📣📣 Ingreso mínimo vital dirixido a persoas que cumpran os seguintes requisitos:
✔️ Ser maiores de 23 anos (ou 18 anos se hai menores a cargo) e menores de 65 anos.
✔️ Residir legalmente en España durante ao menos o ano anterior á data de solicitude.
✔️ Vivir independentemente ao menos durante un período dun ano no caso de familias e 3 anos no caso dunha única persoa.
✔️ As unidades de convivencia deberán estar formadas ao menos durante 1 ano antes da presentación da solicitude.
✔️ Ter solicitadas as pensións e prestacións ás que tivese dereito.
✔️ Estar inscritas como demandantes de emprego.
✔️ Estar en situación de vulnerabilidade económica, é dicir, non superar o límite de ingresos que se estipula para cada tipo de fogar (mínimo 462€) nin o límite de patrimonio estipulado para cada fogar (mínimo 16.614€).
✅ Percibirase indefinidamente sempre e cando se cumpran os requisitos.
✅ Garantízase a cada fogar uns ingresos mensuais que variarán dependendo do número de persoas e características do mesmo.
🗓 Presentaranse preferiblemente de forma telemática a través da Sede Electrónica da Seguridade Social: https://bit.ly/2zE2LDb
Está previsto que se firmen convenios coas Comunidades Autónomas e Entidades Locais para facilitar axuda ás persoas interesadas en presentar a solicitude.
📂 Coa solicitude deberase aportar a seguinte documentación:
✔️Acreditación da identidade: DNI, libro de familia ou certificado de nacemento.
✔️Acreditación residencia legal en España: inscripción no rexistro central de estranxeiros, tarxeta familiar de cidadá da Unión Europea ou autorización de residencia.
✔️Acreditación do domicilio en España: certificado de empadroamento.
✔️Acreditación da existencia da unidade de convivencia: libro de familia, certificado do rexistro civil, inscripción nun rexistro de parellas de feito ou certificado de empadroamento na mesma vivenda.
📆 Presentación de solicitudes: Dende o 15 de xuño de 2020.
As solicitudes presentadas ata o 15 de setembro de 2020 terán efectos retroactivos dende o 1 de xuño de 2020.
➡️➡️Máis info: https://bit.ly/36NdKpK
Lembra que se precisas máis información atenderémoste no teléfono 679 874 901.
Ningún comentario:
Publicar un comentario