego, dun arquitecto/a municipal e dun auxiliar administrativo.
O título mínimo para presentarse a auxiliar administrativo será o graduado en ESO e o título mínimo para presentarse a arquitecto será o grado en arquitectura.

O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais dende o 27 ata 5 de febreiro.
As bases das convocatorios atopanse na sede electrónica do concello de Xermade, sendo o enlace o seguinte: https://concelloxermade.sedelectronica.es/info.0

OFERTA DE EMPREGO PRIVADA. VILALBA

‼️OFERTA DE EMPREGO‼️

Búscase persoa para tramitar PAC 2018.

Preferiblemente con experiencia en tramitación de axudas PAC.

Interesad@s enviar curriculum a gtagro2@yahoo.es

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VILALBA

NECESÍTASE PERSOAL PARA ALMACÉN E REPARTO. ZONA DE VILALBA. 
TELÉFONO DE CONTACTO 660304730.

domingo, 27 de xaneiro de 2019

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICA. MUGARDOS

CONCELLO DE MUGARDOS

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE ORDENANZA NOTIFICADOR/A

Solicitudes: prazo atA o 4 de febreiro

sábado, 26 de xaneiro de 2019

FORMACIÓN CONSUMO

A Escola Galega de Administración Pública convoca cursos dirixidos ao persoal do Instituto Galego de Consumo e da Competencia; da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos espazos xoves; das OMIX e das OMIC.

Consumo e finanzas CV19001

Obxectivos.
- Analizar os servizos financeiros desde unha perspectiva de consumo.
- Ofrecer contidos para a aplicación no ámbito laboral e na vida diaria do alumnado.
Proporcionarlle ao alumnado ferramentas para o fomento dun consumo responsable no ámbito dos servizos financeiros.

Destinatarios/as.
Poderá participar na actividade formativa convocada mediante esta resolución o persoal do Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC); da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos Espazos Xoves; das OMIX e das OMIC.

Desenvolvemento.
Modalidade: teleformación.
Duración: 20 h.
Edicións: 1.
Núm. prazas: 30.
Datas: do 12 de febreiro ao 12 de marzo de 2019.
Proba final: 12 de marzo: das 9.00 ás 14.00 horas.

Contido.
Módulo inicial (2.5 horas).
– Guía didáctica e presentación do curso.
Módulo 1: servizos financeiros básicos (5 horas).
– Entidades financeiras.
– Servizos principais (contas bancarias, tarxetas de crédito e de débito, préstamos, comisións...).
– Finanzas en liña.
Módulo 2: orzamentos responsables (5 horas).
– Elaboración de orzamentos responsables.
– Evitar riscos: «os créditos rápidos».
Módulo 3: dereitos e resolución de conflitos financeiros (5 horas).
– Dereitos da clientela da banca presencial e electrónica.
– Reclamacións en materia de servizos financeiros.
Módulo final (2.5 horas).


Consumo e publicidade Código: CV19002

Obxectivos.
- Adquirir uns coñecementos básicos sobre a publicidade.
- Analizar e construír materiais con publicidade e sobre publicidade.

Destinatarios/as.
Poderá participar na actividade formativa convocada mediante esta resolución o persoal do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC); da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos Espazos Xoves; das OMIX e das OMIC.

Desenvolvemento.
Modalidade: teleformación.
Duración: 20 h.
Edicións: 1.
Núm. prazas: 30.
Datas: do 12 de marzo ao 12 de abril de 2019.
Proba final: 12 de abril: das 9.00 ás 14.00 horas.

Contido.
Módulo inicial (2 horas).
– Guía didáctica. Presentación do curso.
Módulo 1: concepto e historia da publicidade (4 horas).
– Definicións e elementos da publicidade.
– Disciplinas relacionadas coa publicidade.
– Diferenza entre información, publicidade e propaganda.
– Orixe da publicidade.
– Publicidade moderna e a chegada dos medios audiovisuais.
Módulo 2: a mensaxe e a linguaxe publicitaria (4 horas).
– A mensaxe publicitaria.
– A linguaxe publicitaria.
– Código lingüístico.
– Código visual.
– Simboloxía e funcións da linguaxe publicitaria.
Módulo 3: estereotipos e valores (4 horas).
– Modelos de socialización.
– Os estereotipos na publicidade.
– Os valores na publicidade.
Módulo 4: consumo e publicidade (4 horas).
– Dereitos e deberes das persoas consumidoras fronte á publicidade.
– Marco legal da publicidade en Galicia.
– A publicidade ilícita.
Módulo final (2 horas).
– Conclusións.


Consumo e xénero Código: CV19003
Obxectivos.
- Promover a reflexión arredor do consumo e o xénero filtrado polo papel crucial da educación.
- Reflexionar sobre a relación entre o consumo e o xénero como elementos de desigualdade social, cuestionando os estereotipos de xénero asociados ao consumo e analizando os roles de homes e mulleres neste ámbito.

Destinatarios/as.
Poderá participar na actividade formativa convocada mediante esta resolución o persoal do Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC); da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos Espazos Xoves; das OMIX e das OMIC.

Desenvolvemento.
Modalidade: teleformación.
Duración: 20 h.
Edicións: 1.
Núm. prazas: 30.
Datas: do 21 de maio ao 14 de xuño de 2019.
Proba final: 14 de xuño: das 9.00 ás 14.00 horas.

Contido.
Modulo inicial: guía didáctica e presentación do curso (2.5 horas).
– Visualización «Grandes almacenes y revolución social».
Módulo 1: o consumo como elemento de desigualdade social (5 horas).
– O papel social do consumo na historia e na actualidade. A sociedade do consumo.
– Consumo responsable.
– Dereitos e deberes das persoas consumidoras e usuarias e resolución de conflitos de consumo.
Módulo 2: o xénero como elemento de desigualdade social (5 horas).
Análise do xénero como un factor de desigualdade transversal que inflúe en todas as desigualdades anteriores e como os roles tradicionalmente desiguais de homes e mulleres e os estereotipos asociados a eles teñen un papel crucial na desigualdade de xénero, apoiado no estudo dos seguintes materiais:
– Mulleres e homes en España (INE).
– Guía de sensibilización e formación na igualdade (Instituto da Muller).
Módulo 3: a interacción entre o consumo e o xénero (5 horas).
Análise das interaccións entre o consumo e o xénero, é dicir, aplicación da denominada «perspectiva de xénero» na análise do consumo, apoiado no estudo dos seguintes materiais:
– O xénero do consumo na sociedade do consumo.
– As desigualdades no consumo a través do xénero.
– Mulleres en Galicia: sensibilización social (Secretaría Xeral de Igualdade).
– Publicidade e xénero no consumo.

O prazo para solicitar os cursos estará aberto desde o 23 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2019.
Solicitude dos cursos: https://egap.xunta.gal
Máis información no DOG do 22 de xaneiro de 2019

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. 

Convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019 https://bit.ly/2sL7CLu

BOLSA DE FORMACIÓN

Escola Galega de Administración Pública. Convocatoria dunha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo https://bit.ly/2RdCjmq

venres, 25 de xaneiro de 2019

OFERTA DE EMPREGO PRIVADA. MONDOÑEDO-FERROL

Cáritas Diocesana Mondoñedo Ferrol selecciona 1 TECNICO/A DE ADMÓN. E FINANZAS.
Prazo de recepción de CV: ata o 1 de febreiro de 2019

FUNCIÓNS

· Responsable da llevanza da contabilidade da entidade, da elaboración das contas anuais da entidade, da caixa de efectivo da entidade, colaborar na elaboración dos orzamentos para a solicitude de subvencións, en coordinación cos técnicos de cada programa, preparar a documentación dos proxectos para xustificar subvencións en coordinación cos técnicos de cada programa, facilitar a información necesaria para o seguimento económico das distintas subvencións, apoiar na elaboración do orzamento anual á coordinadora xeral da entidade baixo a dirección do administrador, responsable da realización e presentación de todas as declaracións fiscais da entidade, xestión da tesourería da entidade: preparación de todos os pagos/ingresos (socios e usuarios) da entidade para a súa posterior firma, conciliacións; preparación e elaboración de todos os informes económico-financeiros e fiscais que lle sexan requiridos pola coordinadora ou o equipo directivo da entidade, estar en contacto coa xestoría para informar das incidencias que teñen reflexo na nómina, facilitar a comunicación ascendente e descendente, participación activa en todas nas reunións de equipo que se convoquen e calquera outras que teñan relación co posto de traballo.


REQUISITOS DOS CANDIDATOS

· Titulación media ou superior, preferentemente Grao Universitario (Licenciado) en en Económicas, Empresariais, Dirección e Administración de Empresas, sen descartar ningunha titulación universitaria.

· Experiencia profesional previa na xestión económico-administrativa.

· Coñecementos básicos da Lei de servizos sociais de Galicia e normativa de desenvolvemento
· Coñecementos básicos do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social 2015-2017.
· Coñecementos avanzados en Contabilidade (plan contable de entidades sen ánimo de lucro).
· Coñecementos en Lexislación xeral e fiscal das entidades do sector de Intervención Social (Lei 49/2002,...)
· Idiomas:Galego: Celga 4. Inglés: Desexable. Outros: Non se contempla.
· Informática: Usuario avanzado de programas e aplicacións informáticas (internet, folla de cálculo, procesador de textos…).

RELACIÓN CON CÁRITAS

Valorarase: O coñecemento de Cáritas e da pertenza desta á Igrexa diocesana e a vinculación aos valores de Cáritas, experiencias en economía solidaria e finanzas éticas.

INCORPORACIÓN PREVISTA: Marzo de 2019.

CONDICIÓNS LABORAIS

· Contrato indefinido tras período de proba.
· Retribución segundo táboas salariais de Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol.

Os candidatos deben presentar as súas candidaturas achegando “Currículo Vitae” antes do 1 de febreiro de 2019:

ben por correo electrónico á dirección: secretaria.cdmondonedo@caritas.es ou ben por correo postal á seguinte dirección:

Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol

Magdalena, 221 baixo. 15402- Ferrol (A Coruña).

Débese incluír como “Asunto” do correo electrónico “TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS” e esta mesma referencia no encabezamiento do Currículo e no sobre (en caso de enviar o CV por correo postal).

OFERTAS DO SERVIZO EMPREGO PÚBLICO GALICIA. 25/01

12/2019/633 ALBANEIS VILALBA
OFICIAL DE 1ª CON 24 MESES DE EXPERIENCIA. CURSO BÁSICO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS PERMISO DE CONDUCIR TIPO B
MEDIO DE CONTACTO: Teléfono : 982828910
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

12/2019/651 PEÓNS DA CONTRUCCIÓN. VILALBA
DETALLES: PEÓN DA CONSTRUCCIÓN PERMISO DE CONDUCIR TIPO B
MEDIO DE CONTACTO: Teléfono : 982828910
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

12/2019/657 ENCOFRADORES VIVEIRO
DETALLES: ENCOFRADOR OFICIAL DE PRIMEIRA CON 12 MESES DE EXPERIENCIA COMO MÍNIMO EN OBRA CIVIL E OBRA PÚBLICA
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 982828722
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

12/2019/675 ENCOFRADORES AS PONTES
DETALLES: Encofrador oficial primeira con 12 meses de experiencia mínima.
MEDIO DE CONTACTO: 012
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

12/2019/686 AXUDANTE LAVANDERÍA. VILALBA
DETALLES: AXUDANTE LAVANDERÍA/TINTORERÍA A MEDIA XORNADA DESEMPREGADO/A
CARGO:
OPERADORES DE MÁQUINAS DE LIMPEZA EN SECO DE PEZAS (LAVANDERÍA)
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 982828910
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

12/2019/686 AXUDANTES LAVANDERÍA/TINTORERÍA
DETALLES:
AXUDANTE LAVANDERÍA/TINTORERÍA A MEDIA XORNADA DESEMPREGADO/A
CARGO: OPERADORES DE MÁQUINAS DE LIMPEZA EN SECO DE PEZAS (LAVANDERÍA)
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 982828910
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

12/2019/607 CAMAREIROS/AS
DETALLES:IMPRESCINDIBLE QUE TEÑA MINUSVALÍA RECOÑECIDA CON 2 MESES EXPERIENCIA
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 982828911
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.


OFERTA EMPREGO PRIVADA. VILALBA

Para restaurante en Vilalba, necesítase axudante de cociña-camarera.
Xornada completa de luns a sábado.

Enviar curriculum: info@grupoforma-t.es

OFERTA DE EMPREGO PRIVADA

Oferta de emprego urxente: para Lugo

Búscase Enxeñeir@ Técnico Agrícola, Enxeñeir@ Agrónomo ou Veterinari@
Máis información por privado no facebook de FIC Lugo 

AXUDAS ESTADÍAS EXTERIOR

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. 

Bases reguladoras para as axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2019, co obxecto de coñecer a lingua dese país https://bit.ly/2FVrDad

xoves, 24 de xaneiro de 2019

OFERTA EMPREGO PÚBLICO

Por Resolución de Alcaldía de data 15 de xaneiro de 2019, foi aprobada a convocatoria de selección de persoal para unha praza de Auxiliar de Enfermería a Domicilio (Persoal Laboral Temporal), para cubrir unha praza por Risco Durante o Embarazo dende xaneiro de 2019 hasta a incorporación da traballadora titular da praza. 

Posto: Auxiliar de Enfermería (Posto 47 da RPT) 
Grupo: C2 
Contrato: 410 de Interinidade a Xornada Completa 

As bases de dita convocatoria e a instancia atópanse a disposición de tódolos aspirantes na sede electrónica, na páxina web e nos taboleiros de anuncios do Concello de Xove. 
O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles dende o día siguiente á publicación deste anuncio. (ATA O 31 DE XANEIRO)

 Xove, 15 de Xaneiro de 2019. O Alcalde, José Demetrio Salgueiro Rapa.

ATENCIÓN!!!!! PROBAS PARA A OBTENCIÓN ESO

Convocatoria para a realización de PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA para maiores de 18 anos.

Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 11 de marzo ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 24 de maio e 6 de setembro para as respectivas convocatorias.

FORMACIÓN ONLINE

Ecobios: Promovendo os empregos verdes nas Reservas da Biosfera

O pasado 17 de outubro de 2018, a Fundación Biodiversidade, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través do seu Programa empleaverde, aprobou o proxecto " ECOBIOS- Reservas da Biosfera polos produtos eco”, proposto na súa convocatoria do ano 2018.

O proxecto ECOBIOS ten como obxectivo formar a 114 persoas desempregadas dos territorios e municipios integrados nas Reservas da Biosfera de Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (Coruña), Río Eo, Oscos e Terras de Burón (Asturias) e Monfragüe 
(Extemadura) en materia de elaboración, distribución e venda de produtos ecolóxicos, o proxecto tamén traballará a inserción por conta allea buscando mellorar a empleabilidad dos seus participantes, así como lograr o obxectivo de inserción de polo menos o 10% dos seus alumnos e alumnas.

Se estás interesado en participar cubre o formulario que aparece no seguinte enderezo web https://www.ecobios-empleaverde.es/?fbclid=IwAR3o51xgcjN-iCR-v5Yh9U9lk7mhzvxIyLwnk3Pc2rp0tCvzzYM86EF-Me4



FORMACIÓN ONLINE. SEPE

En #gdoce dispoñemos do curso de xestión e metodoloxía práctica do e-learning en Moodle.

Con este curso estarás calificado para desenvolver acciones en modalidade e-Learning, así como serás capaz de xestionar a plataforma Moodle.

¿Animaste? 😉

📚 Curso online

💰 GRATUITO

🎓 DIPLOMA OFICIAL DEL SEPE

✍️ Garante tu plaza en: https://www.gdoce.es/…/gestion-y-metodologia-practica-del…/…

OFERTA DE EMPREGO. SANTIAGO

Quelqum, Servicios para Empresas SL. Ofertas de emprego temporais para o Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela:

- Guía de museo https://bit.ly/2FOLlV5
- Recepcionista de museo https://bit.ly/2T639yP


mércores, 23 de xaneiro de 2019

OFERTA EMPREGO. VILALBA

Oferta de emprego publicada polos compañeiros/as da Fundación Laboral de la Construcción.


OFERTAS EMPREGO. VILALBA-LUGO

Ofertas de emprego publicadas polos compañeiros/as da Fundación Laboral da Construcción. Entre as ofertas unha en Vilalba.


OFERTA DE EMPREGO PÚBLICA

Concello de Ribadeo. Convocatoria para a contratación laboral temporal de 1 TRABALLADOR/A SOCIAL

Prazo de presentación de solicitudes ata as 14 horas do 31 de xaneiro de 2019
https://bit.ly/2T9xJYe

martes, 22 de xaneiro de 2019

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO

🙌 O VICEDO !!!!! PROCESOS SELECTIVOS QUE SE LEVARÁN A CABO ESTA SEMANA. QUÉN O DESEXE PODE ACUDIR O CONCELLO DE MURAS PARA SOLVENTAR DUDAS SOBRE AS BASES, OS MÉRITOS A PRESENTAR E A IMPRESIÓN DAS INSTANCIAS PARA OS PROCESOS.


  • OPERARIO DE SERVICIOS MÚLTIPLES
A xornada completa dende 1 de febreiro ata o 31 de xullo.

É necesario acreditar méritos, o certificado de estudios primarios e facer unha proba de coñecementos xerais sobre o concello e unha proba práctica. Ademáis de ter o carné C e B.

Para inscribirse debese acudir o concello do Vicedo e o prazo é de 8 días naturais a contar dende o día seguinte deste anuncio, o anuncio foi feito o 18 de xaneiro e polo tanto o prazo de presentación de instancias é do 19 ata o 26 de Xaneiro.

  • AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20 horas á semana). A data de inicio prevista é o día 04 de febreiro, e cunha duración inicial de tres meses.

O prazo de inscrición queda aberto do día 22 ao 29 de xaneiro de 2019. A selección realizarase o día 30 de xaneiro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

  • INFORMADOR TURÍSTICO
Informador turístico mediante oposición, a xornada completa dende o 1 de marzo ata o 30 de setembro.
O título mínimo esixido é o graduado en ESO e tamén é requisito estar en situación de desemprego ou mellora de emprego.
O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais dende a súa publicación no BOP, polo tanto é do 23 de xaneiro o 1 de febreiro.

As bases de todos os procesos atópanse na sede electrónica do concello de O Vicedo, pero ante calquera duda poden acudir o concello de Muras e falar coa orientadora.

👇

OFERTA EMPREGO PRIVADA. AS PONTES

CARPINTEIRO/A

Grupo Servicio Móvil busca carpinteiro/a con formación preferentemente e experiencia de 3 anos.

Tareas principais: serrado e torneado, e todos aquelas que sirvan de apoio o resto do equipo.

Incorporación na nosa empresa do sector da madeira ADERA S.A.- Contrato temporal con opción a indefinido si a progresión é adecuada.


https://www.infojobs.net/as-pontes-de-garcia-rodriguez/carpintero-pontes-garcia-rodriguez/of-i4eacc9f5c14cf0a072781c2375c552?applicationOrigin=search-new 

luns, 21 de xaneiro de 2019

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. GUNTÍN

Bases polas que se rexerán a selección de persoal para a provisión de unha praza de oficial de 1ª albanel

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles a partir da publicación do presente anuncio no BOP.

Máis información:
http://empregogalicia.org/1-praza-oficial-1a-albanel/

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. VILALBA

Convocatoria de bolsas de emprego de persoal técnico medio de administración xeral.

Prazo de presentación de solicitudes: cinco días naturais contados a partir do seguinte á última publicación
da convocatoria

Máis información: https://vilalba.sedelectronica.es/info.2

CURSO PREPARACIÓN PARA A OBTENCIÓN DO CODIX

Nova convocatoria do curso de preparación por teleformación para a obtención do CODIX.- Prevista a súa publicación no DOG o MARTES 22 de XANEIRO.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ten previsto abrir o mércores 23 de xaneiro prazo de inscrición no curso de teleformación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recollerá na convocatoria que ten previsto saír publicada o próximo martes 22 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia con 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar a finais do mes de maio.

Para acceder a este curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos, estar dado de alta como usuarios da rede CeMIT e abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame. O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación dende calquera lugar e en calquera momento.
O prazo de inscrición será de cinco días hábiles partir do seguinte da publicación da convocatoria no DOG, é dicir, dende o mércores 23 de xaneiro ata o martes 29 de xaneiro inclusive. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, realizarase o sorteo público de extración das letras dos apelidos para a establecer a prelación por orde alfabética e se publicará a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT así como un número adecuado de reservas.

As persoas admitidas deberán aboar no prazo de cinco días hábiles desde a data da publicación na web da relación provisional a taxa de 10,37 euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada taxa.

A preinscrición neste curso e demais trámites relacionados co mesmo se realizarán exclusivamente a través de internet, por medio dun enlace que figurará nesta páxina web da rede CeMIT: https://cemit.xunta.gal

Plan Formativo Ofimático de Galicia

Durante as 12 semanas de duración deste curso, as persoas matriculadas formaranse nos contidos que compoñen o Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto actualmente polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas) do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas)

• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas)

• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas)

• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer. (30 horas)

• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas)

OFERTA EMPREGO PRIVADA

Búscase chófer para maquina forestal 
con experiencia. 

Interesados chamar o 650528552




OFERTA EMPREGO PRIVADA. XOVE

En Coidados S.L. estamos seleccionando persoal para traballar en Xove.

Buscamos persoas con iniciativa e traballadora no servicio de axuda a domicilio e limpeza.

As tarefas serían cuidado de persoas maiores, tarefas do fogar, cociñar, acompañamento, axuda na movilidade, aseo etc.

Contrato por obra e servizo e alta na Seguridad Social.

Salario e Xornada a convir na entrevista.

Ubicación do posto: Concello de Xove.

Requisitos: 

1º Carnet de conducir e coche imprescindible.
2º Valorable certificado de profesionalidad en axuda no fogar ou atención sociosanitaria.
3º Valorable experiencia no coidado de persoas maiores
4º Seriedad, honradez, compromiso, profesionalidade e empatía.
5º Incorporación inmediata.

Contacto: enviar CV ao correo seguinte coidadossl@telefonica.net ou entregalo na oficina situada en Avenida Diputación, nº 46. Xove (encima de oficina de turismo).

venres, 18 de xaneiro de 2019

OFERTA EMPREGO PRIVADA. XOVE

Posto: TECNICO /A EN MOLDES Y MATRICES. XOVE
REQUISITOS MÍNIMOS

- Persona dinámica, resolutiva, con buenas habilidades manuales y capacidad de trabajo en equipo.
- Experiencia en la fabricación de moldes y matrices de escayola a partir de un modelo original.
- Experiencia en el manejo de resinas para fabricación de modelos.
- Manejo de torno mecánico
- Habilidad en la tarea de talla manual
- Conocimiento del proceso de fabricación de objetos cerámicos
- Formación en dibujo técnico

https://www.galejobs.com/oferta/tecnico-a-en-moldes-y-matrices_4619

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VILALBA

En  Infopar buscamos un TÉCNICO INFORMÁTICO de Hardware-Software para:

- Asistencia e soporte a usuarios finais, resolución de incidencias, software, hardware e mantemento xeral de rede.
- Instalación e configuración de equipos e servidores.
- Implementación de Software ERP e  CRM.
- Instalación e configuración de redes  cableadas e inalámbricas.
- Instalación e reparación de impresoras e equipos multifunción.
- Reparación de equipos.

Requírese:
- Formación mínima de FP Superior en Informática.
- Experiencia mínima de 2 anos como técnico informático.
- Coñecementos en Administración de  Windows e Linux.
- Carné de conducir  B.
- Persoa organizada,  proactiva e boa actitude.

Valóranse coñecementos en administración e finanzas.

Ofrécese:

- Traballo a xornada completa.
- Incorporación inmediata.
- Bo ambiente de traballo.
- Desenvolvemento profesional.

https://www.infojobs.net/vilalba/tecnico-informatico./of-i9e8499e3d64002a37e93e1a6d72a00?applicationOrigin=search-new

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VIVEIRO

SOLDADOR/A

Para empresa de conformados metálicos de A Mariña Lucense seleccionamos operarios /as de metal con conocimientos de:

- Soldadura TIG y MIG
- Manipulación de acero inoxidable y chapa fina
- Mecanizado y roscado de piezas
- Se valorará tener homologación y experiencia en máquina plegadora

https://www.infojobs.net/viveiro/soldador-h-m/of-if75ee88d8f426c92939626faf10fa3?applicationOrigin=search-new

CURSO PARA SER PROFESOR/A DE FORMACIÓN VIAL

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) convoca un Curso para obter o certificado de aptitude de profesor de formación vial. O curso, que terá carácter teórico e práctico, constará de dúas fases: unha de ensino a distancia e outra de formación presencial no centro onde o curso se celebre.

As quendas da fase de presencial terán lugar nas Palmas de Gran Canaria, León, Madrid, Murcia, Palma de Mallorca, Sevilla, Valencia e Zaragoza.

Proba previa de selección:
As persoas aspirantes serán sometidas a unha proba previa de selección que consistirá na realización de dúas probas eliminatorias, unha teórica e outra práctica.
A proba teórica, que versará sobre normas relativas a condutores, vehículos e circulación, sinais reguladores da circulación e cuestións de seguridade vial, terá carácter eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito, en impreso facilitado ao efecto, a un cuestionario de 30 preguntas, seguindo un sistema de elección múltiple.
A proba práctica versará sobre técnica e dominio da condución e circulación en vías abertas ao tráfico, e terá unha duración mínima de 25 minutos.
Requisitos:
Estar en posesión do título de Educación Secundaria Obrigatoria ou de Técnico (Formación Profesional de Grao medio) ou acreditar documentalmente que se posúen estudos equivalentes ou superiores.
Ser titular do permiso de condución da clase B que habilita para conducir vehículos con cambio de marchas manual, polo menos, cunha antigüidade mínima de dous anos.
Posuír as condicións psicofísicas e psicotécnicas que actualmente se esixen para a obtención dun permiso do grupo 2.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de febreiro de 2019.
Máis información no BOE do 9 de xaneiro de 2019 e en www.dgt.es

xoves, 17 de xaneiro de 2019

FORMACIÓN SECTOR FORESTAL E AGROGANDEIRO. DEPUTACIÓN LUGO

📢 #DesenvolvendORural.   

A nova línea formativa da Deputación capacitará a 60 lucenses para insertarse no sector forestal e agrogandeiro e solucionar á necesidade real do tecido productivo lucense de dispoñer de man de obra cualificada creando emprego no rural.


👉 3 accións formativas gratuítas con bolsa de emprego:

1. Formación para granxas de leite e carne (365 horas)
2. Formación básica forestal (200 horas)
3. Formación en transformación da madeira (300 horas)



📆 Inscrición aberta, ata o 30 de xaneiro, na Axencia de Colocación da Deputación https://deputacionlugo.portalemp.com/cursos.html

A inscripción realizase a través da páxina web de emprego de Lugo, pero ante calquer duda acercarse o concello e falar coa educadora.

¡¡¡RECORDAR!!!: Son accións formativas para dotar de formación e crearase unha bolsa de emprego.


FORMACIÓN DESEMPREGADOS/AS EN APICULTURA ECOLÓXICA



MAIS INFORMACIÓN:

Enlaces: http:\\asefoga.org
Correo: formaciónfb@asefoga.org
Teléfono: 981 530 500

CURSO MONITOR DE TEMPO LIBRE. UNED VIVEIRO



Monitor de tempo libre (2ª edición)

Aula Viveiro. PRESENCIAL

TÍTULO HOMOLOGADO XUNTA DE GALICIA. O título de monitor/a de tempo libre capacita para deseñar, programar e poñer en práctica e validar actividades para o tempo libre e socioculturais.

Máis información:

A  UNED-Aula Universitaria de Viveiro xunto coa  Escola Rural de Tempo Libre ( ERTL), poñen en marcha un curso Homologado pola Xunta de Galicia de Monitor de Tempo Libre.
Lugar e  datas: 9 de marzo ao 2 de xuño de 2019

Lugar: Aula Universitaria de Viveiro

Ver calendario
Horas lectivas: 350
Presencial. Esta actividad desenvólvese presencialmente.

Escola Rural de Tempo Libre Inscrición

http://extension.uned.es/actividad/idactividad/18196Número de Conta  Nova Galicia Banco: IBAN: ES30 2080 5152 58 3040026385.

Xustificante de pago: O alumno ha de entregar o xustificante de pago na Secretaría da aula, ou envialo por correo electrónico ( escaneado), E-mail: viveiro@lugo.uned.es.

Devolución de matrícula: As peticións de baixa ou anulación de matrícula deberán ser notificadas por escrito(correo electrónico) polo menos 3 días antes do comezo da actividade. Pasado este período, a matrícula só será devolta en caso de enfermidade ou incompatibilidade laboral sobrevinda, para o que o alumno deberá presentar a documentación que así o acredite.



Para poder facer a matrícula, necesitarían presentar a seguinte documentación:

- 1 foto tamaño carné

- Copia do DNI (como mínimo teñen que ter os 18 anos cumpridos)

- Copia da titulación mínima

- Xustificante de Pago de matricúlaa  Consultar pago  fraccionado

- O Alumno teñen dereito a faltar o 20% das horas (40horas)

Matrícula  OrdinariaAlumnos  UNEDPrecio 230 € 220 €


Matrícula  onlinePersonal organizador

Escola Rural de Tempo  LibreCoordinado por

Fuensanta Otero  BeltránCoordinadoraDirigido a- 18 anos cumpridos ou maiores.

- Cumprir os requisitos de titulación: Ter aprobado 2º de ESO, Graduado Escolar ou titulación superior.Titulación requirida



Estar en posesión do título  EGB,ESO , FP ou equivalentes ou con ter 2º de ESO aprobado sería suficiente pola nova normativa. ObjetivosFormar monitores de Tempo Libre con titulación homologada pola Xunta de Galicia.Metodoloxía* Asistencia ao 80% das horas totais presenciais

* Realización das actividades propostas

* Participación

* Realización de 150 horas prácticas unha vez superadas as sesións teóricas e o correspondente caderno de traballo.Colaboradores

Organiza
UNED- LUGO


Colabora
CONCELLO DE VIVEIRO

Imparte
Escola Rural de Tempo Libre




FORMACIÓN ONLINE




mércores, 16 de xaneiro de 2019

OFERTA DE EMPREGO PRIVADA. A CAPELA



INTERESADOS/AS: info@galwy.com

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VILALBA

XESTOR DE FORMACIÓN ADF

Empresa: Ana Isabel Barrio Rey

Busca un xestor de formación con un ciclo de Formación profesional de grado medio en administración.

Funciones

- Gestión de cursos AFD
- Tareas administrativas relacionadas con el puesto
- Manejo del aplicativo SIFO 3

- Se valorará
- Master en PRL

https://www.infojobs.net/vilalba/gestor-formacion-afd/of-i62e24b77b742e0bbc843d7158dc353?applicationOrigin=search-new

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICA. ALFOZ

CONCELLO DE ALFOZ

Convocatoria para a selección dun/ha OPERARIO/A DE SERVIZOS MÚLTIPLES

Duración do contrato: 7 meses

Xornada Completa

Prazo de presentación: 17.01 ata o 26.01

Enlace: https://bit.ly/2srVS0m

OFERTA DE EMPREGO PRIVADA. VIVEIRO

Persoal Autónomo para Limpeza por Horas en Viveiro (Lugo) 

GRUPO ABEDUL 
Persoal autónomo para limpeza a domicilio por horas en Viveiro e arredores 
- IMPRESCINDIBLE estar dado de alta no réxime de autónomo. Buscamos persoal con boa       presenza, agradable e educado. 
- Traballo en domicilios privados 
- Prezo, 12 € hora. 
Horarios flexibles segundo dispoñibilidade horaria, posibilidade de mañá ou tarde.

OFERTAS DE EMPREGO. SERVIZO GALEGO 16.01.19

ALBANEL OFICIAL 1º. VIVEIRO  

IDENTIFICADOR DE LA OFERTA:12/2019/329
FORMACIÓN: PREVENCIÓN RICOS LABORAIS (60 H)
FORMACIÓN: PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS ALBANELERÍA (6 H) 
PERMISO DE CONDUCIR TIPO B E POSESIÓN DE VEHÍCULO PROPIO 
MEDIO DE CONTACTO:Teléfono : 982828722


Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

martes, 15 de xaneiro de 2019

AXUDA Á MOCIDADE PARA A COMPRA DE VIVENDA EN CONCELLOS DE MENOS DE 5000 HABITANTES

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axuda á mocidade para a compra de vivenda en concellos de menos de 5000 habitantes.

Requisitos das persoas beneficiarias


Mocidade entre 18 e 35 anos na data de presentación da solicitude e que reúnan os seguintes requisitos:
- Posuír a nacionalidade española ou, no caso de ser estranxeiras, ter a residencia legal en España.
- Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM*.

Este límite será de catro veces o IPREM* se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou dentro da súa composición existan persoas cunha discapacidade.
O referido límite será de cinco veces o IPREM* cando sexa unha familia numerosa de categoría especial ou na súa composición existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:

1. Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
2. Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

- Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de que a adquisición fora realizada con anterioridade á data da publicación da correspondente convocatoria.
- Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
- Non ser propietario/a dalgunha vivenda en territorio español.

Requisitos da vivenda
1. Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes.
2. Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a 100.000 euros.
3. Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.

Contía das axudas
A contía da axuda para a adquisición será de ata 10.800 euros por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.

O formulario de solicitude están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal co código VI435A
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o o 31 de outubro de 2019.
Máis información no DOG do 11 de xaneiro de 2019 e en http://igvs.xunta.gal/web/igvs

*O valor do IPREM para 2019 está en 537,84 euros/mes


CURSO GRATUITOS DESEMPREGADOS/AS


Enlaces para o acceso a formación:
formación@unionsagrarias.org
www.unionsagrarias.org

CURSO DE TELEFORMACIÓN

"Inicio á Cooperativa de traballo"

Datas: Do 5/02 ao 26/02

Duración: 40 horas

Modo: Teleformación (a través de internet)

Dirixido a: Persoas que traballan ou colaboran con entidades de economía social e solidaria (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, Centros Especiais de Emprego, Empresas de inserción, Asociacións, Fundacións, etc). Público en xeral interesado. Composición do grupo: mínimo 15 persoas e máximo 30. 
https://espazo.coop/wp-content/uploads/2019/01/FICHA_PROGRAMACI%C3%93N_INIC_COOP.pdf

luns, 14 de xaneiro de 2019

OFERTAS DE EMPREGO. SERVIZO PÚBLICO GALEGO 14.01.19


Para poder inscribirse nestas ofertas, acudir o servizo público de emprego, chamar os números de teléfono que aparecen ou apuntarse a través de internet na páxina web ou coa aplicación móbil MOBEM.



COIDADORES DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE E/OU DEPENDENCIA, EN INSTITUCIÓNS.
AS PONTES

IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/283
DETALLES: Coidador/a de persoas con discapacidade e/ou dependencia en institucións. Requírese titulación ou certificado de profesionalidade.
MEDIO DE CONTACTO:
 Teléfono : 012. Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

PEÓNS AGRÍCOLAS, EN XERAL. LOURENZÁ

IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/301
DETALLES: PRECISASE UN PEON AGRICOLA OU DE INVERNADOIROS.
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 982828460. Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.


ALBANEIS. VIVEIRO

IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/329
DETALLES:
ALBANEL OFICIAL 1ª FORMACIÓN: PREVENCIÓN RICOS LABORAIS (60 H) FORMACIÓN: PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS ALBANELERÍA (6 H) PERMISO DE CONDUCIR TIPO B E POSESIÓN DE VEHÍCULO PROPIO
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 982828722
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.