sábado, 16 de marzo de 2019

CURSOS DE VERÁN DE LINGUA GALEGA

XXXII Cursos de verán de lingua e cultura galegas

Galego sen fronteiras. Cursos de galego destinados a persoas de fóra de Galicia
Niveis: elemental, medio e superior
Datas: 2-24 de xullo de 2019

Para inscribirse nos cursos unicamente se require ter cumpridos 18 anos e enviar a ficha de inscrición á secretaría dos cursos.
O prazo para a recepción das solicitudes estará aberto ata o 5 de abril de 2019.
O enderezo electrónico ao que hai que dirixir a inscrición é: cursos@academia.gal

Bolsas: A organización ofrece 48 bolsas por un importe de 350€ para persoas residentes fóra de Galicia e 4 bolsas de 500€ reservadas para persoas procedentes de América Latina; nos dous casos haberá exención de pagamento de matrícula. E, ademais, 10 bolsas que eximen do pagamento da matrícula, mais que carecen doutra retribución económica.

LER O PDF!!! VEÑEN OS REQUISITOS E HAI QUE PAGAR UNHA MATRÍCULA DE 150€
http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1652211&name=DLFE-19035.pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario