luns, 25 de marzo de 2019

BOLSAS DE IDIOMAS EN IRLANDA

7ª convocatoria de Bolsas de Eurolingua para Irlanda. 18 Mar 2019

Eurolingua é unha empresa privada dedicada a organizar cursos de idiomas en Irlanda.

Eurolingua abre o prazo de solicitude da 7ª convocatoria de 20 bolsas para Irlanda.

Que inclúen as bolsas?
Cursos de 2 semanas en Irlanda.
20 Clases semanais.
Aloxamento en residencia ou familia.
Actividades, excursións e visitas complementarias
Certificado de aproveitamento expedido polo colexion.

Non inclue o prezo do billete de avión. Si inclue os traslados dende o aeroporto ata o aloxamento.

Requisitos:
Idade. Nacer con anterioridade ao 31 de decembro de 2004.
Nacionalidade. Ter nacionalidade de calquera país da UE.
Estudos. Estar matriculado/a no presente curso escolar 2018-19 nalgún destes estudos: Bacharelato, ESO, Formación Profesional ou Titulación Universitaria regulamentada (masters e doutorados incluidos) en calquera punto de España.
Media do expdediente académico de polo menos 6 puntos, aos que se aplicará o correspondente coeficiente corrector en función dos estudos.

O prazo de solicitude remata o día 17 de abril de 2019.

Máis información:

www.becaseurolingua.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario