venres, 6 de marzo de 2020

BOLSAS EN FORMACIÓN DIXITAL

Digitalent, bolsas de formación en TIC  
Digitalent, bolsas de formación en TIC

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, convoca 32 bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC (bolsas DigiTalent) dirixidas a estudantes do Sistema universitario de Galicia no curso 2019/20 no marco do Plan DigiTalent.

Requisitos das persoas solicitantes:
- Estar matriculado no curso 2019/20 nunha das tres universidades públicas da nosa Comunidade Autónoma, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.
- Ser menor de 31 anos.
- Non ter desfrutado doutra bolsa de formación de Feuga para estudantes universitarios, por período superior a 9 meses.
- Ter aprobados máis do 75 % e menos do 100 % dos créditos dalgunha titulación universitaria de grao nalgunha das universidades de Galicia, nas áreas de coñecemento seguintes:
Artes e Humanidades: grao en Información e Documentación, grao en Filosofía, etc.
Ciencias: Física, Química, Matemáticas, Bioloxía, etc.
Ciencias da Saúde: grao en Medicina, grao en Psicoloxía, etc.
Ciencias Sociais e Xurídicas: grao en Administración e Dirección de Empresas, grao en Economía, grao en Consultoría e Xestión da Información, etc.
Enxeñaría e Arquitectura.
- Os/as interesados/as deberán estar rexistrados no portal de bolsas Feuga, no enderezo da internet www.becasfeuga.es

O período de formación práctica terá unha duración de 3 meses.

As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento PR607A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 6 de abril de 2020.
Máis información no DOG do 5 de marzo de 2020 e en https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/bolsas-digitalent

Ningún comentario:

Publicar un comentario