venres, 3 de xullo de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO

Bases selección dous/dúas Técnicos de educación infantil para o Punto de Atención á Infancia. Curso escolar 2020/2021

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de DOUS/DÚAS TÉCNICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, para o Punto de atención á infancia municipal, durante o curso 2020/2021, desde o próximo día 1 de setembro de 2020, si a situación sanitaria o permite, e ata o día 31 de agosto de 2021.

Poder consultar as bases e conseguir a instancia de solicitude e a declaración que acompaña a documentación, pinchando no seguinte: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

O prazo de solicitude é de 10 días naturais, contados a partir da publicación do anuncio no BOP de Lugo. Cando se publique e polo tanto se abra o prazo, anunciarase novamente nesta páxina. Publicado hoxe 3.07.2020, polo cal o prazo remata o 13.07.2020

Ningún comentario:

Publicar un comentario