O concello de Xermade publicou no BOP do sábado 26 de Xaneiro, as bases para a contratación mediante oposición libre e con carácter de funcionario interino e para bolsa de emprego, dun arquitecto/a municipal e dun auxiliar administrativo.
O título mínimo para presentarse a auxiliar administrativo será o graduado en ESO e o título mínimo para presentarse a arquitecto será o grado en arquitectura.
O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais dende o 27 ata 5 de febreiro.
As bases das convocatorios atopanse na sede electrónica do concello de Xermade, sendo o enlace o seguinte: https://concelloxermade.sedelectronica.es/info.0
Ningún comentario:
Publicar un comentario