xoves, 26 de decembro de 2019

AXUDAS PARA O EMPRENDEMENTO XUVENIL

PROGRAMA PRENDE! BOTA RAICES NO RURAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

A finalidade deste programa é a de contribuír a mellora da empregabilidade mediante a formación a través da Medida 8.2.3.1, “ GENERATE TU EMPLEO EN EL RURAL” consistindo na financiación dos custos directos de formación en materia de autoemprego e creación de empresas, así coma de formación especifica en materias de sectores concretos: hostalaría e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandería e medioambiente, por considerarse estes sectores emerxentes e de gran potencialidade na nosa provincia.

As actividades e prazas ofertadas son as que se relacionan no seguinte cadro, en cada unha delas impartirase unha formación concentrada nos aspectos básicos e fundamentais mais valorados polas empresas de cada unha das especialidades a impartir de 50 horas, atendo as recomendacións das asociacións sectoriais coñecedores das necesidades do mesmo dentro da provincia, e outras 50 horas adicadas a xestión da empresa, parte fundamental de cara o futuro empredemento ou o traballo por conta allea, xa que o coñecemento xeral de xestión do funcionamento interno dunha empresa é básico para desempeñar calquera posto dentro dunha empresa.
ACTIVIDADE
HORAS
DÍAS
PRAZAS OFERTADAS
CENTRO
Hostaleria e turismo
100
20
14
1.SUR*
Enerxía e auga
100
20
13
2.A MARIÑA*
Agricultura e gandaría
100
20
8
3.CENTRO*
Medio ambiente
100
20
15
4.MONTAÑA*
Autoemprego
50
10
9
5.***

*Celebrarase no concello máis céntrico en función dos beneficiarios seleccionados.
*** Celebrarase no lugar onde se concentre a maioría dos beneficiarios para evitar desprazamentos.

No caso de que non existan suficientes solicitudes nas zonas referidas, a formación poderá ter lugar nunha zona distinta a mencionada para cada unha das actividades anteriormente propostas.


DESTINATARIOS
Está dirixida aqueles mozos e mozas que desexen participar na formación dalgunha das materias específicas propostas que queiran asentar a súa vivenda nalgún concello dos participantes definidos no Anexo I destas bases, e cumpran cos requisitos seguintes:

Mozos e mozas maiores de 16 e menores de 30 anos no momento da solicitude. Para o caso de cumprir os 30 anos en breve , poderá ser destinatario destas axudas sempre e cando inicie a súa participación no programa antes de que transcorran 4 meses dende o seu cumprimento, neste caso especifico poderá finalizar a participación no mesmo.
Estar inscritos no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil.
E obriga indispensable que os mozos e mozas beneficiarios de calquera medida estean empadroados durante o período de vixencia da subvención nalgún dos municipios definidos no artigo 2 do Real Decreto 1234/2018, de 5 de outubro, e recollidos no Anexo I – Listaxe Concellos desta convocatoria.
Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións en concordancia coa Lei 9/2007 de xuño, de subvencións de Galicia.
PRAZOS DE PRESENTACIÓN: O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende o seguinte a publicación da convocatoria do presente programa no BOP, previa publicación no Base de Datos Nacional de Subvencións. Inicio do prazo: 17/12/2019 e fin do prazo: 09/01/2020.
Máis información: http://www.deputacionlugo.gal/temas/emprego/prende/genera

Ningún comentario:

Publicar un comentario