xoves, 5 de marzo de 2020

OFERTA EMPREGO PRIVADA. MONDOÑEDO

A Fundación Educativa e Social Dignidade de Lugo, responsable da Minirresidencia (Centro de protección de menores) de próxima apertura no noso Concello, presentou no día de onte as seguintes ofertas de emprego que se achegan a continuación:

- Educador/a social.
- Auxiliar administrativo/a.
- Persoal de limpeza.
- Persoal de cociña.
- Diplomada en Ciencias da Educación.
- Traballadores/as de noite.

As persoas que cumplan o perfil indicado na oferta e que estean interesadas no posto, deben achegarse o antes posible á Oficina de Emprego de Mondoñedo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario