luns, 7 de xaneiro de 2019

AXUDAS PARA CREAR EMPRESAS PARA ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) convoca axudas destinadas á creación de empresas para actividades
non agrícolas en zonas rurais.

Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:

a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.
c) Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos...).
d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola...).
e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.
i) Comercio retallista de produtos.
j) No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.


O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de marzo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IG501A
Máis información no DOG do 4 de xaneiro de 2019 e en http://www.tramita.igape.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario