venres, 28 de febreiro de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. OUROL

Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de sete peons forestais a xornada parcial (75 %) no Concello de Ourol ao abeiro do programa de fomento do emprego, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación dos Concellos 2019 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Tipo de contrato e duración: Obra ou servizo determinado a xornada parcial (75 %) cunha duración de 6 meses.

O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 5 ao 11 de marzo de 2020 (ambos inclusive)

Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario