sábado, 26 de xaneiro de 2019

FORMACIÓN CONSUMO

A Escola Galega de Administración Pública convoca cursos dirixidos ao persoal do Instituto Galego de Consumo e da Competencia; da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos espazos xoves; das OMIX e das OMIC.

Consumo e finanzas CV19001

Obxectivos.
- Analizar os servizos financeiros desde unha perspectiva de consumo.
- Ofrecer contidos para a aplicación no ámbito laboral e na vida diaria do alumnado.
Proporcionarlle ao alumnado ferramentas para o fomento dun consumo responsable no ámbito dos servizos financeiros.

Destinatarios/as.
Poderá participar na actividade formativa convocada mediante esta resolución o persoal do Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC); da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos Espazos Xoves; das OMIX e das OMIC.

Desenvolvemento.
Modalidade: teleformación.
Duración: 20 h.
Edicións: 1.
Núm. prazas: 30.
Datas: do 12 de febreiro ao 12 de marzo de 2019.
Proba final: 12 de marzo: das 9.00 ás 14.00 horas.

Contido.
Módulo inicial (2.5 horas).
– Guía didáctica e presentación do curso.
Módulo 1: servizos financeiros básicos (5 horas).
– Entidades financeiras.
– Servizos principais (contas bancarias, tarxetas de crédito e de débito, préstamos, comisións...).
– Finanzas en liña.
Módulo 2: orzamentos responsables (5 horas).
– Elaboración de orzamentos responsables.
– Evitar riscos: «os créditos rápidos».
Módulo 3: dereitos e resolución de conflitos financeiros (5 horas).
– Dereitos da clientela da banca presencial e electrónica.
– Reclamacións en materia de servizos financeiros.
Módulo final (2.5 horas).


Consumo e publicidade Código: CV19002

Obxectivos.
- Adquirir uns coñecementos básicos sobre a publicidade.
- Analizar e construír materiais con publicidade e sobre publicidade.

Destinatarios/as.
Poderá participar na actividade formativa convocada mediante esta resolución o persoal do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC); da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos Espazos Xoves; das OMIX e das OMIC.

Desenvolvemento.
Modalidade: teleformación.
Duración: 20 h.
Edicións: 1.
Núm. prazas: 30.
Datas: do 12 de marzo ao 12 de abril de 2019.
Proba final: 12 de abril: das 9.00 ás 14.00 horas.

Contido.
Módulo inicial (2 horas).
– Guía didáctica. Presentación do curso.
Módulo 1: concepto e historia da publicidade (4 horas).
– Definicións e elementos da publicidade.
– Disciplinas relacionadas coa publicidade.
– Diferenza entre información, publicidade e propaganda.
– Orixe da publicidade.
– Publicidade moderna e a chegada dos medios audiovisuais.
Módulo 2: a mensaxe e a linguaxe publicitaria (4 horas).
– A mensaxe publicitaria.
– A linguaxe publicitaria.
– Código lingüístico.
– Código visual.
– Simboloxía e funcións da linguaxe publicitaria.
Módulo 3: estereotipos e valores (4 horas).
– Modelos de socialización.
– Os estereotipos na publicidade.
– Os valores na publicidade.
Módulo 4: consumo e publicidade (4 horas).
– Dereitos e deberes das persoas consumidoras fronte á publicidade.
– Marco legal da publicidade en Galicia.
– A publicidade ilícita.
Módulo final (2 horas).
– Conclusións.


Consumo e xénero Código: CV19003
Obxectivos.
- Promover a reflexión arredor do consumo e o xénero filtrado polo papel crucial da educación.
- Reflexionar sobre a relación entre o consumo e o xénero como elementos de desigualdade social, cuestionando os estereotipos de xénero asociados ao consumo e analizando os roles de homes e mulleres neste ámbito.

Destinatarios/as.
Poderá participar na actividade formativa convocada mediante esta resolución o persoal do Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC); da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos Espazos Xoves; das OMIX e das OMIC.

Desenvolvemento.
Modalidade: teleformación.
Duración: 20 h.
Edicións: 1.
Núm. prazas: 30.
Datas: do 21 de maio ao 14 de xuño de 2019.
Proba final: 14 de xuño: das 9.00 ás 14.00 horas.

Contido.
Modulo inicial: guía didáctica e presentación do curso (2.5 horas).
– Visualización «Grandes almacenes y revolución social».
Módulo 1: o consumo como elemento de desigualdade social (5 horas).
– O papel social do consumo na historia e na actualidade. A sociedade do consumo.
– Consumo responsable.
– Dereitos e deberes das persoas consumidoras e usuarias e resolución de conflitos de consumo.
Módulo 2: o xénero como elemento de desigualdade social (5 horas).
Análise do xénero como un factor de desigualdade transversal que inflúe en todas as desigualdades anteriores e como os roles tradicionalmente desiguais de homes e mulleres e os estereotipos asociados a eles teñen un papel crucial na desigualdade de xénero, apoiado no estudo dos seguintes materiais:
– Mulleres e homes en España (INE).
– Guía de sensibilización e formación na igualdade (Instituto da Muller).
Módulo 3: a interacción entre o consumo e o xénero (5 horas).
Análise das interaccións entre o consumo e o xénero, é dicir, aplicación da denominada «perspectiva de xénero» na análise do consumo, apoiado no estudo dos seguintes materiais:
– O xénero do consumo na sociedade do consumo.
– As desigualdades no consumo a través do xénero.
– Mulleres en Galicia: sensibilización social (Secretaría Xeral de Igualdade).
– Publicidade e xénero no consumo.

O prazo para solicitar os cursos estará aberto desde o 23 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2019.
Solicitude dos cursos: https://egap.xunta.gal
Máis información no DOG do 22 de xaneiro de 2019

Ningún comentario:

Publicar un comentario