luns, 23 de decembro de 2019

BOLSAS TURISMO

Bolsas da Axencia Turismo de Galicia. 10 Dec 2019

A Axencia Turismo de Galicia convoca 15 bolsas de formación práctica:

14 bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas en oficinas de información turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma:
1 bolsa na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos)
2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino)
1 bolsa na Oficina de Turismo do Aeroporto de Santiago de Compostela
2 bolsas na Oficina de Turismo da Coruña
2 bolsas na Oficina de Turismo de Pontevedra
2 bolsas na Oficina de Turismo de Vigo
2 bolsas na Oficina de Turismo de Lugo
2 bolsas na Oficina de Turismo de Ourense

1 bolsa de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística. O lugar de realización das prácticas tuteladas desta bolsa será na sede da área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia da Barcia (estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela).

Duración:
O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2020 e 2021:
- Bolsas de formación práctica especializada en oficinas de turismo: duración máxima 5 meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira, que será, previsiblemente, o 1 de maio de 2020.
- Bolsa de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación: duración máxima de 12 meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira que será, previsiblemente, o 1 de marzo de 2020.

Dotación:
Oficina de Turismo da Coruña: 4.500 €
Oficina de Turismo de Santiago (praza de Mazarelos): 4.500 €
Oficina de Turismo de Santiago (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino): 4.500 €
Oficina de Turismo do Aeroporto de Santiago de Compostela: 4.500 €
Oficina de Turismo de Lugo: 4.500 €
Oficina de Turismo de Ourense: 4.500 €
Oficina de Turismo de Pontevedra: 4.500 €
Oficina de Turismo de Vigo: 4.500 €
Área de Estudos e Investigación: 13.800 €

Titulación:
a) Para as bolsas de formación nas oficinas de información turística os candidatos deberán estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, dalgún dos seguintes títulos: grao en turismo; mestrado relacionado con turismo; técnico superior en guía, información e asistencia turísticas; técnico superior en axencias de viaxes e xestión de eventos. Só serán válidos os títulos obtidos a partir do 1 de xaneiro de 2014.
b) Bolsa de formación na Área de Estudos e Investigación: estar en posesión dunha titulación superior (calquera). Só serán válidos os títulos obtidos a partir do 1 de xaneiro de 2014. Tamén poderán presentarse a esta bolsa aquelas persoas que teñan a titulación mínima exixida e acrediten a súa condición de desempregado de longa duración no momento de remate de presentación das solicitudes.

Idiomas:
a) Todas as persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.
b) Inglés: no caso das bolsas de formación nas oficinas de información turística, certificado B1 ou superior ou acreditación de nivel equivalente ao B1.
c) Para a bolsa da Área de Estudos e Investigación non é necesario acreditar o coñecemento de lingua estranxeira.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de xaneiro de 2020.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TU981A
Máis información no DOG do 9 de decembro de 2019 e en http://turismo.xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario