luns, 11 de febreiro de 2019

OFERTA EMPREGO PÚBLICA. XERMADE

O Concello de Xermade convoca prazas de Traballador/a Social e Educador/a Familiar como funcionarios interinos e para formar unha futura bolsa de emprego para posibles substitucións por razóns de:

a) Cando se produza a situación de vacante temporal con reserva do posto de traballo do titular da praza. b) Cando sexa necesaria a substitución transitoria do titular da praza con ocasión de baixas médicas, vacacións, licenzas ou circunstancias análogas. c) A execución de programas ou proxectos de carácter temporal. d) Exceso ou acumulación de tarefas.

Prazo de presentación de instancias: Ata o 21 de febreiro

Enlace ao BOP 11.02.2019 👇
http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/11-02-2019.pdf#page=12

Ningún comentario:

Publicar un comentario