- OPERARIO DE SERVICIOS MÚLTIPLES
É necesario acreditar méritos, o certificado de estudios primarios e facer unha proba de coñecementos xerais sobre o concello e unha proba práctica. Ademáis de ter o carné C e B.
Para inscribirse debese acudir o concello do Vicedo e o prazo é de 8 días naturais a contar dende o día seguinte deste anuncio, o anuncio foi feito o 18 de xaneiro e polo tanto o prazo de presentación de instancias é do 19 ata o 26 de Xaneiro.
- AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR
O prazo de inscrición queda aberto do día 22 ao 29 de xaneiro de 2019. A selección realizarase o día 30 de xaneiro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
- INFORMADOR TURÍSTICO
Informador turístico mediante oposición, a xornada completa dende o 1 de marzo ata o 30 de setembro.
O título mínimo esixido é o graduado en ESO e tamén é requisito estar en situación de desemprego ou mellora de emprego.
O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais dende a súa publicación no BOP, polo tanto é do 23 de xaneiro o 1 de febreiro.
As bases de todos os procesos atópanse na sede electrónica do concello de O Vicedo, pero ante calquera duda poden acudir o concello de Muras e falar coa orientadora.
👇
Ningún comentario:
Publicar un comentario