xoves, 9 de xaneiro de 2020

PROGRAMA PARA A XUVENTUDE PRENDE NO RURAL!!!

Formación oficial de 50 horas, págase a 14€ o día de asistencia!


Ampriase o prazo para a presentación de solicitudes para este programa coa finalidade de contribuir a mellora da empregabilidade mediante a formación específica en materias de sectores concretos: hostalaría e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandaría e medioambiente, por considerarse estes sectores emerxentes e de gran potencialidade na nosa provincia.

As actividades e prazas ofertadas son as que se relacionan no seguinte cadro, en cada unha delas impartirase unha formación concentrada nos aspectos básicos e fundamentais mais valorados polas empresas de cada unha das especialidades a impartir de 50 horas, atendendo as recomendacións das asociacións sectoriais coñecedores das necesidades do mesmo dentro da provincia e outras 50 horas adicadas a xestión da empresa.


(*) Celebrarase no lugar onde se concentre a maioría dos beneficiarios para evitar desprazamentos.

BENEFICIARIOS:

Está dirixido a aqueles mozos/as que desexen participar na formación dalgunha das materias específicas propostas e cumpran os seguintes requisitos:

- Mozos/as maiores de 16 e menores de 30 anos no momento da solicitude

- Estar inscritos no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil

- Estar empadroados nalgún dos concellos que se recollen na convocatoria

- Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a

Ningún comentario:

Publicar un comentario