xoves, 26 de decembro de 2019

BOLSAS DE ESTUDIOS PARA AS OFICINAS DE TURISMO NO ESTRANXEIRO

Formación práctica en oficinas de turismo no estranxeiro
23 Dec 2019

A Axencia Turismo de Galicia convoca bolsas de formación práctica en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo en Londres, París, Berlín, Miami, Lisboa, Bruxelas, Cantón, Roma e Dublín.

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2020 cunha duración máxima de 10 meses

Requisitos:
Estar en posesión dun grao universitario ou titulación homologada equivalente. O título achegado non poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2014.

Linguas:
Galego: os solicitantes deberán acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
Outras linguas:
- Para as bolsas de Londres, Dublín, París, Berlín, Miami, Roma e Lisboa deberase acreditar o coñecemento da lingua oficial do país.
- Para a bolsa de Bruxelas deberase acreditar o coñecemento das linguas francesa ou, na súa falta, inglesa.
- Para a bolsa de Cantón deberase acreditar o coñecemento das linguas chinesa ou, na súa falta, inglesa.

O nivel de coñecemento acreditarase mediante o título da escola oficial de idiomas ou outras institucións oficiais dentro do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) e será o seguinte:
– Nivel B2 na lingua oficial do país para as bolsas de Londres, Dublín, Berlín, Miami e París.
– Nivel B2 en francés ou, na súa falta, inglés para a bolsa de Bruxelas.
– Nivel B2 en chinés ou, na súa falta, inglés para a bolsa de Cantón.
– Nivel B1 na lingua oficial do país para as bolsas de Lisboa e Roma.

Dotación:
Londres: 29.252,30 €
París: 23.477,00 €
Berlín:22.175,00 €
Lisboa: 22.547,00 €
Miami: 24.968,10 €
Bruxelas: 29.252,30 €
Cantón: 24.968,10 €
Roma: 22.547,00 €
Dublín: 29.252,30 €

Na dotación de cada unha das bolsas están incluídos os gastos de desprazamento (ata e desde o lugar de destino) e o seguro médico, de accidentes e de responsabilidade civil obrigatorio.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 23 de xaneiro de 2020.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TU981B
Máis información no DOG do 23 de decembro de 20189 e en http://www.turismo.gal/canle-institucional
Teléfono: 981 547 406
enderezo electrónico: proxectos.turismo@xunta.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario