xoves, 27 de febreiro de 2020

ACTIVIDADE DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS. XÓVENES

Actividades de formación en linguas estranxeiras

    A Consellería de Educación convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, durante o ano 2020.

    O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2020, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto, e das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2020/21.

    Requisitos:

    a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO, ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.
    b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018/19.
    c) Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
    d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a no curso 2019/20 nun centro da Rede de centros plurilingües.

    O custo total de cada actividade inclúe:
    a) No caso das actividades que se van realizar no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
    b) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
    c) Os gastos de docencia e o material escolar.
    d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
    e) Os gastos de mantenza e aloxamento.
    f) O certificado de realización da actividade.
    g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

    Destinos:
    AXUDASLE


    Criterios de puntuación:

    1º. Nota media do expediente no curso 2018/19: ata 10 puntos.
    2º. Renda per cápita da unidade familiar: ata 20 puntos.
    3º. Pertenza a familia numerosa: 2 puntos.
    4º. Discapacidade igual ou superior ao 33 % ou pensionista da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou a equivalente de clases pasivas dalgún membro da unidade familiar en primeiro grao: 2 puntos.
    5º. Non ter sido beneficiario nunha axuda ao abeiro da convocatoria establecida pola Orde do 4 de febreiro de 2019: 1 punto.

    As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es co procedemento ED504B
    O prazo para presentar solicitudes estrará aberto ata o 26 de marzo de 2020.
    Máis información no DOG do 26 de febreiro de 2020 en http://www.edu.xunta.es/axudasle

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario