A Fundación Santa María a Real e a Fundación Telefónica convocan o programa Lanzadeiras Conecta Emprego. É un programa de orientación cuxo obxectivo é dotar de ferramentas ás persoas participantes para conseguir un emprego. Inclúe dúas actividades principais:
Alfabetización Dixital
Lanzadeira
A primeira actividade, Alfabetización dixital, é un programa de orientación dun mes de duración pensado para persoas desempregadas maiores de 18 anos que buscan adquirir competencias dixitais básicas para a procura de emprego.
O prazo para inscribirse é ata o 3 de Marzo.
En Galicia están abertas as inscricións en:
Santiago de Compostela
A Coruña
Arteixo
A segunda actividade, Lanzadeiras, é un programa de orientación de 4 meses de duración e trabállase en 3 fases principais:
- Dinámicas de autocoñecemento a través de talleres prácticos
- Dinámicas de orientación grupal e individual: creación de CV, adestramento de entrevistas, xestión de marca persoal, etc.
- Elaboración dun mapa de empregabilidade e posterior visitas a empresas da zona.
Para esta, ábrese o prazo de inscrición o 3 de Marzo. O proceso para inscribirse, unha vez aberto o prazo, é o mesmo que para a Alfabetización Dixital.
https://www.lanzaderasconectaempleo.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario