luns, 2 de marzo de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. MURAS

Contratación mediante concurso-oposición, de un/ha auxiliar administrativo como funcionario interino por programa por un período de tres anos, Escala Administración Xeral subescala auxiliar (auxiliar administrativo) grupo C2.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 20 DÍAS HÁBILES A PARTIR DO DÍA SEGUINTE DA PUBLICACIÓN NO BOP. ATA O 30 DE MARZO.


a) Denominación da praza: Auxiliar administrativo 
b) Grupo de titulación: GRUPO C (Subgrupo C2)
c) OUTRAS CARACTERISTICAS 
- Escala: Administración Xeral
- Subescala: auxiliar 
- Nivel C.D.: 16 
- Nivel C.E.: 4.530,80€

 Sistema selectivo O sistema de selección será o de concurso-oposición, quenda libre.

Ás solicitudes de participación deberán xuntárselles a seguinte documentación: 
- Copia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa noutros estados mebros da Unión Europea. 
- Copia do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente ou superior. 
- Certificado CELGA 4 ou equivalente. 
- Acreditación de méritos.



O procedemento de selección desta praza é o de concurso-oposición, correspondéndolle a fase de concurso unha porcentaxe do 30% da puntuación máxima total, e a fase de oposición o 70% .
FASE DE CONCURSO 
FASE DE OPOSICIÓN:
PRIMEIRA PROBA: De carácter obrigatorio e eliminatorio para todos os aspirantes. Consistirá na contestación dun examen tipo test que constará de 60 preguntas, as cales terán que contestarse nun período máximo de unha hora e media (90 minutos), do temario do ANEXO I. As preguntas positivas terán un valor de 0,5 e as negativas de 0,1. As preguntas en branco non terán valor. A
 SEGUNDO EXERCICIO: Consistirá na resolución dous supostos prácticos relacionados co temario específico determinados polo tribunal. O tempo máximo para a realización do exercicio será de dúas horas. 
COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA: consistirá nunha traducción castelán-galego dun texto facilitado polo Tribunal.. Esta proba será obligatoria para aqueles que non poidan acreditar o coñecemento da lingua galega a través dos certificados correspondentes, sempre e cando tiveran superado os tres exercicios anteriores. Puntuarase como APTO ou NON APTO. 

ANEXO DE TEMAS
Tema 1. Os contratos do sector público. Obxecto e ámbito de aplicación da Lei de Contratos do Sector Público. Tipos de contratos do sector público. Contratos suxeitos a regulación harmonizada. Contratos administrativos e contratos privados. 
Tema 2. Actividade subvencional das Administracións Públicas: tipos de subvencións. Procedementos de concesión e xestión das subvencións. Reintegro de subvencións. Control financeiro. Infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións. 
Tema 3. Réxime de sesións dos órganos de goberno local: convocatoria, desenvolvemento e adopción de acordos. As Actas. 
Tema 4. A iniciativa económica das Entidades locais e a reserva de servizos en favor das Entidades locais. O servizo público nas entidades locais. Concepto. As formas de xestión dos servizos públicos locais. 
Tema 5. O Orzamento Xeral das Entidades Locais: concepto e contido. Especial referencia ás bases de execución do orzamento. A elaboración e aprobación do Orzamento Xeral. A prórroga orzamentaria. 
Tema 6. A estrutura orzamentaria. Os créditos do orzamento de gastos: delimitación, situación e niveis de vinculación xurídica. As modificacións de crédito: clases, concepto, financiamento e tramitación. 
Tema 7. A execución do orzamento de gastos e de ingresos: as súas fases. Os pagos para xustificar. Os anticipos de caixa fixa. Os gastos de carácter plurianual. A tramitación anticipada de gastos. Os proxectos de gasto. Os gastos con financiamento afectado: especial referencia ás desviacións de financiamento. 
Tema 8. A liquidación do orzamento. Tramitación. Os remanentes de crédito. O resultado orzamentario: concepto, cálculo e axustes. O remanente de tesourería: concepto e cálculo. Análise do remanente de tesourería para gastos con financiamento afectado e do remanente de tesourería para gastos xerais. A consolidación orzamentaria. 
Tema 9. Estabilidade Orzamentaria e sustentabilidade financeira. Principios xerais. Obxectivos de estabilidade orzamentaria, de débeda pública e da regra de gasto para as Corporacións locais: establecemento e consecuencias asociadas ao seu incumprimento. Os Plans económico-financeiros: contido, tramitación e seguimento. Plans de axuste e de saneamento financeiro. Subministración de información financeira das Entidades Locais. Tema 10. A tesourería das Entidades Locais. Réxime xurídico. O principio de unidade de caixa. Funcións da tesourería. Organización. Situación dos fondos: a caixa e as contas bancarias. A realización de pagos: prelación, procedementos e medios de pago. O cumprimento do prazo nos pagos: o período medio de pago. O estado de conciliación. Tema 11. A Conta Xeral das Entidades Locais: contido, formación, aprobación e rendición. Outra información para fornecer ao Pleno, aos órganos de xestión, aos órganos de control interno e a outras Administracións Públicas. 
Tema 12. Os recursos das Facendas Locais. Os tributos locais: principios. A potestade regulamentaria das Entidades Locais en materia tributaria: contido das ordenanzas fiscais, tramitación e réxime de impugnación dos actos de imposición e ordenación de tributos. O establecemento de recursos non tributarios. 
Tema 13. O crédito local. Clases de operacións de crédito. Natureza xurídica dos contratos: tramitación. As operacións de crédito a longo prazo: finalidade e duración, competencia e límites e requisitos para a concertación das operacións. As operacións de crédito a curto prazo: requisitos e condicións. A concesión de avais polas Entidades Locais. 
Tema 14. O persoal ao servizo das Entidades Locais: Clases e réxime xurídico. Os instrumentos de organización do persoal: persoais e relacións de postos de traballo. Os instrumentos reguladores dos recursos humanos: a oferta de emprego, os plans de emprego e outros sistemas de racionalización. O acceso aos empregos locais: sistemas de selección e provisión. Contra as presentes bases poderase formular recurso de reposición de carácter 
Tema 15. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. A eficacia dos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade. 
Tema 16. O procedemento administrativo común. Principios. Normativa reguladora. Os interesados no procedemento administrativo. Dereitos dos cidadáns, en particular acceso aos rexistros e arquivos. 
Tema 17. O procedemento administrativo común: fases do procedemento. Formas de terminación. 
Tema 18. A revisión dos actos administrativos. Os recursos administrativos. A xurisdicción conteciosoadministrativa: o recurso contenciso-administrativo. 
Tema 19. A potestade sancionadora. Principios do exercicio da potestade sancionadora. Procedemento. 
Tema 20. A responsabilidade patrimonial da administración pública. Os procedementos das administración públiocas enmateria de responsabilidade patrimonial: procedemento xeral e procedemento abreviado. 
Tema 21. O municipio de Muras. Organización municipal específica. Pleno, Alcalde, Xunta de Goberno, tenentes de Alcalde, e concelleiros delegados. Comisións informativas e outros órganos complementarios. 
Tema 22. Xeografia de Muras. Situación, orografía, xeoloxía, hidroloxía e climatoloxía. División por parroquias. Poboación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario