luns, 25 de marzo de 2019

AXUDAS ASOCIACIÓNS DE MULLERES

Axudas ao asociacionismo e a participación das mulleres. 22 Mar 2019


A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas económicas en favor das asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas, a través das seguintes liñas:

- Liña 1: consolidación do movemento asociativo, para compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.
- Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Requisitos:
- Ter domicilio social en Galicia.
- Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
- Ter presentada a memoria de actividades (relativa a actuacións de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia contra as mulleres), con anterioridade a que remate o prazo de presentación de solicitudes
- Os fins e obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuír a promover a igualdade entre homes e mulleres e a potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social. 
- As mulleres socias deben representar, polo menos, o 90 % da totalidade das persoas asociadas, tanto no caso das asociacións como das federacións.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de abril de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SI437A
Máis información no DOG do 22 de marrzo de 2019 e en http://igualdade.xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario