mércores, 22 de xullo de 2020

ALOXAMENTOS RESIDENCIAS XUVENTUDE

Aloxamento nas Residencias de Xuventude durante o curso 2020/2021
21 Xul 2020 

Aloxamento nas Residencias de Xuventude durante o curso 2020/2021
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de instalacións que durante o curso académico funcionan como residencias xuvenís.
As instalacións póñense a disposición dos mozos/as estudantes, reservando un 9% das prazas para a mocidade traballadora e resérvase tamén un 9% para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen.

As instalacións a disposición dos mozos e mozas residentes durante o curso académico ofrecen aloxamento e mantenza, nelas desenvólvese unha serie de actividades e convivencias educativas a través das que se intenta fomentar valores sociais, culturais e deportivos.

Convocatoria para o curso académico 2020/21: 216 prazas.
Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 74 Home/muller
Ourense. Florentino López Cuevillas: 55 Home/muller
Vigo. Altamar: 87 Home/muller

9 % para mozos e mozas que desempeñen unha actividade profesional:
Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 7 Home/muller
Ourense. Florentino López Cuevillas: 5 Home/muller
Vigo. Altamar: 8 Home/muller

9 % para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen:
Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 7 Home/muller
Ourense. Florentino López Cuevillas: 5 Home/muller
Vigo. Altamar: 8 Home/muller

Prazo de presentación das solicitudes: Estará aberto ata o 21 de agosto de 2020.
As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da xunta https://sede.xunta.es, entrando no procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.

Requisitos:
- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
- Non ter perdido a condición de residente por causa imputable a persoa solicitante.
-Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2020.
A mocidade estudante, ademais:
- Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, e estudos de masters universitarios oficiais.
- No concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar a persoa solicitante.

A mocidade traballadora tamén deberán cumprir os seguintes:
- O lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
- No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, que teña unha duración mínima de tres meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
- No caso de ser unha persoa traballadora por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

Prezo:
a) Habitación dobre: 324 € por residente e mes.
b) Habitación cuádrupla: 250 € por residente e mes.

Período de estadía:
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para o curso académico 2020-2021, exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.
As persoas beneficiarias que teñan a condición de estudantes, iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia coincidindo co curso académico no que estiveran matriculadas (respectando sempre o período máximo antes indicado) e en todo caso concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.
En calquera caso as persoas beneficiarias deberán iniciar a súa estadía na residencia como prazo máximo o 31 de outubro.

Máis información no DOG do 21 de xullo de 2020

Lugo: http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-lug-ii/
Ourense: http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-florentino-lopez-cuevillas/
Vigo: http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-altamar/

Ningún comentario:

Publicar un comentario