luns, 7 de xaneiro de 2019

CICLO SOBRE XESTIÓN DE EMOCIÓNS NA INFANCIA. 1 A INTELIXENCIA EMOCIONAL

CANDO:

Dende o 12/02/2019 ata o 19/02/2019

HORARIO:

de 16.00-20.00 h

PREZO:

  • 35 €
  • Alumnas/os UNED: 25 €
  • Titoras/es: gratuíto

REQUISITOS:

  • Non se require titulación previa.
  • Dirixido a: estudantes dos graos e másteres en Psicoloxía, Pedagoxía, Traballo Social, Educación Social, Socioloxía, Criminoloxía etc. Público en xeral, pero en especial educadoras e educadores infantís, profesorado dos diferentes niveis educativos, pais e nais, así como a todas aquelas persoas que estean en contacto con nenos/as desta idade.

PÁXINA WEB:

CONTACTO:

UNED A Coruña
R/ Educación, 3. 15011 A Coruña
Tel.: 981 145 051

Este curso é a primeira parte do Ciclo sobre a xestión das emocións na infancia, dedicado exclusivamente a profundar na Intelixencia Emocional (IE) nesta etapa. Os outros dous cursos que forman parte do Ciclo centraranse no manexo das emocións primarias e secundarias na Educación Infantil. Realizarase de maneira presencial na sede da UNED da Coruña. Podes elixir a asistencia desde a casa ou presencial.
Obxectivos: - Precisar unha definición conceptual da intelixencia emocional. - Establecer a importancia e o impacto da intelixencia emocional. - Valorar o rol da familia e escola na educación emocional.
metodoloxía do curso será a propia da UNED, combinando a parte presencial co traballo autónomo do alumnado. O Curso consta de 25 horas lectivas, das cales 8 horas serán presenciais (de explicación teórica dos contidos por parte da profesora) e 17 h de traballo autónomo, nas que cada estudante deberá estudar a documentación complementaria e realizar as tarefas de avaliación final. A sesión do curso poderá ser seguida a través de streaming, tanto en directo como en diferido. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario