martes, 11 de febreiro de 2020

OFERTAS EMPREGO PRIVADAS. FOZ

Empresa 3 A Consultores 

Oferta de emprego: AXUDANTE DE MECÁNICO DO AUTOMÓBIL

Titulación requirida: Ciclo Formativo de Grao medio de Técnico de Mecánica do Automóbil.

Centro de traballo: Foz (Lugo).

Para poder atender as esixencias do mercado, un dos nosos clientes necesita cubrir urxentemente un posto de axudante para o seu taller mecánico.
Ofrécese contrato eventual inicial.

Xornada completa ou parcial (a convir entre as partes)

Soldo segundo convenio para as Industrias Siderometalúrgicas de Lugo.

Se estás interesado nesta vacante e cumpres cos requisitos envíanos o teu CV ao email: laboral@3 aconsult.com, Indicando no asunto AXUDANTE DE MECÁNICO.


Oferta de emprego:  CHOFER DE CAMIÓN

Centro de traballo: Foz (Lugo).

Reaberto proceso de selección para unha importante empresa dedicada ao sector de transportes de mercadorías por estrada con sede na comarca de Foz.

Búscanse persoas cualificadas para o posto, cos permisos de condución en vigor, e con experiencia no sector.

Ofrécese xornada completa, contrato de  internidad (ata reincorporación do traballador substituído), e soldo a convir.

Se estás interesado nesta vacante e cumpres cos requisitos envíanos o teu CV ao email: laboral@3 aconsult.com, indicando no asunto OFERTA  CHOFER.

Ningún comentario:

Publicar un comentario