xoves, 17 de setembro de 2020

BOLSAS TELEFÓNICA TALENTUM 2020

A Fundación convoca as bolsas correspondentes ao Programa Telefónica Talentum 2020.

A convocatoria do Programa estará aberta á recepción de solicitudes ata o 15 de decembro de 2020.

Bolsas Telefónica Talentum 2020👀👉O Programa, que dirixe a Fundación, está destinado a persoas mozas tituladas universitarias ou estudantes cun máximo de 30 créditos ECTS por aprobar; ou tituladas de grao superior ou medio de formación profesional.
O obxectivo é ofrecer unha formación práctica nunha contorna de innovación e emprendemento nas empresas pertencentes ao Grupo Telefónica e nas empresas/aceleradoras/institucións que se adhiran ao Programa.

Modalidades de bolsas:
-BAU: a persoa en formación práctica participará no equipo dunha startup/empresa/institución adherida ao Programa.
-LAB: a persoa en formación práctica participará, co apoio dun mentor ou mentora expertos na disciplina, nun ou varios proxectos dentro dos equipos da startup/empresa/institución que lle sexa asignada.

O período formativo tendra unha duración de entre un mínimo de tres e un maximo de doce meses.

Dotación:
Bolsas en España:
- Para bolsas de 25 horas semanais: 750 € mensuais
- Para bolsas de 35 horas semanais: 1.100 € mensuais
- Para bolsas de excelencia, 25 horas semanais: 1.100 € mensuais
Bolsas no estranxeiro:
- Unha asignación mensual de 2.500 € durante os meses en que o bolseiro ou bolseira desenvolva a súa práctica formativa no estranxeiro. Se antes de desprazarse fóra de España, recibise formación práctica, a súa asignación será de 750 €.

Ningún comentario:

Publicar un comentario