luns, 23 de marzo de 2020

ITINERARIO FORMATIVO VIRTUAL EN XÉNERO

A Universidade de Vigo organiza un itinerario formativo virtual en xénero co que poder satisfacer as necesidades de formación nesta temática da comunidade universitaria. 

Totalmente en liña, incluídas as probas de avaliación

Itinerario formativo virtual en xénero

O itinerario está composto por nove formacións, unha introdutoria (40 horas) e oito
 (15 horas) con temáticas máis específicas:
Educación afectivo-sexual
Economía de xénero
Sostenibilidade na vida no centro
O acoso sexual
Acoso en función do sexo: unha xustiza invisible
A perspectiva de xénero na educación
Normativa básica de xénero; a comunicación e o xénero
O sexo e o xénero no século XXI.

Na elaboración de todo o material didáctico destes cursos participaron principalmente profesorado experto da Universidade de Vigo e para algunhas temáticas convidáronse a expertas doutras universidades.

As persoas interesadas en inscribirse teñen xa aberto o prazo de preinscrición –ata o vindeiro 29 de marzo-, e a actividade docente en liña arrancará este mesmo luns día 23. O curso introdutorio, de 40 horas, prolongarase ao longo de dous meses e os específicos, de 15 horas, durante un mes.
Atendendo ás especiais necesidades destes días, os cursos desenvolveranse totalmente en liña, incluídas as probas de avaliación.

Cada unha das actividades será certificada pola Universidade de Vigo. A formación para o alumnado será recoñecida por créditos ECTS (pendente de confirmación), terá o recoñecemento de Actividades de formación permanente para o PDI e computará como méritos para concursos do PAS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario