mércores, 20 de marzo de 2019

AXUDAS A GALEGOS NO EXTERIOR

VIPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa Reencontros na casa para persoas residentes no exterior durante o ano 2019 (código de procedemento PR926A).

Esta Resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas correspondentes ao programa Reencontros na casa para o ano 2019, orientado a promover o contacto das persoas galegas residentes no exterior coa súa terra e coas súas familias, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

As axudas consistirán no financiamento parcial do custo da viaxe desde os seu países de residencia ata Galicia e de retorno ao dito país das persoas emigrantes galegas que carezan de recursos.

Poderán se beneficiarias deste programa aquelas persoas que sean emigrantes galegas, teñan nacionalidade española, residan en América de xeito continuado, como mínimo, durante os últimos 10 anos, teñan cando menos 65 anos de idade e non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes a Galicia.

O prazo de presentación das solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario