Prazo de recepción de CV: ata o 1 de febreiro de 2019
FUNCIÓNS
· Responsable da llevanza da contabilidade da entidade, da elaboración das contas anuais da entidade, da caixa de efectivo da entidade, colaborar na elaboración dos orzamentos para a solicitude de subvencións, en coordinación cos técnicos de cada programa, preparar a documentación dos proxectos para xustificar subvencións en coordinación cos técnicos de cada programa, facilitar a información necesaria para o seguimento económico das distintas subvencións, apoiar na elaboración do orzamento anual á coordinadora xeral da entidade baixo a dirección do administrador, responsable da realización e presentación de todas as declaracións fiscais da entidade, xestión da tesourería da entidade: preparación de todos os pagos/ingresos (socios e usuarios) da entidade para a súa posterior firma, conciliacións; preparación e elaboración de todos os informes económico-financeiros e fiscais que lle sexan requiridos pola coordinadora ou o equipo directivo da entidade, estar en contacto coa xestoría para informar das incidencias que teñen reflexo na nómina, facilitar a comunicación ascendente e descendente, participación activa en todas nas reunións de equipo que se convoquen e calquera outras que teñan relación co posto de traballo.
REQUISITOS DOS CANDIDATOS
· Titulación media ou superior, preferentemente Grao Universitario (Licenciado) en en Económicas, Empresariais, Dirección e Administración de Empresas, sen descartar ningunha titulación universitaria.
· Experiencia profesional previa na xestión económico-administrativa.
· Coñecementos básicos da Lei de servizos sociais de Galicia e normativa de desenvolvemento
· Coñecementos básicos do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social 2015-2017.
· Coñecementos avanzados en Contabilidade (plan contable de entidades sen ánimo de lucro).
· Coñecementos en Lexislación xeral e fiscal das entidades do sector de Intervención Social (Lei 49/2002,...)
· Idiomas:Galego: Celga 4. Inglés: Desexable. Outros: Non se contempla.
· Informática: Usuario avanzado de programas e aplicacións informáticas (internet, folla de cálculo, procesador de textos…).
RELACIÓN CON CÁRITAS
Valorarase: O coñecemento de Cáritas e da pertenza desta á Igrexa diocesana e a vinculación aos valores de Cáritas, experiencias en economía solidaria e finanzas éticas.
INCORPORACIÓN PREVISTA: Marzo de 2019.
CONDICIÓNS LABORAIS
· Contrato indefinido tras período de proba.
· Retribución segundo táboas salariais de Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol.
Os candidatos deben presentar as súas candidaturas achegando “Currículo Vitae” antes do 1 de febreiro de 2019:
ben por correo electrónico á dirección: secretaria.cdmondonedo@caritas.es ou ben por correo postal á seguinte dirección:
Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol
Magdalena, 221 baixo. 15402- Ferrol (A Coruña).
Débese incluír como “Asunto” do correo electrónico “TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS” e esta mesma referencia no encabezamiento do Currículo e no sobre (en caso de enviar o CV por correo postal).
Máis info en: www.caritas.es/mondonedoferrol
Ningún comentario:
Publicar un comentario