Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial.
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto conceder axudas ás pemes destinatarias dos seguintes servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0, para a súa realización en empresas galegas, dentro do programa Re-acciona TIC, integrados nas seguintes categorías:
a) Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0
b) Servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0
c) Servizo de xeración de modelos e simulación industrial
Prazo de presentación de solicitudes
Convocatoria 2019.1: desde o 11/01/2019 ata o 14/02/2019
Convocatoria 2019.2: desde o 18/02/2019 ata o 21/03/2019
Convocatoria 2019.3: desde o 25/03/2019 ata o 07/04/4.2019
Convocatoria 2019.4: desde o 06/05/2019 ata o 20./06/2019
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190110/AnuncioO92-211218-0001_gl.pdf?fbclid=IwAR3cLzKd5qHbpDC8xNDUp6YLU2VKFItEHvUogBiheXFgQpTEsXSf0igDGcg
Ningún comentario:
Publicar un comentario