mércores, 2 de xaneiro de 2019
BOLSA ADAMS PARA PREPARAR OPOSICIÓNS
Periodo de inscripción
Do 08/01/2019 o 31/01/2019
Información
Neste curso 2018-2019, por décimo ano consecutivo, ADAMS Formación sigue co programa de bolsas coa intención de favorecer a colectivos específicos a preparación para o acceso o Emprego Público.
Volven a duplicar o número de bolsas pasando a adxudicar 390 para persoas que estén en situación de desemprego ou tamén (a partir desta próxima convocatoria) teñan ingresos non superiores ao IPREM (Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples) e queiran preparar unha oposición.
Destas 390 becas, en setembro se adxudicaron 195 e en xaneiro de 2019 ábrese o prazo para adxudicar outras 195.
Estas bolsas destínanse ao sistema de preparación en clases presenciales ou cursos online. A bolsa ascende ao 50% das mensualidades, non sendo acumulable a outros posibles descontos.
A bolsa inclúe os libros que compoñen a modalidade conxunta da oposición na que se matricula. No caso do curso online inclúese o envío do temario en formato libro.
A bolsa outorgarase para un periodo de 10 meses. Ao facerse efectivas as bolsas do primeiro prazo o 2 de novembro de 2018, extinguiránse o 31 de agosto de 2019. No caso do segundo prazo, extinguiránse o 31 de decembro de 2019.
Para participar debes presentar a solicitude do 8 al 31 de xaneiro de 2019.
http://www.injuve.es/convocatorias/becas/becas-adams-para-preparar-oposiciones
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario