martes, 31 de marzo de 2020

OFERTA DE EMPREGO: URXENTE

Sociedade Galega Xerontoloxía e Xeriatría

Os Centros Residenciais Intermedios necesitan persoal urxentemente

Ambas as unidades necesitan, con carácter urxente:

PERSOAL DE LIMPEZA
AUXILIARES DE CLÍNICA
XEROCULTORES/AS
ENFERMEIROS/AS
MÉDICOS/AS

Todas as persoas interesadas en pasar a formar parte do equipo humano destes centros, poden enviar un correo electrónico a: comunicacion@sgxx.org

URXENCIA DE PERSOAL SANTIAGO E OURENSE

📣NECESIDADE URXENTE DE PERSOAL PARA CENTROS RESIDENCIAIS INTERMEDIOS‼️
#COVID-19
📍 Santiago de Compostela
📍 Ourense

🔴A consecuencia da crise sanitaria do COVID-19 os Centros Residenciais Intermedios necesitan contratar persoal urxentemente para as instalacións habilitadas no colexio Os Milagros (Baños de Molgas) e no Fogar da Terceira Idade, Porta do Camiño (Santiago de Compostela).

Os postos requiridos son:

➡️Persoal de Limpeza
➡️Auxiliares de Clínica ou Xerocultores/as
➡️Enfermeiros/as
➡️Médicos/as

📩 As persoas interesadas poden enviar o seu CV a comunicacion@sgxx.org

Máis información👇
https://bit.ly/2wQ3C26

luns, 30 de marzo de 2020

AXUDA INSCRICIÓN GARANTÍA XUVENIL


GARANTÍA XUVENIL é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos ao mercado de traballo. Ten como obxectivo garantir que os/as mozos/as entre 16 e 29 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas tras acabar a educación formal ou quedar desempregados.

A QUEN VAI DIRIXIDO GARANTIA XUVENIL?
Garantía Xuvenil está dirixida a mozos/as en procura de emprego que non se atopen en situación de estudar ou formarse, nin traballando por conta propia ou allea, e queiran lograr a súa inserción plena no mercado laboral.

CALES SON OS REQUISITOS?
Os/as mozos/as poderán solicitar a súa inscrición en garantía xuvenil sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter máis de 16 anos ou menos de 30 anos no momento de solicitar a inscrición
- Non traballar no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Non recibir accións educativas nin formativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Ter nacionalidade española ou, ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza ou ser estranxeiro titular dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
- Estar empadroado en calquera localidade do territorio español.

COMO PODO INSCRIBIRME?
Podes inscribirte de varias formas:

a) Se tes certificado dixital ou clave permanente podes inscribirte seguindo os seguintes pasos:
1. Accedes ao seguinte enlace: https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action
2. Instrucións para acceder con certificado dixital. Pincha aqui.

b) Se non tes certificado dixital, hai tres opcións:
1. No Centro coordinador de información xuvenil de Galicia* en Santiago de Compostela ou nos Espazos Xove dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: Mediante un Código Provisional de Activación que te permite activar unha conta de usuario.
2. Nas Oficinas de Emprego: No momento de inscribirte como demandante de emprego ou cando se fai a renovación da demanda podes solicitar que te inscriban no programa.
3. Nas Cámaras de Comercio: facilitanche un certificado dixital para que te inscribas directamente.

* Durante o período do Covid19 o Centro Coordinador de Información Xuvenil e os Espazos Xove están pechados polo que implementamos o acceso online para que podas solicitar o Código de Activación:

ACCESO AO CÓDIGO DE ACTIVACIÓN PROVISIONAL

Se non tes un Certificado Dixital podes acceder á inscrición con un Código de Activación Provisional que te proporcionaremos desde o Centro coordinador de Información Xuvenil.

1. Para iso cubre a Solicitude de Código Provisional de Activación

2. Unha vez cuberta tes que enviala acompañada dunha copia do DNI ou NIE ao correo electrónico: ccoordinador.xuventude@xunta.gal

Instrucións para activar a conta de usuario e escoller o contrasinal persoal: Pincha aqui.

Necesitas axuda para cubrir o formulario de inscrición?
Se xa tes creada a túa sesión de usuario e necesitas axudas para cubrir o formulario de inscrición contacta co noso Servicio de Información Xuvenil no correo electrónico: ccoordinador.xuventude@xunta.gal

venres, 27 de marzo de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. RIBADEO

Convocatoria bolsa administrativos/as de administración xeral.

Requisitos: Categoría C1 Bachillerato, Técnico Superior ou calquera titulación superior.
Examen tipo test 30 preguntas.

Prazo de presentación de solicitudes: VINTE (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases coa convocatoria deste procedemento no Boletín Oficial da Provincial de Lugo.

AMPLIACIÓN DA BOLSA DE POLÍTICA SOCIAL


📌📌A Consellería de Política Social, ante a acumulación de tarefas existente no ámbito asistencial, crea unha BOLSA DE EMPREGO para cubrir determinadas categorías de persoal nos seus centros:

✅ Titulada/o superior médico
✅ATS/DUE
✅Auxiliar de clínica (CM Coidados Auxiliares de Enfermería )
✅Cociñeiro/a (CM ou CS na familia de Hostalería)
✅Gobernantes/as (CS Xestión Aloxamentos)


Se estás inscrita como demandante e emprego, cumpres os requisitos e tés dispoñibilidade inmediata para o emprego contacta cos seguintes teléfonos, ou envía un correo electrónico co asunto "Bolsa de emprego_Política Social", especficando o teu DNI/NIE, categoría, datos de contacto e outra información que consideres de interese:

Provincia da Coruña:
☎️881 960 611
📧oficina.emprego.a.coruna.monelos@xunta.gal

Provincia de Lugo:
☎️982 828 648
📧oficina.emprego.lugo.norte@xunta.gal

Provincia de Ourense:
☎️988 788 195/988 788 187
📧oficina.emprego.ourenseaponte@xunta.gal

Provincia de Pontevedra:
☎️886 159 325/886 159 323/886 110 970 (Vigo)
📧oficina.emprego.pontevedra@xunta.gal
📧oficina.emprego.vigo.calvario@xunta.gal

Podes ampliar información sobre os centros da Consellería de Política Social no seguinte enlace:
https://lnkd.in/d7J4rSx

OFERTA EMPREGO PRIVADO. SOMOZAS

LINK https://bit.ly/3dvNjbm

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

BOLSA EMPREGO POLÍTICA SOCIAL

PARA TOD@S AQUELES QUE TEÑAN UNHA PROFESIÓN SANITARIA, NESTOS MOMENTOS DE CRISIS DENDE POLÍTICA SOCIAL ESTÁN A FACER UNHA BOLSA DE EMPREGO NAS CATRO PROVINCIAS. 

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

mércores, 25 de marzo de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. MONDOÑEDO

Convocatoria e bases concurso-oposición para un Axudante/a de Animador Cultural Deportivo e Social
Prazo de presentación de solicitudes: cinco días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Prazo ata o 30 de marzo.

Requisitos:
-Estar en desemprego ou en mellora de emprego
-Graduado en ESO

luns, 23 de marzo de 2020

INFORMACIÓN XERAL SEPE. CITA PREVIA VIRTUAL

Servicio Público de Empleo Estatal SEPE

📢¡ATENCIÓN! Puedes solicitar CITA PREVIA ONLINE. Las oficinas están cerradas al público pero continuamos trabajando. Nos pondremos en contacto contigo.

‼️ IMPORTANTE 👉Debes rellenar el campo "correo electrónico" en el resguardo del recordatorio de la cita.

INFORMACIÓN XERAL SEPE

☎️ ¡ATENCIÓN! A partir de hoy están disponibles nuevos teléfonos GRATUITOS de información para ciudadanos y empresas:

🔴 CIUDADANOS ➡️900 81 24 00

🔴 EMPRESAS ➡️ 900 81 24 01

Recuerda que siguen operativos todos los números de atención telefónica disponibles hasta el momento.


No hay ninguna descripción de la foto disponible.

BOLSAS DE INVESTIGACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Bolsas de investigación da Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña convoca 20 bolsas, destinadas a persoas con titulación universitaria que pretendan facer un traballo de investigación no período 2020-2021, cunha duración mínima de nove meses, distribuídas nas seguintes áreas:
Área de artes e humanidades: 5 bolsas
Área de ciencias: 3 bolsas
Área de ciencias da saúde: 3 bolsas
Área de ciencias sociais e xurídicas: 5 bolsas
Área de enxeñaría e arquitectura: 2 bolsas
Área de estudos de xénero: 2 bolsas
O obxectivo desta convocatoria é o apoio á actividade investigadora en temas de interese para a realidade social, cultural, económica e política galega.

Requisitos:
– Ter menos de 36 anos na data de finalización do prazo de solicitudes.
– Posuír titulación universitaria (licenciado, diplomado, grao ou equivalente) recoñecida oficialmente.
– Residencia en calquera concello da provincia da Coruña.

Prazo: as solicitudes poden presentarse ata o 15 de abril de 2020
As bolsas tramitaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTEL, na páxina web da Deputación da Coruña: www.dacoruna.gal

Máis información no BOP da Coruña do 16 de marzo de 2020

ITINERARIO FORMATIVO VIRTUAL EN XÉNERO

A Universidade de Vigo organiza un itinerario formativo virtual en xénero co que poder satisfacer as necesidades de formación nesta temática da comunidade universitaria. 

Totalmente en liña, incluídas as probas de avaliación

Itinerario formativo virtual en xénero

O itinerario está composto por nove formacións, unha introdutoria (40 horas) e oito
 (15 horas) con temáticas máis específicas:
Educación afectivo-sexual
Economía de xénero
Sostenibilidade na vida no centro
O acoso sexual
Acoso en función do sexo: unha xustiza invisible
A perspectiva de xénero na educación
Normativa básica de xénero; a comunicación e o xénero
O sexo e o xénero no século XXI.

Na elaboración de todo o material didáctico destes cursos participaron principalmente profesorado experto da Universidade de Vigo e para algunhas temáticas convidáronse a expertas doutras universidades.

As persoas interesadas en inscribirse teñen xa aberto o prazo de preinscrición –ata o vindeiro 29 de marzo-, e a actividade docente en liña arrancará este mesmo luns día 23. O curso introdutorio, de 40 horas, prolongarase ao longo de dous meses e os específicos, de 15 horas, durante un mes.
Atendendo ás especiais necesidades destes días, os cursos desenvolveranse totalmente en liña, incluídas as probas de avaliación.

Cada unha das actividades será certificada pola Universidade de Vigo. A formación para o alumnado será recoñecida por créditos ECTS (pendente de confirmación), terá o recoñecemento de Actividades de formación permanente para o PDI e computará como méritos para concursos do PAS.

mércores, 18 de marzo de 2020

martes, 17 de marzo de 2020

CURSOS A DISTANCIA PARA Á MOCIDADE TRABALLADORA



Femxa organiza cursos online, 100% subvencionados polo SEPE, que se iniciarán durante os próximos meses dirixidos á mocidade trabalaldora.
Trátase de formación subvencionada na súa totalidade, sen ningún custo para os mozos/as traballadores/as en réxime xeral e autónomos, con calquera tipo de contrato e xornada, interesados en realizala.

Algúns dos obxectivos destes cursos de formación, que non teñen ningún custo económico, son:
- Mellorar as competencias profesionais e itinerarios de emprego e formación.
- Mellorar a empregabilidade das traballadores con maiores dificultades.
- Acreditar as competencias adquiridas por formación.
- Promover a diminución da fenda dixital existente e garantir a accesibilidade ás tecnoloxías da información e comunicación.

Todos os cursos son especialidades do SEPE e realízanse en modalidade online.

OFERTA DE CURSOS

A inscrición dos cursos pódese realizar desde a seguinte páxina web: https://www.cursosfemxa.es/cursosjuventud

OFERTA EMPREGO PRIVADA. FERROL

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

CREAR UN CURRICULUM VITAE CREATIVO

Unha boa maneira de aproveitar estos días de reclusión obrigatoria polo coronavirus e actualizar os nosos curriculums e as nosas competencias en novas tecnoloxías.

O primeiro paso é crear ou mellorar o noso CV, está claro que un curriculum orixinal ou diferente pode marcar a diferencia para entrar nun emprego pois aporta información de nós, se somos curiosos, innovadores, creativos, que temas nos gustan, etc.

Deixovós un video dunha rapaza que vos vai a dar moitas ideas de como facer un CV creativo.



INFORMACIÓN IMPORTANTE!!!!

⚠️⚠️AVISO IMPORTANTE!! 

Medidas urxentes de EMPREGO GALICIA para minimizar o impacto do COVID-19⚠️⚠️
As oficinas de emprego permanecerán pechadas ao público
NON será preciso renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020
Se tes que realizar algún trámite urxente na túa demanda de emprego, poderás facelo chamando ao 012 ou a través da oficina virtual
Quedan suspendidas as citas presencias de orientación laboral
Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pol Xunta de Galicia, os obradoiros de emprego eos programas integrados de emprego
Máis información e outras medidas acordadas no seguinte enlace👇👇
https://bit.ly/3cVhwQC

OFERTA EMPREGO PRIVADO. BERGONDO

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

venres, 13 de marzo de 2020

OFERTA EMPREGO PRIVADA. FOZ

Estamos valorando a incorporación dunha persoa para gravación i edición de video.

En principio serían uns meses, con posibilidade de prorrogalo. Buscamos alguén preferiblemente con coñecementos relacionados co posto. Interesados enviar datos de contacto e CV a fotos@xaorafotografos.com

Confirmaremos a recepción do correo e, de ser o caso, contactaremos o antes posible. Gracias!!

Resultado de imagen de xaora

xoves, 12 de marzo de 2020

OFERTA EMPREGO PRIVADO. ZONA LUGO

Apertura de bolsa de emprego para administrativos de Tragsatec

https://www.tragsa.es/es/equipo-humano/trabaja-con-nosotros/Documents/Bolsa%20de%20empleo/administrativos%20Tragsatec/BASES-BOLSA-EMPLEO-ADMINISTRATIVOS.pdf

Logotipo Grupo Tragsa

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VALDOVIÑO

La imagen puede contener: texto que dice "NECESITAMOS MONITOR DE TIEMPO LIBRE PARA PAINTBALL A LAGOA INCORPORACIÓN INMEDIATA HORARIO DE TARDE ENVIAR CURRICULUM A"
No hay ninguna descripción de la foto disponible.

 PEDREIRA 35, LAGO (61,01 km) 15551 Valdoviño
 698 16 54 35
paintballalagoa.com


CURSO DE FORMACIÓN. RECICLAXE CAP LUGO

Apetamcor

Boas tardes a todos/as! Que tal levades esta tarde de mércores? 😊😉

Nós hoxe abrimos o prazo de inscrición para o #curso de #CAPReciclaxe (35 horas), que impartiremos na nosa sede de #Lugo o próximo mes de Abril.

¿Interesado/a? Fai xa a túa inscrición ou solicita máis información no ☎ 982 256 109.
No hay ninguna descripción de la foto disponible.

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VILALBA - INFOJOBS

INGETEAM - Ofertas de trabajo

Técnico Mantenimiento Sector Eólico

INGETEAM. Villalba, Lugo (España)

Salario: 18.000€ - 24.000€ Bruto/cordero

Experiencia mínima: en el requerida

Tipo de contrato: de duración determinada, jornada completa

INSCRIBIRME EN ESTA OFERTA

Requisitos

Estudios mínimos: Formación Profesional Grado Medio

Experiencia mínima: No requerida

Requisitos mínimos

- PREFERIBLE 6 MESES EN EÓLICA

- CUALQUIER PUESTO CON LABORES DE MANTENIMIENTO

- POSEER TITULO GRADO MEDIO El SUPERIOR ELECTRICIDAD Y ELECTRÓNICA

- TENER GWO VIGENTE

OFERTA EMPREGO PRIVADO. LUGO

La imagen puede contener: una o varias personas, texto que dice "¿QUIERES SER AZAFATA/O EN PROMOCIONES Y EVENTOS? Se requiere: buena presencia, seriedad y don de gentes. Se valorará: carnet de conducir. Si tienes entre 18 y 35 años ENVÍANOS tu CV con a: promoeventoslugo@gmail.com"

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA-GUITIRIZ

La imagen puede contener: texto

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. VIVEIRO

CONCELLO DE VIVEIRO. 

BASES DO PROCESO SELECTIVO DE DOUS/DÚAS ADMINISTRATIVOS/AS, por acumulación de tarefas.

Convocatoria no BOP de Lugo : https://bit.ly/3cU78Zi (Páxina 14)

BOLSAS DE FORMACIÓN A PERSOAS TITULADAS EN FORMACIÓN PROFESIONAL

Feuga, Fundación Empresa- Universidade Galega oferta bolsas de formación a persoas tituladas en Formación Profesional. 05 Mar 2020 

Bolsas de formación a persoas tituladas en Formación Profesional

Requisitos:

- Titulados/as de centros de Formación Profesional galegos de grao medio ou superior.
- Menores de 31 anos.
- Título obtido nun centro de FP galego.
- Finalización dos estudos nos 3 anos anteriores.
- Sen experiencia.
Os solicitantes deberán inscribirse no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Condicións:
Bolsa mínima a xornada completa: 512 €.
As actividades do bolseiro serán formativas, en ningún suposto poderá ostentar a condición de responsable das mesmas, estando en todo momento supervisado e controlado polo seu titor e facer constar nos seus datos que desexa optar a unha bolsa de formación de FEUGA.

Duración:
As bolsas de formación terán unha duración mínima de dous meses e máxima doce meses.

Para máis información:

FEUGA Santiago de Compostela
feuga@feuga.es
sdoce@feuga.es
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n.
Campus Vida
15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tfno. 981 534 180

FEUGA Vigo
feugavigo@feuga.es
sdoce@feuga.es
Área Comercial - Local A9
Campus Universitario Lagoas - Marcosende
36310 Vigo (Pontevedra)
Tfno. 986 469 110

FEUGA Coruña
feuga@feuga.es
sdoce@feuga.es
Almirante Lángara, s/n
Campus Universitario Riazor
15011 A Coruña
Tfno. 981 250 903

https://www.feuga.es/becas/pbfp/

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. VICEDO

🏢ADMINISTRACIÓN LOCAL 
CONCELLO DO VICEDO 
👉ANUNCIO para a cobertura dunha praza de operario de servizos múltiples. 

Resolución do 20 de decembro de 2019, modificada por Resolución do 20 de xaneiro de 2020, do Concello do Vicedo (Lugo), referente á convocatoria para a cobertura dunha praza de operario de servizos múltiples. No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 50, do 2 de marzo de 2020, anúnciase proceso selectivo para a cobertura, por funcionario de carreira, polo sistema de concurso oposición, dunha praza de operario de servizos múltiples do Concello do Vicedo

A praza, vacante no cadro de persoal do Concello do Vicedo, encádrase na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, asimilada ao grupo E, CD 14, estando incluída na oferta de emprego público de 2016.

👀📅O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, taboleiro de edictos da Corporación e/ou xornais de maior difusión da provincia de Lugo. ATENCIÓN! PENDENTE DE PUBLICACIÓN NO BOE!!!

O Vicedo, 5 de marzo de 2020 

José Jesús Novo Martínez

martes, 10 de marzo de 2020

OFERTA EMPREGO PRIVADO. LUGO

Escuela Waldorf Meniñeiros busca maestros de Educación Infantil, Primaria y Secundaria.
La imagen puede contener: flor y texto

luns, 9 de marzo de 2020

AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCCIÓN. XUVENTUDE

📌 AXUDAS para facilitar a obtencións dos PERMISOS DE CONDUCIÓN das clases B 🚗 e C 🚛, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

O importe da axuda será de:
4️⃣0️⃣0️⃣ euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 
6️⃣5️⃣0️⃣ euros para o permiso de clase C.

O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos.

⏰ Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de xullo de 2020, salgo esgotamento do crédito orzamentario dispoñible

OFERTA EMPREGO PUBLICO. O VICEDO

Limpador/-a a xornada parcial

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPIADOR/A a xornada parcial (70%), por un período de 6 meses.


O prazo de inscrición iniciase mañá día 6 de marzo e remata o próximo día 16 de marzo de 2020, realizándose o proceso de selección o día 18 de marzo partir das 10:30 horas na casa do concello.


Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO


Selección dunha auxiliar de axuda no fogar para cubrir vacacións

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (para cubrir vacacións), con data prevista de inicio o 7 de abril de 2020

O prazo de inscrición iniciase o día 6 de marzo e remata o próximo día 16 de marzo de 2020, realizándose o proceso de selección o día 18 de marzo partir das 10:00 horas na casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

venres, 6 de marzo de 2020

BOLSAS EN FORMACIÓN DIXITAL

Digitalent, bolsas de formación en TIC  
Digitalent, bolsas de formación en TIC

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, convoca 32 bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC (bolsas DigiTalent) dirixidas a estudantes do Sistema universitario de Galicia no curso 2019/20 no marco do Plan DigiTalent.

Requisitos das persoas solicitantes:
- Estar matriculado no curso 2019/20 nunha das tres universidades públicas da nosa Comunidade Autónoma, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.
- Ser menor de 31 anos.
- Non ter desfrutado doutra bolsa de formación de Feuga para estudantes universitarios, por período superior a 9 meses.
- Ter aprobados máis do 75 % e menos do 100 % dos créditos dalgunha titulación universitaria de grao nalgunha das universidades de Galicia, nas áreas de coñecemento seguintes:
Artes e Humanidades: grao en Información e Documentación, grao en Filosofía, etc.
Ciencias: Física, Química, Matemáticas, Bioloxía, etc.
Ciencias da Saúde: grao en Medicina, grao en Psicoloxía, etc.
Ciencias Sociais e Xurídicas: grao en Administración e Dirección de Empresas, grao en Economía, grao en Consultoría e Xestión da Información, etc.
Enxeñaría e Arquitectura.
- Os/as interesados/as deberán estar rexistrados no portal de bolsas Feuga, no enderezo da internet www.becasfeuga.es

O período de formación práctica terá unha duración de 3 meses.

As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento PR607A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 6 de abril de 2020.
Máis información no DOG do 5 de marzo de 2020 e en https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/bolsas-digitalent

xoves, 5 de marzo de 2020

BOLSAS DE FORMACIÓN A PERSOAS TITULADAS EN FORMACIÓN PROFESIONAL

Feuga, Fundación Empresa- Universidade Galega oferta bolsas de formación a persoas tituladas en Formación Profesional

Requisitos:

- Titulados/as de centros de Formación Profesional galegos de grao medio ou superior.
- Menores de 31 anos.
- Título obtido nun centro de FP galego.
- Finalización dos estudos nos 3 anos anteriores.
- Sen experiencia.
Os solicitantes deberán inscribirse no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Condicións:
Bolsa mínima a xornada completa: 512 €.
As actividades do bolseiro serán formativas, en ningún suposto poderá ostentar a condición de responsable das mesmas, estando en todo momento supervisado e controlado polo seu titor e facer constar nos seus datos que desexa optar a unha bolsa de formación de FEUGA.

Duración:
As bolsas de formación terán unha duración mínima de dous meses e máxima doce meses.

Para máis información:

FEUGA Santiago de Compostela
feuga@feuga.es
sdoce@feuga.es
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n.
Campus Vida
15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tfno. 981 534 180

FEUGA Vigo
feugavigo@feuga.es
sdoce@feuga.es
Área Comercial - Local A9
Campus Universitario Lagoas - Marcosende
36310 Vigo (Pontevedra)
Tfno. 986 469 110

FEUGA Coruña
feuga@feuga.es
sdoce@feuga.es
Almirante Lángara, s/n
Campus Universitario Riazor
15011 A Coruña
Tfno. 981 250 903

https://www.feuga.es/becas/pbfp/

OFERTAS VARIAS DE EMPREGO PRIVADO. VILALBA


GRUPO PELÉ

Rúa Acibro, Parcelas 77, 80, 81 Polígono Industrial As Sete Pontes (16,39 km)
27800 Villalba, Galicia, Spain
Cómo llegar
982 51 21 02
🔥Gustaríache formar parte dunha das empresas de maior crecemento nos sectores # contract e # retail?👇👇
Envíanos o teu CV a info@grupopele.com para inscribirche na oferta. Úneche a Grupo Pelei e crece con nosotr@ s 🚀


1º OFERTA RESPONSABLE RECURSOS HUMANOS
Se tes coñecementos en GESTION INTEGRAL DE RRHH, (contratos, nóminas, informes mensuais, control partes de traballo)., valores en canto a comportamento e responsabilidade, gústache ter unha boa relación cos compañeiros e clientes, tes bo carácter e sobre todo #actitude e #aptitude entón, queremos o teu #talento!

2º OFERTA OPERARIO DE MANTENEMENTO
Se tes coñecementos en CARPINTERIA , FABRICACION E MONTAXE DE MOBILIARIO, AXUDAS A TALLER DE ACABADOS,
( IMPRESCINCIBLE CARNÉ DE 1ª) valores en canto a comportamento e responsabilidade, gústache ter unha boa relación cos compañeiros e clientes, tes bo carácter e sobre todo actitude e aptitude entón, queremos o teu talento!

3º OFERTA OPERARIO DE CARPINTERIA
Se tes coñecementos en  carpinteria ou madeira, valores en canto a comportamento e responsabilidade, gústache ter unha boa relación cos compañeiros e clientes, tes bo carácter e sobre todo actitude e aptitude entón, queremos o teu talento!

OFERTA EMPREGO PRIVADA. MONDOÑEDO

A Fundación Educativa e Social Dignidade de Lugo, responsable da Minirresidencia (Centro de protección de menores) de próxima apertura no noso Concello, presentou no día de onte as seguintes ofertas de emprego que se achegan a continuación:

- Educador/a social.
- Auxiliar administrativo/a.
- Persoal de limpeza.
- Persoal de cociña.
- Diplomada en Ciencias da Educación.
- Traballadores/as de noite.

As persoas que cumplan o perfil indicado na oferta e que estean interesadas no posto, deben achegarse o antes posible á Oficina de Emprego de Mondoñedo.

martes, 3 de marzo de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. AS PONTES

CONCELLO DE AS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ. CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO DUN/DUNHA
TÉCNICO/A DE PROSPECCIÓN E INSERCIÓN LABORAL E CONSTITUCIÓN DUNHA LISTA DE ESPERA.

Convocatoria: https://bit.ly/2TL0jAT
Solicitudes: prazo ata o 10 de marzo

luns, 2 de marzo de 2020

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VIVEIRO

Abrimos proceso de selección para un puesto de camarero/a en el Hotel Urban Viveiro
Esperamos vuestros curriculums administracion@urbanviveiro.es
La imagen puede contener: texto

LISTA DE CONTRATACIÓN TEMPORAL XUNTA DE GALICIA

XUNTA DE GALICIA. APERTURA DE DETERMINADAS LISTAS PARA A INCORPORACIÓN DE SOLICITUDES PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL TEMPORAL LABORAL.

Diario Oficial de Galicia

Ábrense as seguintes listas:

PERSOAL FUNCIONARIO:

- Educador/a. Profesor/a especial
- Escala de veterinarios
- Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Varias especialidades, consultar a orden.
- Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia
- Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade patrón
- Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade mecánico

PERSOAL LABORAL:

- Titulado/a superior médico/a. Médico/a xeriatra. Médico/a CEI. Médico/a adxunto/a. Médico/a
- ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE
- Educador/a. Profesor/a especial
- Fisioterapeuta
- Terapeuta ocupacional
- Gobernante/a. Gobernante/a servizos domésticos. Encargado/a lavadoiro. Roupeiro. Ferro de pasar
- Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/
- Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. - - - Encargado/a de traballos. Especialista de oficios
- Xefe/a de cociña
- Oficial 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª
- Oficial/a servizos técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial 1ª oficios varios. Oficial de primeira
- Subgobernante/a
- Auxiliar sanitario. Auxiliar clínica. Auxiliar psiquiátrico/a. Auxiliar de enfermaría. Coidador/a xeriátrico. Coidador/a
- Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª
- Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento

Convocatoria: https://bit.ly/2Tt219Q
Solicitudes: prazo ata o 30 de abril

OFERTA EMPREGO PRIVADO. LUGO

A cooperativa Coren busca un técnico de cebo porcino.

Máis informacion: paula.vazquez@coren.es

La imagen puede contener: texto

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA



🔥Gustaríache formar parte dunha das empresas de maior crecemento nos sectores # contract e # retail?👇👇👇

Se tes coñecementos en carpinteria ou madeira, valores en canto a comportamento e responsabilidade, gústache ter unha boa relación cos compañeiros e clientes e tes bo carácter e sobre todo #actitude e #aptitude entón, queremos o teu #talento!

Envíanos o teu CV a info@grupopele.com para inscribirche na oferta. Úneche a Grupo Pelei e crece con nosotr@ s 🚀

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. MURAS

Contratación mediante concurso-oposición, de un/ha auxiliar administrativo como funcionario interino por programa por un período de tres anos, Escala Administración Xeral subescala auxiliar (auxiliar administrativo) grupo C2.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 20 DÍAS HÁBILES A PARTIR DO DÍA SEGUINTE DA PUBLICACIÓN NO BOP. ATA O 30 DE MARZO.


a) Denominación da praza: Auxiliar administrativo 
b) Grupo de titulación: GRUPO C (Subgrupo C2)
c) OUTRAS CARACTERISTICAS 
- Escala: Administración Xeral
- Subescala: auxiliar 
- Nivel C.D.: 16 
- Nivel C.E.: 4.530,80€

 Sistema selectivo O sistema de selección será o de concurso-oposición, quenda libre.

Ás solicitudes de participación deberán xuntárselles a seguinte documentación: 
- Copia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa noutros estados mebros da Unión Europea. 
- Copia do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente ou superior. 
- Certificado CELGA 4 ou equivalente. 
- Acreditación de méritos.



O procedemento de selección desta praza é o de concurso-oposición, correspondéndolle a fase de concurso unha porcentaxe do 30% da puntuación máxima total, e a fase de oposición o 70% .
FASE DE CONCURSO 
FASE DE OPOSICIÓN:
PRIMEIRA PROBA: De carácter obrigatorio e eliminatorio para todos os aspirantes. Consistirá na contestación dun examen tipo test que constará de 60 preguntas, as cales terán que contestarse nun período máximo de unha hora e media (90 minutos), do temario do ANEXO I. As preguntas positivas terán un valor de 0,5 e as negativas de 0,1. As preguntas en branco non terán valor. A
 SEGUNDO EXERCICIO: Consistirá na resolución dous supostos prácticos relacionados co temario específico determinados polo tribunal. O tempo máximo para a realización do exercicio será de dúas horas. 
COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA: consistirá nunha traducción castelán-galego dun texto facilitado polo Tribunal.. Esta proba será obligatoria para aqueles que non poidan acreditar o coñecemento da lingua galega a través dos certificados correspondentes, sempre e cando tiveran superado os tres exercicios anteriores. Puntuarase como APTO ou NON APTO. 

ANEXO DE TEMAS
Tema 1. Os contratos do sector público. Obxecto e ámbito de aplicación da Lei de Contratos do Sector Público. Tipos de contratos do sector público. Contratos suxeitos a regulación harmonizada. Contratos administrativos e contratos privados. 
Tema 2. Actividade subvencional das Administracións Públicas: tipos de subvencións. Procedementos de concesión e xestión das subvencións. Reintegro de subvencións. Control financeiro. Infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións. 
Tema 3. Réxime de sesións dos órganos de goberno local: convocatoria, desenvolvemento e adopción de acordos. As Actas. 
Tema 4. A iniciativa económica das Entidades locais e a reserva de servizos en favor das Entidades locais. O servizo público nas entidades locais. Concepto. As formas de xestión dos servizos públicos locais. 
Tema 5. O Orzamento Xeral das Entidades Locais: concepto e contido. Especial referencia ás bases de execución do orzamento. A elaboración e aprobación do Orzamento Xeral. A prórroga orzamentaria. 
Tema 6. A estrutura orzamentaria. Os créditos do orzamento de gastos: delimitación, situación e niveis de vinculación xurídica. As modificacións de crédito: clases, concepto, financiamento e tramitación. 
Tema 7. A execución do orzamento de gastos e de ingresos: as súas fases. Os pagos para xustificar. Os anticipos de caixa fixa. Os gastos de carácter plurianual. A tramitación anticipada de gastos. Os proxectos de gasto. Os gastos con financiamento afectado: especial referencia ás desviacións de financiamento. 
Tema 8. A liquidación do orzamento. Tramitación. Os remanentes de crédito. O resultado orzamentario: concepto, cálculo e axustes. O remanente de tesourería: concepto e cálculo. Análise do remanente de tesourería para gastos con financiamento afectado e do remanente de tesourería para gastos xerais. A consolidación orzamentaria. 
Tema 9. Estabilidade Orzamentaria e sustentabilidade financeira. Principios xerais. Obxectivos de estabilidade orzamentaria, de débeda pública e da regra de gasto para as Corporacións locais: establecemento e consecuencias asociadas ao seu incumprimento. Os Plans económico-financeiros: contido, tramitación e seguimento. Plans de axuste e de saneamento financeiro. Subministración de información financeira das Entidades Locais. Tema 10. A tesourería das Entidades Locais. Réxime xurídico. O principio de unidade de caixa. Funcións da tesourería. Organización. Situación dos fondos: a caixa e as contas bancarias. A realización de pagos: prelación, procedementos e medios de pago. O cumprimento do prazo nos pagos: o período medio de pago. O estado de conciliación. Tema 11. A Conta Xeral das Entidades Locais: contido, formación, aprobación e rendición. Outra información para fornecer ao Pleno, aos órganos de xestión, aos órganos de control interno e a outras Administracións Públicas. 
Tema 12. Os recursos das Facendas Locais. Os tributos locais: principios. A potestade regulamentaria das Entidades Locais en materia tributaria: contido das ordenanzas fiscais, tramitación e réxime de impugnación dos actos de imposición e ordenación de tributos. O establecemento de recursos non tributarios. 
Tema 13. O crédito local. Clases de operacións de crédito. Natureza xurídica dos contratos: tramitación. As operacións de crédito a longo prazo: finalidade e duración, competencia e límites e requisitos para a concertación das operacións. As operacións de crédito a curto prazo: requisitos e condicións. A concesión de avais polas Entidades Locais. 
Tema 14. O persoal ao servizo das Entidades Locais: Clases e réxime xurídico. Os instrumentos de organización do persoal: persoais e relacións de postos de traballo. Os instrumentos reguladores dos recursos humanos: a oferta de emprego, os plans de emprego e outros sistemas de racionalización. O acceso aos empregos locais: sistemas de selección e provisión. Contra as presentes bases poderase formular recurso de reposición de carácter 
Tema 15. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. A eficacia dos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade. 
Tema 16. O procedemento administrativo común. Principios. Normativa reguladora. Os interesados no procedemento administrativo. Dereitos dos cidadáns, en particular acceso aos rexistros e arquivos. 
Tema 17. O procedemento administrativo común: fases do procedemento. Formas de terminación. 
Tema 18. A revisión dos actos administrativos. Os recursos administrativos. A xurisdicción conteciosoadministrativa: o recurso contenciso-administrativo. 
Tema 19. A potestade sancionadora. Principios do exercicio da potestade sancionadora. Procedemento. 
Tema 20. A responsabilidade patrimonial da administración pública. Os procedementos das administración públiocas enmateria de responsabilidade patrimonial: procedemento xeral e procedemento abreviado. 
Tema 21. O municipio de Muras. Organización municipal específica. Pleno, Alcalde, Xunta de Goberno, tenentes de Alcalde, e concelleiros delegados. Comisións informativas e outros órganos complementarios. 
Tema 22. Xeografia de Muras. Situación, orografía, xeoloxía, hidroloxía e climatoloxía. División por parroquias. Poboación.

OFERTA EMPREGO PRIVADA. LUGO

PRECISAMOS INCORPORAR !!
Creadores de Produto Turístico  Experiencial . Expertos e expertas en sorprender, emocionar e cativar. Profesionais a xornada completa, media xornada,  freelancers ou mesmo como extra para complementar o teu traballo habitual.
Se crees que podes formar parte do equipo  EdD; non o dubides e envíanos un orixinal  mail presentándoche e achegándonos o teu CV
👉 info@experienciasdeldestino.com 👏Anímache con  EdD! 👏

https://www.facebook.com/100011686032876/videos/1024374741295384/