A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña convoca unha bolsa de formación no Departamento Didáctico do Museo de Belas Artes da Coruña, o que inclúe a realización de visitas guiadas a centros escolares e asociacións, a participación na elaboración dos materiais didácticos e os modelos de visitas axeitadas aos diferentes niveis educativos, así como a colaboración no desenvolvemento de obradoiros e outras actividades didácticas.
INSCRICIÓNS:
Ata o 25/09/2020
na sede da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes
DURACIÓN:
9 meses - de outubro de 2020 a xuño de 2021 - cunha dedicación de 20 horas semanais
REQUISITOS:
Ter obtida a licenciatura en Historia, Historia da Arte, Belas Artes, Museoloxía ou Humanidades, despois de 2016 (incluído)
Estar a disposición para o disfrute da bolsa en exclusividade, e non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración da mesma.
REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
5.760 € brutos
PÁXINA WEB:
CONTACTO:
Amigos do Museo de Belas Artes.
Museo de Belas Artes: R/ Zalaeta, 2 (15002 - A Coruña)
Tel.: 881 881 700
correo-e: amigosmbac@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario