DURACIÓN: 11 meses.
REQUISITOS:
Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar, mediante empadroamento, residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria.
Posuír o título académico necesario e ter os estudos conducentes a obtención do título, rematados dentro dos seis anos anteriores ao da publicación desta convocatoria:
Para as bolsas de formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega é necesario posuír un título universitario de grao, licenciado/a, enxeñeiro/a ou equivalente.
Para as bolsas de formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos, é necesario posuír un grao ou licenciatura en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.
Para as bolsas para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo é necesario posuír un título de técnico superior de formación profesional na familia profesional de Administración e Xestión (Administración e Finanzas, Asistencia a Dirección ou Secretariado).
Non ter gozado anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
Para as bolsas con destino na oficina da FGE en Santiago de Compostela: Retribución bruta 12.050 €
Para as bolsas con destino na oficina da FGE en Bruxelas: Retribución bruta 14.620 € e unha axuda de desprazamento para gastos de viaxe de 500 €.
PÁXINA WEB:
Sede electrónica: procedemento PR770N
CONTACTO:
Fundación Galicia Europa
Rúa do Hórreo, 61. Santiago de Compostela
Teléfono: 981 54 10 12
Enderezo electrónico:santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu
http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/
Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou de carácter xeral: Teléfono de información da Xunta de Galicia 012 ou correo electrónico012@xunta.es
Publicación:
DOG 20/12/2018 (Bases reguladoras)
DOG 31/12/2018 (Convocatoria)
A Fundación Galicia Europa convoca seis bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para realizar prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea, nas oficinas da Fundación en Santiago de Compostela e en Bruxelas.
Modalidades de bolsas.
Tres bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en asuntos comunitarios dende unha perspectiva galega. Unha delas desenvolveranse na oficina da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela e dúas na oficina de Bruxelas.
Dúas bolsas destinadas a persoas cun título universitario para á súa formación en comunicación das políticas comunitarias e da participación galega en asuntos europeos. Unha delas desenvolveranse na oficina da FGE en Santiago de Compostela e a outra na oficina de Bruxelas.
Unha bolsa destinada a persoas cun título de técnico superior de formación profesional para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo con destino na oficina de Bruxelas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario