O programa formativo que integrará aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, e o sector da distribución e as estruturas comerciais.
Requisitos:
Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou de grao e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2011 ou posterior.
Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 14.300 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.200 € brutos por mes.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 23 de marzo de 2020 e deben tramitarse en https://sede.xunta.gal co código de procedemento IN225A.
Máis información no DOG do 21 de febreiro de 2020 e en http://ceei.xunta.gal así como no teléfono 981 545 525 e no correo cei.dxc.axudas@xunta.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario