martes, 29 de xaneiro de 2019

OFERTA EMPREGO PÚBLICA

ANUNCIO DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL NA ASOCIACIÓN DE GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA


OBXECTO DA CONVOCATORIA. É obxecto desta convocatoria fixar as Bases e determinar o procedemento de selección para a contratación laboral dunha persoa que desenvolva o cargo de Responsable Técnico da Asociación de GDRs de Galicia. O tipo de contrato será a tempo parcial “por obra ou servizo determinado", cun salario bruto de 15.000 euros/ano. Esta media xornada poderá transformarse en xornada completa, caso de ser necesario por razóns do volume de traballo, proxectos conseguidos e resultados acadados. O proceso garantirá os principios de igualdade, mérito e capacidade, publicidade e concorrencia.

Prazo de presentación de instancias: Dende o 29 de xaneiro ata o 18 de febreiro.
Convocatoria: https://bit.ly/2Uqq87F

Ningún comentario:

Publicar un comentario