luns, 27 de xaneiro de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. NARON

ANUNCIO BOLSA DE EMPREGO 

O concello pleno en data 31 de outubro de 2019 aprobou o Regulamento de selección do persoal funcionario interino e laboral temporal do Concello de Narón. 

A aprobación definitiva do referido Regulamento foi publicado no BOP nº 13 de 21 de xaneiro de 2.020. De conformidade co establecido no devandito Regulamento, esta alcaldía , en uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, 

RESOLVE: 

PRIMEIRO.- Aproba-la inclusión na Bolsa de traballo para o ano 2020 das seguintes prazas: 

Administrativo 5/C1 A.Xeral Bacharelato/Técnico 
Auxiliar Admvo. 7/C2 A.Xeral Graduado ESO 
Conserxe 7/C2 A.Xeral Graduado ESO 

SEGUNDO.- Proceder á publicación da presente resolución no BOP de A Coruña, a efectos de presentación de solicitudes polo prazo de 15 dias naturais, de acordo co estipulado no artigo 2 do Regulamento de selección.

PRAZO ATA 11 DE FEBREIRO

Ningún comentario:

Publicar un comentario